Atopamos un blog que nos pareceu moi interesante sobre o libro "A praia dos afogados". Poñémosvos aquí o enlace por se queredes botar unha ollada. Aparecen os lugares onde transcorre a acción e moitas referencias musicais e literarias.
http://paseandocon.blogspot.com/2011/03/con-domingo-villar-por-vigo-y.html
29/2/12
28/2/12
7/2/12
Bicentenario do nacemento de Charles Dickens
Celebramos o Bicentenario do nacemento do escritor inglés Charles Dickens, Porstmouth 7 de febreiro de 1812, con unha exposición das súas obras máis representativas: Oliver Twist, David Copperfield, Stories of two cities, A Christmas Carol... en galego, castelán e inglés.
18/1/12
PAN DE CEA
Un video moi especial no que podemos apreciar o agarimo co que o fixeron os seus autores, todos do colexio de Cea
A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.
25/11/11
ESCOLA DE TODOS PARA TODOS
Un minutiño para disfrutar este video, seguro que nos sentimos identificados todos
21/11/11
MEDITACIÓNS SOBRE O QUE NOS IMPORTA
Hai lecturas que precisan dun tempo especial de reflexión, é o caso de "Nada".
Esperamos as meditacións dos alumnos de 4º, logo da súa lectura.
30/9/11
Lembrando a Mª Dolores
Queremos agradecervos todas as mostras de agarimo e condolencia pola perda repentina da nosa compañeira Mª Dolores.
Nós, non só sentimos a perda dunha gran compañeira, senón tamén o baleiro dunha guía entusiasta e entregada.
Lembrámola cunhas verbas que sabemos ela apreciaba.
Camiñan descalzas polas rochas,
fantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanecen.
As mulleres de sal, con sargazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben o efémero permanece.
“Das últimas mareas”
Ana Romaní
Nós, non só sentimos a perda dunha gran compañeira, senón tamén o baleiro dunha guía entusiasta e entregada.
Lembrámola cunhas verbas que sabemos ela apreciaba.
Camiñan descalzas polas rochas,
fantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanecen.
As mulleres de sal, con sargazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben o efémero permanece.
“Das últimas mareas”
Ana Romaní
Suscribirse a:
Entradas (Atom)