Se hai dous días falabamos dun escritor recoñecido internacionalmente pola súa traxectoria como novelista, hoxe imos falar dun heroe das letras galegas, dun home case esquecido, dunha sombra á que debemos moito aínda que poucos o recoñecen. Este pequeno-grande home chamouse Ricardo Carballo Calero e naceu hai cen anos. Carballo Calero naceu en Ferrol o 30 de outubro de 1910, foi licenciado en Dereito y en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago e Doutor pola de Madrid. Membro n da Real Academia Galega, e o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade compostelá.
Fixo Bacharelato en Ferrol e en 1926 vaiestudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servizo militar a Santiago. Alí entrou en contacto co
galeguismo, co Seminario de Estudos Galegos e comezou a súa intensa militancia política. En 1931 participou na creación do
Partido Galeguista e contribuíu ao anteproxecto do
Estatuto de Galicia.
Entre 1933 a 1936 gaña unha praza de auxiliar administrativo do Concello de Ferrol. Nestes anos colaborou nas máis destacadas revistas literarias: e comezou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en castelán e logo en galego.
Licenciouse en Filosofía e Letras no 1936 en Santiago. A sublevación del 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid cando opositaba a profesor de Lingua e Literatura Española. Carballo mantívose fiel á República, e co batallón Félix Bárzana participou na defensa de Madrid. Rematado o conflicto, foi condenado por un consello de guerra a 12 anos de cadea por separatista e enviado ao cárcere de Xaén.
En 1941 saíu en liberdade provisional e volveu a Ferrol, pero inhabilitado para exercer calquera función pública, tivo que aceptar a axuda de Fernández López e traballar na educación privada.. Durante estes anos desenvolveu un interesante traballo de investigación que comezou coa súa tese de doutoramento
Aportaciones a la literatura gallega contemporánea que tivo como consecuencia a publicación da
Historia da literatura galega contemporánea.
Dende 1958 foi membro da Real Academia Galega e en 1965 foi autorizado a exercer docencia como agregado de instituto no IES Rosalía de Castro de Santiago. Ao mesmo tempo comezou a dar clases de Galego na Universidade. Sete anos despois accedeu á cátedra de Lingüística y Literatura Galega.
Foi un home preocupado sempre pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que atopou no seu camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento reintegracionista, o que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. No 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa gallega por
Scórpio.
Morreu Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990 deixando detrás unha ampla produción
literaria.
Este é un dos seus poemas.
Alto nome
Nome de suave lenzo e branco liño,

paisaxe onde nevou rosas xeadas,
primavera callada en amor mozo.
Cantas fuxidas, cantos calafríos
entre ti e máis eu levantaron a nosa ponte
Ponte de prata ou tea de araña, doce,
onde ao amencer a néboa se bambea.
A miña vida é un achegarse á túa.
Ao morder a primeira froita de oro,
o zume polos beizos esvaraba.
Era a paixón como unha noiva antiga.
Nome de limpo vidro e aire peneirado,
na soidade axeonllada acendido,
de campá en campá polos campos voas.
Como un animal sagrado vagabas;
alto zunido de outonos esquecidos
baixo os teus pés, arcanxo dos pés brancos.
Esparexendo luz e cheirando a flor,
Planeas sobre min, anxo en ruínas.
Que brisa, que amor, que pena esfollada,
que fonte dourada ou que cristal de estrela
soña teus soños cando estou durmido?
Ao latexarche o corazón de vento,
florezo baixo as túas ás núas.
De:
Anxo de terra