Con maiúsculas
30/8/10
CIRCO
Poucas veces prestamos atención a un espectáculo que consideramos de nen@s, no que vemos a diversión da comicidade, as veces algo groseira, sos paiassos, a espectaculariedade dalgún númeo ou o risco, pero neste caso tamén hai arte, arte perecedeira, pero arte, a arte dun cultura que é para nos bastante lonxana e descoñecida. As máscaras do teatro que aparecen aquí, a decoración corporal, a voz ... Mirade e xa me diredes.
27/8/10
UTILIDADE
Calquera sistema é bo se se sabe empregar con proveito para "saber máis" ou para tentar "saber algo". Como case sempre atopei un vídeo moi oportuno en Trafegando Ronseis, que son os meus proveedores máis habituais. É un anuncio pero está moi ben feito e posto que en menos dunha semana imos vernos e a Historia vai ser protagonista, aí queda. Que aproveite! Hai cousas que non entran no exame pero están no anuncio, non mesturar é moi importante.
25/8/10
SOLIDARIEDADE
Pasamos a vida falando de solidariedade con este ou con aquel colectivo, con aquela persoa que sofre inxustiza, con ... pero con moita frecuencia esquecemos que moi preto de nos hai nen@s ou moz@s ou adultos que están a pasar por un martirio, o do cancro, e non vemos que tamén precisan do noso apoio, por iso, aínda que as imaxes non son moi boas, vou deixar aquí este vídeo.
20/8/10
Mr COK
Xa hai algún tempo que teño visto esta curta colgada en Trafegando Ronseis, pero non lle prestara a atención que merece. Mirádea con moita calma porque non ten desperdicio.
18/8/10
DYNAMO
Supoñemos que tod@s sabedes que significa a palabra dinamo, se non sabedes non hai problema porque moi pronto vai comezar o curso e na biblioteca hai dicionarios abondos e no instituto profes de física, logo con paciencia todo se arranxa, mentras disfrutade desta curta realizada polo estudo francés BIF
17/8/10
14/8/10
LEMOS PARA....
Sempre andamos a darlle a voltas a un mesmo tema: a lectura e e súa utilidade, por que debemos ler se parece que só serve para entreter a aquel@s que non saben entreterse doutra maneira? Para que quede claro que serve para algo máis prestade atención ao vídeo que segue:
12/8/10
PARA ESTIMULAR A IMAXINACIÓN
4 minutos de animación con area, para facelo máis complicado ou máis abafante coa calor que vai?
UN ESTRAÑO NUN MUNDO UNIFORME
Pobre! era creativo, vital, alegre, unha promesa ... pero a quen se lle ocorre? era diferente e estaba prohibido, case sempre está prohibido ser diferente, claro que hai algunhas normas que debemos respectar e non está ben fastidiar aos demais pero unhas pingas de inxenio son necesarias.
Ex-E.T
Cargado por Esma-Movie. - Mira videos web originales.
Ex-E.T
Cargado por Esma-Movie. - Mira videos web originales.
10/8/10
6/8/10
NON ESQUEZAMOS....
Estamos de vacacións, é verán, hora de desconectar, de pasalo ben, pero ... non temos que esquecer que non é igual para todos, por is aí queda este vídeo, para que teñamos a conciencia activa.
4/8/10
TAMBIÉN MUEREN ÁNGELES EN PRIMAVERA

1.- O autor era, novamente, un xornalista.
2.- Era unha historia co transfondo da Guerra Civil española logo nunca se está seguro, se o autor non nos é coñecido, da obxectividade narrativa.
3.- Era outra novela que tiña que ver co espionaxe e tiña un título sospeitoso.
Pero axiña me din conta de que estaba diante dunha novela diferente e esquecín ao autor e os meus perxuizos porque, de golpe, atopeime dentro do caos, do drama da Barcelona del año 1937,no medio dun desquiciante todos contra todos, nacionalistas, POUM -Partido Obreiro Unificado Marxista-, anarquistas, socialistas, estalinistas… e de xente común que, sen querelo, vese atrapada nese mundo de tolos no que moitos loitaban por manter a vida e a cordura e uns pouco pola xustiza. Entre estes últimos está o protagonista, o detective Ferrer, se se quere un "tipo" ben, de boa aínda que arruinada familia, que estudou dereito, vendeu seguros, investigou para as aseguradoras, traballou como detective privado e, unha vez comezada a guerra, traballa para os servizos de información da Generalitat de Cataluña. É un bo profesional, leal cos amigos pero pouco ideoloxizado porque ao autor quere que na novela dominen os sentimentos e o suspense da vida. A Ferrer interésalle a verdade e quere cumprir a palabra dada a unha nai refuxiada e desesperada.
O autor coñece ben Barcelona e está ben documentado. Mestura con acerto personaxes reais-Marcelo de Argila o Exipcio, xefe dos servizos de información da Generalitat, Eduardo Arcos Puig, Eddy, alias Fantômas,o verdadeiro, ladrón de luba branca, famoso polos seus "traballos" que era español, o criminalista José López de Sagredo, xenio case descoñecido, Andreu Nin o xefe do PUOM, etc.-con personaxes de ficción moi cribles.
Os seus anxos son catro nenas asasinadas con saña, por un salvaxe sen corazón, que pode seguir asasinando se non lle curtan as ás. A José Luis Ibáñez, o autor, gústanlle os detalles, describe con precisión sen chegar a facerse pesado e non abusa das palabras, case diría que ten unha linguaxe parca coa que conta o que ve e o que sinte diante da corrupción e do sometemento servil das autoridades.
Non vou facer ningún resumo da obra porque hai que lela para entendela. Aquí non hai folletín, non é un best seller, pode que por iso pase bastante desaparcebida, pero vale a pena, diría que é unha boa novela policíaca con fondo histórico.
Non vou facer ningún resumo da obra porque hai que lela para entendela. Aquí non hai folletín, non é un best seller, pode que por iso pase bastante desaparcebida, pero vale a pena, diría que é unha boa novela policíaca con fondo histórico.
3/8/10
DIME QUIEN SOY

Para min é un libro de verán. Longo, entretido, de fácil lectura e que nalgunhas fases engancha. A súa extensión paréceme excesiva, 1100 páxinas para unha historia previsible que nalgúns momentos tiven a tentación de deixar, pero pasada a metade teño que recoñecer que mellora aínda que non chega a impactar seguramente porque está na liña dos supervendas norteamericanos, o que non me vai moito. A realidade que describe resulta superficial, de folletín nalgúns casos, xustificable sempre baseándose en que "o pasado non ten volta atrás". Ninguén é responsable de nada, todo depende das circunstancias. Bótanse de menos descricións cribles dos momentos históricos complexos que lle tocou vivir á protagonista, unha muller de longa e complicada vida que arranca dende a inmediata preguerra civil española e transcorre pola Rusia staliniana, a 2ª guerra mundial, a guerra fría, a caída do muro de Berlín e a volta a España no 1989. Resulta pouco crible que unha muller filla de republicanos, militante do partido comunista francés, amante dun espía de Rusia de Stalin, espía inglesa na Alemaña nazi, colaboradora da resistencia polaca, protectora de xudeos, amiga dos antifascista, amante dun militar nazi sospeitoso de antihitleriano, asasina dun oficial das SS, autora dun atentado contra un convoy nazi, varias veces presa, e un longo etc. poida moverse con tanta facilidade por toda Europa. Certo que @s espías podían chegar a ser persoas moi escorredizas pero neste caso hai demasiados "azares" a favor de Amelia Garayoa. Sempre hai un namorado ou un amante que chega a tempo de salvala.
A novela pasa por enriba de atrocidades e de feitos terribles con toques de variña máxica, os totalitarismos son malos, as nacións poderosas aprovéitanse dos incaut@s, etc. pero non afonda en nada, non se compromete.
Persoalmente penso que é un libro que entretén e pouco máis.
1/8/10
PITÁGORAS
Xa sabemos que non somos nenos, pero ás veces está ben retroceder un pouco no tempo. Todos coñecemos ao Pato Donald, todos escoitamos falar e vimos películas de Disney, pero case nunca nos fixamos en todos os detalles. Os debuxos de Disney poden ser alienante, porén tamén poden servir para aprender cousas dun xeito divertido. Este é un caso deste tipo de aprendizaxe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Premio

Este é o noso centro
Dende a biblioteca Iris queremos mandar un saúdo
a todos / as os que abrades este humilde blog.
a todos / as os que abrades este humilde blog.
A nosa Biblioteca ten nome de Deusa e de Flor,
porque se chama Iris e, na era vella mitoloxía gregaIRIS
era mensaxeira dos deuses. Unha Deusa miúda, alada,
fermosa coma o Arco da vella e máis rápida que todos os
ventos. No era clásico mundo era mensaxeira dos Deuses
e queremos que sexa de novo, mensaxeira,
mensaxeira nosa!
"Entrelazado as ás de azafrán voa a perlada Iris
polo inmenso ceo, mil matices extraendo do sol ... "
saibamos nós voar coas ás da imaxinación.
porque se chama Iris e, na era vella mitoloxía gregaIRIS
era mensaxeira dos deuses. Unha Deusa miúda, alada,
fermosa coma o Arco da vella e máis rápida que todos os
ventos. No era clásico mundo era mensaxeira dos Deuses
e queremos que sexa de novo, mensaxeira,
mensaxeira nosa!
"Entrelazado as ás de azafrán voa a perlada Iris
polo inmenso ceo, mil matices extraendo do sol ... "
saibamos nós voar coas ás da imaxinación.

ponteclara.blogspot.com
PRO-LINGUA

Para saber máis
Prensa
Outras lecturas
Biblioteca de Pontevedra
Blogs amigos
Seguidores
Arquivo do blog
-
►
2011
(77)
- ► septiembre (2)
-
▼
2010
(138)
- ► septiembre (12)
-
▼
agosto
(18)
- CIRCO
- CIRCO
- UTILIDADE
- SOLIDARIEDADE
- Mr COK
- DYNAMO
- PARA ENTRETER O TEMPO DA SESTA
- LEMOS PARA....
- SEGUIMOS CON VIVALDI
- UN POUCO DE MÚSICA
- PARA ESTIMULAR A IMAXINACIÓN
- UN ESTRAÑO NUN MUNDO UNIFORME
- A IMPORTANCIA DA RELACIÓN PATERNA
- WELCOME TO SHELL
- NON ESQUEZAMOS....
- TAMBIÉN MUEREN ÁNGELES EN PRIMAVERA
- DIME QUIEN SOY
- PITÁGORAS
Blog
As imaxes e ilutracións publicadas neste blog teñen unha finalidade exclusivamente educativa. Se algunha está suxeita a dereitos de autor/a rogamos nolo comuniquen para retiralas.