Achégase maio, o mes das Letras Galegas "oficialmente", porque todos os meses o son ou deberían selo, por iso imos deixar aquí este vídeo. Mirade con atención porque hai datos que seguro que non coñecedes.
30/4/11
28/4/11
ANA MARÍA MATUTE PREMIO CERVANTES
A escritora recibiu onte, mércores, no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares, o Premio Cervantes de mans do Rei Juan Carlos I. Trátase dun premio que recoñece toda a súa carreira profesional. A galardoada falou da súa gran paixón: a Literatura facendo alusión da súa "emoción, alegría e felicidade" por este recoñecemento.
Juan Marsé, que foi membro do xurado deste premio, para o que Ana María Matute levou tantos anos "nominada", destacou a sorprendente conxunción entre o realismo e o fantástico na súa obra.
Lembramos que mundo de Ana María Matute foi sempre o da infancia tanto nas súas novelas para adultos como no relato curto e , dende logo, nos contos para nen@s, eses contos atípicos nos que hai malos malísimos que non se arrepinten de selo.
A autora catalana é terceira muller merecedora do premio é, logo de María Zambrano e Dulce María Loynaz, a primeira narradora que o obtén. Todo un eloxio a unha devoción, a un xeito de vivir, de transmitir sabedoría e beleza en prosa
Juan Marsé, que foi membro do xurado deste premio, para o que Ana María Matute levou tantos anos "nominada", destacou a sorprendente conxunción entre o realismo e o fantástico na súa obra.
Lembramos que mundo de Ana María Matute foi sempre o da infancia tanto nas súas novelas para adultos como no relato curto e , dende logo, nos contos para nen@s, eses contos atípicos nos que hai malos malísimos que non se arrepinten de selo.
A autora catalana é terceira muller merecedora do premio é, logo de María Zambrano e Dulce María Loynaz, a primeira narradora que o obtén. Todo un eloxio a unha devoción, a un xeito de vivir, de transmitir sabedoría e beleza en prosa
Lembremos que Ana María tamén foi a terceira muller que ocupou un sillón na Real Academia Española, despois de Carmen Conde e Helena Quiroga, non podemos esquecer que os sillóns da Real Academia Española da Lingua non parecen estar feitos para mulleres tendo en conta que despois de case tres séculos só tres mulleres puideron sentarse nun.
Ana María, deberiamos dicir, dona Ana María, pronunciou un fermoso discurso no que dixo que a súa vida era de papel porque viviu case sempre para os libros, para lellos e para escribillos, para emocionarse cn eles e paara facer que nos emocionemos con eles e con ela. No enlace podedes ler todo o discurso e máis cousas pero hai dúas frase moi fermosas que quero deixar aqui:
San Xoán dixo : "o que non ama non vive" e eu atrévome a dicir: "o que non inventa non vive"
A literatura foi e segue sendo ofaro salvador de moitas das miñas treboadas.
Lede o se discurso porque veredes que é certo, que a literatura é un faro capaz de alumear en calquera tempestade.
A FONSAGRADA
No IES "Fontem Albei" de Fonsagrada non paran de producir vídeos interesantes. Aquí deixamos o que levou o premio de Correlingua 2011. Porque eles o merecen e a nosa lingua tamén:
22/4/11
DÍA DA TERRA

Polo que sabemos a Terra é un lugar especial, non só dentro do Sistema Solar, senón no Universo enteiro. Para que a vida se desenvolva para que sobrevivamos, ten que darse unha combinación de fenómenos incriblemente complexa e rara. A singularidade da Terra, a súa especial localización respecto ao Sol, a existencia de elementos sólidos e líquidos, a creación dunha atmosfera protectora, e unha infinidade de factores fan do noso planeta un escenario irrepetible para a vida.
Pero os homes explotamos os seus recursos sen máis preocupación que satisfacer as nosas necesidades e egoismos, sen previsión de futuro, pensando que eran inesgotables, que sempre ían estar aí. Agora sabemols que non é así e que as nosas accións rresponsables están a acabar con ela.
aínda estamos a tempo si tomamos conciencia da nosa responsabilidade cara ao futuro pero:
Que pensas facer ti neste Día da Terra para contribuir a que non se siga destruindo? Comezarás finalmente a reciclar o que descartas como lixo? deixarás de usar tanto plástico? consumirás menos electricidade? controlarás a auga que consumes? deixarás de tirar lixo en calquera lugar? axudarás a controlar o uso de pesticidas e de deterxentes permiciosos para a natureza? Son só algunhas das moitas preguntas que poderíamos facerche.
21/4/11
MANUEL LOURENZO
15/4/11
Onte, 14 de abril, cumpriuse o oitenta aniversario da proclamación da II República Española, con ela chegaba a democracia e grandes ilusións transformadoras e modernizadoras. Entre esas "ilusións" estaba a de levar a educación a a cultura a os pobos, ata os máis remotos e esquecidos da España rural, triste, atrasada e analfabeta. Desa tarefa encargáronse as MISIÓNS PEDAGÓXICAS, algo que nos queda lonxe e do que moit@s pouco saben, para informarnos, sequera sexa someramente, aquí quedan estes vídeos:
Ao rematar o 1º pinchade no 2º e logo no 3º para ver a serie completa.
En Galicia tamén houbo Misión Pedagóxicas. Os nosos compañeiros de PLAMBE traballaron moitp para saber delas, por iso imos deixar un enlace co biblioteca Milladoiro de Malpica, dende o que podedes acceder a moita máis información. Grazas Olga polo traballo ben feito. Apoveitade a información porque é de primeira calidade.
14/4/11
DÍA do LIBRO

Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
Carlos Negro
12/4/11

No enlace podedes ver e escoitar todas as cousas interesantes que ocorreron alí.
9/4/11
ÁLVARO CUNQUEIRO
Para facer notar o Centenario do seu nacemento no noso centro fixemos unha exposición sobre a biografía do autor mindoniense e unha exposición de libros na que compartiu protagonismo con Basilio, o "Neno Labrego" que cumpliu a media centuria e outros protagonistas de Neira Vilas, con Castelao que naceu hai 125 anos e con Lois Pereiro, o poeta do ano.
1º Centenario de nacemento de...
More PowerPoint presentations from aSGuest94138
Posto que Don Álvaro era mindoniense e coñecemos pouco aquelas terras elaboramos unha guía que nos achega a Mondoñedo e ás súas terras:.Serviunos para estudar xeografía física, xeografía urbana e algo de historia. MONDOÑEDO
More PowerPoint presentations from aSGuest94842
5/4/11
CLUBS DE LECTURA NO SAHARA
Dende a Biblioteca "As Mariñas" de Betanzos chega esta fermosa nova, no medio das areas do deserto medran lector@s, rapac@s sen "nada" máis que que imaxinación e ganas de aprender, con ilusións, poetas desposuídos de todo o que non sexan os seus SOÑOS. Aquí queda o que nos contan e se queredes máis só tedes que premer no enlace
Los clubes de lectura siguen creciendo. Contra el siroco, contra un calendario escolar que hace que la mitad de los días del mes sean inutilizables, contra las vacaciones que dispersan a los niños. Hace dos días, reunimos en el Nido a algunos de los “Poetas por la Libertad de Mahbes” y a las “Pink ladies” de Farsía (el club de Kabara Selma), para tener un encuentro con Luali, el poeta de la generación de la amistad. Luali leyó, explicó con serena belleza de dónde nace un poema, cómo se construye… Y entre todos los niños surgió el arranque de una poesía simple y diáfana, como si escucharan la voz del sol. Después, Luali siguió, hasta que en el aire se tejió este hermoso poema:

“Me dice el sol cada mañana
Levántate,
Te doy mi calor,
Inundaré de luz tu pequeño mundo.
Y orientaré tu mirada
Hacia una nueva mañana
De esperanza.
Meceré tu cuerpo de niño
En mis cálidos brazos
Hasta que duermas.
Y mañana,
Como cada mañana,
Te diré levántate
Y te volveré a dar mi calor.
Y así Hasta el fin de tus días.
Haz que mi luz
No se darrame en vano.”
(Luali, y los niños de Farsía y Mahbés, 21 de marzo de 2011, en “La curva” de El Nido.)

Aquí é onde viven, o que vedes todo o que teñen. As súas familias foron arrincadas do fogar, da terra e metidas en campamentos de refuxiados nos que van construindo fogares provisionais e malvivindo coa esperanza no retorno á terra propia.
Sobreviven agardando.... que se faga xustiza!
Pero o mundo cala aínda que:
"Un beso,
Solamente un beso,
Separa la boca de África
de los labios de Europa"
2/4/11
PARA CURIOS@s E AMANTES DA LITERATURA
Unha curta "triste": El fabricante de pelucas, de Steffen Schäffler.
Trátase dunha curtametraxe de animación estreada no ano 2000 en cuxa realización os creadores investiron , nada máis e nada menos que dous anos. Mágoa que a calidade da imaxe en Youtube non lle faga xustiza a esta preciosidad baseada nunha historia de Daniel Defoe. A verdade é que a curta abre a posibilidade de moitos interrogantes que invitan ao debate e á reflexión e, por que non?, á imaxinación!
Trátase dunha curtametraxe de animación estreada no ano 2000 en cuxa realización os creadores investiron , nada máis e nada menos que dous anos. Mágoa que a calidade da imaxe en Youtube non lle faga xustiza a esta preciosidad baseada nunha historia de Daniel Defoe. A verdade é que a curta abre a posibilidade de moitos interrogantes que invitan ao debate e á reflexión e, por que non?, á imaxinación!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)