Páginas

11/2/10



BOA VIAXE!


As "Mochilas Viaxeiras"abandonaron onte o porto de Iris poñendo rumbo aos fogares de quince dos nosos alumnos/as. Desexamos que teñan unha boa singladura e que atopen mans amigas nestes primeiros portos nos que van pasar quince días. Levan con elas unha pequena mostra do que a Biblioteca pode ofrecer: un cómic, dúas novelas, unha peli, un caderno de bitácora e moita ilusión.

9/2/10

O ultimátum evolutivo

Prestade moita atención! Asi podemos rematar......non dicimos nada máis.

A nosa artista da ESO

A alumna de 2º ESO Arancha Rodríguez protagonista do curto "Coser e cantar". Arancha é Elena, unha moza que quixo ser artista, pero o franquismo non a deixou e rematou convertida na raiña do Entroido de Verín, outra maneira de ser artista.
Podes ver a nova no Faro de Vigo

6/2/10

Pasamento de Salinger








O día 27 de xaneiro a morte sorprendeu en New Hampshire a Jerome David Salinger coñecido por ser o autor de "O gardián entre o centeo".

Salinger naceu en 1919, en Nova Yorq da unión dunha irlandesa católica e dun xudeo polaco, emigrantes de éxito nos EE.UU. Estudou tres anos na academia militar Vallery Forge de Pennsylvania e logo pasou por varias universidades, pero nunca foi un gran estudante, aínda que si un gran escritor.

Como marine do exército americano tomou parte no desembarco de Normadía e viviu os horrores da guerra e experiencia bélica marcou decisivamente a súa personalidade e producción literaria.

Escritor dende a mocidade publicou relatos curtos en numerosas revista pero o éxito chegoulle en 1951 coa publicación da novela que citamos anteriormente. Parece que ese éxito asustou a Salinger porque entón deixa Nova Yorq e marca a Cornish (New Hampshire) onde se reclúe no seu mundo privado e no seu interese polo budismo zen.



5/2/10

Celebración do Día da Paz

Imagine

PAZ

Quen mellor que un poeta para poñer palabras a un día, a un desexo, a un sentimento, a... !

PAZ para a pluma e o aire.
PAZ para o papel e o lume.
PAZ para a palabra e a terra.
PAZ para o pan e a auga.
PAZ para o amor e a causa.
PAZ para o pensamento e o camiño.
PAZ para a semente e o átomo.
PAZ para a obra e o home.


Blas de Otero

Queremos comezar con poemas porque, a poesía é a única arma cargada de futuro, como dixo Celaya.
Hai moitos poetas que empregaron a arma dos seus versos para falar de guerras e pedir paces soñadas, non podemos achegar aquí nin sequera unha pinga dese mar de palabras de que escribiron, pero queremos deixar unha mostra modesta traducindo algúns versos de poetas non galegos á NOSA LINGUA.

Para quen padece nas guerras

Neste mesmo instante
hai un home doente,
un home torturado
só por amar a liberdade. Ignoro
onde vive, que lingua
fala, cal é a cor
da súa pel, mesmo
como se chama, mais
neste mesmo instante,
cando os teus ollos len
este poema,
ese home existe, berra,
escóitase o seu pranto
de animal acosado.
........
Un home só
berra, existe
nalgún sitio
Goytisolo

Un neno é unha crisálida dun amor e dun pranto,
é a estrofa primeira dun poema,
é a costa n que comeza una montaña.
E .. a morte dun neno é tan absurda
como a dun mañá que se se volvera sombra.
Se onte esgazaron as carnes da nai,
se un murmurio de brancura lle espertou os seos,
ese sangue, ese leite, esa dor foi
a raíz dos pasos dun home.
Só un leñador tolo corta a árbore
cando o tronco é un gromo inútil.
Só a morte tola ha matar a un neno,
extinguir un amor non nacido
es secar as bágoas que non correron nunca.
Mentres morran os nenos
eu non podo entender a misión da morte.

Miguel Otero (Nenos/as víctimas das guerras)


Tristes guerras
se non é o amor a empresa.
Tristes, tristes.
Tristes armas
se non son as palabras.
Tristes, tristes.
Tristes homes
se non morren de amores.
Tristes, tristes.

Miguel Hernández

Pido a PAZ e a palabra.
Escribo
na defensa do reino e da xustiza. Pido
a PAZ
e dixen a palabra. ...
.............

Blas de Otero

30 de xaneiro. DÍA DA PAZ