
Estes días está aberto no Pazo da Cultura o
" Salón do Libro". Pódedes pasar por alí para facer todo o que vos di o que di o
LOBO pero o que queremos é facer fincapé en que o escritor estrela deste ano, que estará alí o 14 de marzo, é Agustín Fernández Paz ao que tod@s coñecedes porque o o máis lido no noso centro.Agustín naceu en Vilalba (Lugo) en 1947. Estudou Maxisterio, despois licenciouse en Ciencias da Educación e exerceu como profesor no instituto Os Rosais 2 de Vigo.
Moi preocupado sempre polos problemas do ensino e da Lingua Galega, estivo constantemente implicado en actividades relacionadas coa didáctica da lingua e a Normalización Lingüística e traballou intensamente neses dous campos, pero tamén traballou no da literatura onde obtivo os premios: Merlín, Lazarillo, Edebé, Asociación de Escritores en Lingua Galega e, hai dous anos, o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Tod@s tedes lido algún dos seus libros:
Cartas de Inverno, Noite de voraces sombras, Tres pasos polo misterio, Aire negro, Corredores de sombra, Contos por palabras e
O único que queda é o amor. Se aínda non lestes ningún destes libros podedes botar unha ollada ao blog do club de lectura: Camiños para saber de que van e escoller o que queredes ler. Están todos na biblioteca!