Páginas

4/7/10

LER NO VERÁN

Hai claustros tan preocupados por animar aos seu alumnado a ler que son capaces de facer ata un vídeo para conseguilo. O vídeo foi creado polo profesorado de Sprague Elementary School (USA) para animar á lectura no verán. Titúlase "Put Books in your head". Está aquí grazas a unha compañeira de PLAMBE. Gracia, moitas grazas.

21/6/10

SARAMAGO

Dende o correo das bibliotecas chegou este fermoso conto do gran escritor portugués. Queremos sumarnos á omenaxe que representa e que tod@s teñades a oportunidade de coñecelo. Aquí o deixamos:

19/6/10

BREVE BIOGRAFÍA DO NOBEL SARAMAGO

José de Sousa, de mote Saramago, naceu en Azinhaga, Santarém, o 16 de novembro de 1922. O portugués máis universal foi fillo dunha parella humilde de campesiños sen terras que un día decidiron emigrar a Arxentina, no país sudamericano pasaran un tempo breve, para volver á terra natal e instalarse en Lisboa onde o pai consegue un emprego de policía. A súa orixe marcou a obra e a tendencia política deste home que amou as letras dende neno.
José comezará estudos medios nunha escola industrial, pero as necesidades económicas da familia farán que os deixe e entre como traballador nunha ferrería mecánica onde vai estar pouco tempo xa que de seguida pasara a ser administrativo da Seguridade Social.
En 1944 casa con Ilda Reis e comeza a escribir pero non vai ter éxito e deixara a pluma por espazo de vinte anos, como el mesmo dixo porque "sinxelamente non tiña nada que dicir e cando non se ten nada que dicir o mellor é calar".
Traballa nunha empresa de seguros e comeza a publicar como periodista pero sempre perseguido pola censura da dictadura de Salazar. Traducira a moitos clásicos da literatura europea e seguirá en contacto co mundo do xornalismo ata que en 1966 publica: Poemas possíveis.
En 1969 afilíase ao Partido Comunista de Portugal, divorciase de Ilda e deixa o traballo nunha editorial para vivir da literatura.
En 1974 participa na Revolución dos Caraveis e parece que vai vivir tranquilo para sempre, pero a publicación da súa obra O Evanxeo segundo Xesucristo provoca tal polémica en Portugal que o goberno prohibe que se presente ao Premio Literario Europeo, porque a súa novela ofende aos católicos. Como protesta José deixa Portugal e instálase en Lanzarote coa súa parella e traductora, a granadina Pilar Ríos.
En 1998 recibe o Premio Nobel e volve a Lisboa pero pasará moito tempo en Lanzarote onde faleceu onte víctima dun fallo multiorgánico consecuencia da leucemia que padecía hai tempo. Xunto a el seguía Pilar a súa muller.

Carta de amor de Saramago á Pilar, a súa dona (sen traducir)

Presidenta
Por José Saramago
Este texto cierra medio año de trabajo. Otros trabajos y años vendrán a continuación si los hados así lo quieren. Hoy, porque coincide con su aniversario, mi tema es Pilar. No habrá ninguna sorpresa para quien recuerde lo que sobre ella he dicho y escrito en el ya casi cuarto de siglo que llevamos juntos. Esta vez, sin embargo, quiero dejar constancia, y supremamente lo quiero, de lo que ella significa para mí, no tanto por ser la mujer que amo (que eso son cuentas de nuestro rosario privado), sino porque gracias a su inteligencia, a su capacidad creativa, a su sensibilidad, y también a su tenacidad, la vida de este escritor ha podido ser, más que la de un autor de razonable éxito, la de una continua ascensión humana. Faltaba, aunque eso no lo podía imaginar antes, la idealización y concreción de algo que fuera más allá de la esfera de la actividad profesional o que pudiera presentarse como su prolongación natural. Así nació la Fundación, obra en todo y por todo obra de Pilar y cuyo futuro no puede concebirse, a mi entender, sin su presencia, sin su acción, sin su genio particular. Dejo en sus manos el destino de la obra que creó, su progreso, su desarrollo. Nadie lo merecería más, ni siquiera de lejos. La Fundación es un espejo en que nos contemplamos los dos, pero la mano que lo sostiene, la mano firme que lo sostiene, es la de Pilar. En ella confío como en ninguna otra persona sería capaz. Casi me apetece decir: este es mi testamento. Pero no nos asustemos, no voy a morir, la Presidenta no me lo permitiría. Ya le debí la vida una vez, ahora es la vida de la Fundación la que ella deberá proteger y defender. Contra todo y contra todos. Sin piedad, si llegara a ser necesario.

18/6/10

SARAMAGO


Finou José Saramago, o escritor que tivo a capacidade de «volver comprensible unha realidade escorregadiza, con parábolas sostidas pola imaxinación, a compaixón e a ironía».

10/6/10

8/6/10

HOMENAXE a Luís Seoane e despedida

O pasado día 1 de xuño tivemos no instituto un día moi activo.
Inauguramos unha exposición de cerámica de Sargadelos que acompañaba a unha mostra, en fotografía a grande tamaño, de cadros de Luís Seoane, instaladas no vestíbulo do centro. Inagurabamos, á vez, a exposición dos traballos d@s alumn@s instalada na biblioteca e a nova decoración das paredes da mesma e das escaleiras, protagonizada tamén pola obra de Luís Seoane e unha mostra de vidreiras elaboradas polo alumnado de Comercio e Marketing coa súa profesora Sitina ao frente.

Despois, pola tarde, o alumnado de 2º de bacharelato, diante das autoridades académicas, do alcalde de Pontevedra, de pais, nais, irmáns, amigos e amigas, dos compañeir@s e dos profes, fixeron unha presentación da vida do pintor e poeta que da nome ao centro, bailaron un tango, un tango arxentino bailado por unha uruguaia e un cubano!, representaron unha escena de Os vellos non deben namorarse, despois de expoñer a opinión de Seoane sobre o teatro. Xeniais os actores, perfecto no papel Iago.

Detrás dos que ían expoñendo unha grande pantalla guíabanos pola vida e a obra do pintor e baixo dela dous paneis que se ían enchendo das cores dos cadros de Seoane que unha parte do alumnado estaba a reproducir.
Como remate da primeira pate do acto, da HOMENAXE, na pantalla Isaac Díaz Pardo, que tan amigo fora do homenaxeado, que inaugurou o noso centro hai vinte anos, dirixíanos un cariñoso saúdo gravado por dous compañeir@s, na súa casa da Coruña, que tod@s escoitamos con emoción.
Para rematar a despedida do alumnado que deixa o centro porque xa cumpriu a súa etapa de formación ao noso lado. Case to@s levaban connosco seis anos,outr@s case acababan de chegar, pero to@s estaban ben afeit@s ao ambente e, porque non dicilo, ás nosas manías. Fátima era das recén chegadas e agradeceu, con fermosas palabras a acollida e comprensión de compañeir@s e profesorado. Arantza, que entrou con 11 anos, falou deles e de nos, con a dozura que a caracteriza, o dire emocionouse e subiu ao escenario para ... desexarlle o mellor a tod@s nesa nova vida universitaria ou laboral que van a emprender. O xefe territorial e o alcalde sumáronse as súas palabras e tiveron loubanzas para eles e para o centro. Como fin do acto entregáronlles as orlas e eles uns agasallos ao centro.
Temos moitos nomes na cabeza porque os coñecemos a tod@s e aínda que non figure aquí a lista completa, no imos esquecelos.
Tod@s sentimos que faltaba alguén que fora a alma do acto e que, por tristes motivos persoais, tivo que ausentarse. Dende este blog queremos darlle as grazas. Grazas María Xosé polo traballo ben feito.