Páginas

12/7/10

DIFERENCIA entre unha MOZA INTELIXENTE e un PASPÁN
:

9/7/10

LUÍS SEOANE

Outra visión da súa obra.


LUÍS SEOANE

Posto que o nome do grande artista e o do noso Centro, segue a interesarnos a súa figura, por iso imos poñer aquí este pequeno homenaxe, un vídeo con obras de Seoane e música de Gary Moore, o guitarrista irlandés. A peza é The Loner, "O Solitario".


8/7/10

LUÍS SEOANE

O pasado día 1 de xullo, cumpliu 100 anos. Faltaron á "cita" el e a súa dona porque están viaxando polos camiños da eternidade, pero estiveron presentes na "memoria" de todos cantos saben da súa obra e do seu amor a Galicia. Dende aquí queremols rendirlle unha homenaxe de admiración e agradecemento e no atopamos mellor maneira de facelo que empregando as súas propias palabras para coñecelo un pouco mellor.

LUIS SEOANE. 1º CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

5/7/10

NOVA CURTA

A Record Of Life from Owen Gatley and Luke Jinks on Vimeo.


Nova xentileza da nosa compañeira Gracia.
No seu blog hai moitas máis e temolo enlazado, só tedes que "pinchar en Trafegando ronseis

A NUBE XENEROSA

Tendo en conta que vai moita calor, non está nada mal botarlle unha ollada a esta "refrescante" animación.

FLUFFY MC CLOUD from conorfinnegan on Vimeo.



Unha película curtiña sobre a relación de incomprensión e colaboración entre dous personaxes singulares o home e a nai natureza baixo forma de nube compasiva e xenerosa, aínda que co seu xenio.

4/7/10

LER NO VERÁN

Hai claustros tan preocupados por animar aos seu alumnado a ler que son capaces de facer ata un vídeo para conseguilo. O vídeo foi creado polo profesorado de Sprague Elementary School (USA) para animar á lectura no verán. Titúlase "Put Books in your head". Está aquí grazas a unha compañeira de PLAMBE. Gracia, moitas grazas.