Achégase maio, o mes das Letras Galegas "oficialmente", porque todos os meses o son ou deberían selo, por iso imos deixar aquí este vídeo. Mirade con atención porque hai datos que seguro que non coñecedes.
30/4/11
28/4/11
ANA MARÍA MATUTE PREMIO CERVANTES
A escritora recibiu onte, mércores, no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares, o Premio Cervantes de mans do Rei Juan Carlos I. Trátase dun premio que recoñece toda a súa carreira profesional. A galardoada falou da súa gran paixón: a Literatura facendo alusión da súa "emoción, alegría e felicidade" por este recoñecemento.
Juan Marsé, que foi membro do xurado deste premio, para o que Ana María Matute levou tantos anos "nominada", destacou a sorprendente conxunción entre o realismo e o fantástico na súa obra.
Lembramos que mundo de Ana María Matute foi sempre o da infancia tanto nas súas novelas para adultos como no relato curto e , dende logo, nos contos para nen@s, eses contos atípicos nos que hai malos malísimos que non se arrepinten de selo.
A autora catalana é terceira muller merecedora do premio é, logo de María Zambrano e Dulce María Loynaz, a primeira narradora que o obtén. Todo un eloxio a unha devoción, a un xeito de vivir, de transmitir sabedoría e beleza en prosa
Juan Marsé, que foi membro do xurado deste premio, para o que Ana María Matute levou tantos anos "nominada", destacou a sorprendente conxunción entre o realismo e o fantástico na súa obra.
Lembramos que mundo de Ana María Matute foi sempre o da infancia tanto nas súas novelas para adultos como no relato curto e , dende logo, nos contos para nen@s, eses contos atípicos nos que hai malos malísimos que non se arrepinten de selo.
A autora catalana é terceira muller merecedora do premio é, logo de María Zambrano e Dulce María Loynaz, a primeira narradora que o obtén. Todo un eloxio a unha devoción, a un xeito de vivir, de transmitir sabedoría e beleza en prosa
Lembremos que Ana María tamén foi a terceira muller que ocupou un sillón na Real Academia Española, despois de Carmen Conde e Helena Quiroga, non podemos esquecer que os sillóns da Real Academia Española da Lingua non parecen estar feitos para mulleres tendo en conta que despois de case tres séculos só tres mulleres puideron sentarse nun.
Ana María, deberiamos dicir, dona Ana María, pronunciou un fermoso discurso no que dixo que a súa vida era de papel porque viviu case sempre para os libros, para lellos e para escribillos, para emocionarse cn eles e paara facer que nos emocionemos con eles e con ela. No enlace podedes ler todo o discurso e máis cousas pero hai dúas frase moi fermosas que quero deixar aqui:
San Xoán dixo : "o que non ama non vive" e eu atrévome a dicir: "o que non inventa non vive"
A literatura foi e segue sendo ofaro salvador de moitas das miñas treboadas.
Lede o se discurso porque veredes que é certo, que a literatura é un faro capaz de alumear en calquera tempestade.
A FONSAGRADA
No IES "Fontem Albei" de Fonsagrada non paran de producir vídeos interesantes. Aquí deixamos o que levou o premio de Correlingua 2011. Porque eles o merecen e a nosa lingua tamén:
22/4/11
DÍA DA TERRA
Fai 40 anos, o 22 de abril de 1970, o senador estadounidense Gaylord Nelson propuña a declaración do Día da Terra, unha xornada ambientalista destinada a crear conciencia ante os perigos da contaminación global que ameazan ao planeta Terra.Polo que sabemos a Terra é un lugar especial, non só dentro do Sistema Solar, senón no Universo enteiro. Para que a vida se desenvolva para que sobrevivamos, ten que darse unha combinación de fenómenos incriblemente complexa e rara. A singularidade da Terra, a súa especial localización respecto ao Sol, a existencia de elementos sólidos e líquidos, a creación dunha atmosfera protectora, e unha infinidade de factores fan do noso planeta un escenario irrepetible para a vida.
Pero os homes explotamos os seus recursos sen máis preocupación que satisfacer as nosas necesidades e egoismos, sen previsión de futuro, pensando que eran inesgotables, que sempre ían estar aí. Agora sabemols que non é así e que as nosas accións rresponsables están a acabar con ela.
aínda estamos a tempo si tomamos conciencia da nosa responsabilidade cara ao futuro pero:
Que pensas facer ti neste Día da Terra para contribuir a que non se siga destruindo? Comezarás finalmente a reciclar o que descartas como lixo? deixarás de usar tanto plástico? consumirás menos electricidade? controlarás a auga que consumes? deixarás de tirar lixo en calquera lugar? axudarás a controlar o uso de pesticidas e de deterxentes permiciosos para a natureza? Son só algunhas das moitas preguntas que poderíamos facerche.
21/4/11
MANUEL LOURENZO
15/4/11
Onte, 14 de abril, cumpriuse o oitenta aniversario da proclamación da II República Española, con ela chegaba a democracia e grandes ilusións transformadoras e modernizadoras. Entre esas "ilusións" estaba a de levar a educación a a cultura a os pobos, ata os máis remotos e esquecidos da España rural, triste, atrasada e analfabeta. Desa tarefa encargáronse as MISIÓNS PEDAGÓXICAS, algo que nos queda lonxe e do que moit@s pouco saben, para informarnos, sequera sexa someramente, aquí quedan estes vídeos:
Ao rematar o 1º pinchade no 2º e logo no 3º para ver a serie completa.
En Galicia tamén houbo Misión Pedagóxicas. Os nosos compañeiros de PLAMBE traballaron moitp para saber delas, por iso imos deixar un enlace co biblioteca Milladoiro de Malpica, dende o que podedes acceder a moita máis información. Grazas Olga polo traballo ben feito. Apoveitade a información porque é de primeira calidade.
14/4/11
DÍA do LIBRO
O vindeiro 23 de abril celébrase o Día do Libro, como estamos de vacacións teremos que pospoñer a celebración pero queremos deixar aquí, como mostra de que as bibliotecas galegas non o esquecen o fermoso marca páxinas que nos agasallan dende a Asesoría de Bibliotecas de Galicia e o poema de Carlos Negro que o acompaña. Non deixedes de lelo.Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
Carlos Negro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
