Non copiamos a nome da exposición de Caixa Nova, só que tivemos o privilexio de recibir no noso centro ao comisario da exposición, o profesor e pintor Fernando M. Vilanova o pasado 11 de maio.
Fernando fixo a presentación da traxectoria vital do pñintor que dá nome ao noso centro e do que estamos a celebrar o centenario do nacemento, como indica a "lona" pendurada na fachada do instituto.
Deixamos unhas imaxes da súa charla para dar constancia.
30/5/10
12/5/10
11/5/10
PARA A MEMORIA
Uxío Novoneyra foi un home calado, a súa poesía está feita de silenzos, dos silenzos que a neve levaba ao seu Courel natal, dos silenzos da xente do pobo, pero ás veces levantaba a súa voz de poeta e os seus versos pedían xustiza. Pode que por ter sido un home calado as Bibliotecas Escolares Galegas dicidirán levantar a voz por el. Se as visitades atoparedes multitude de traballos que vos mostraran a voz de Uxío, de todos os xeitos, e co permiso dos autores, queremos deixar aquí unha mostra que resulta especial porque é un poema PARA A MEMORIA
manoel de ribadaira
View more presentations or Upload your own.
7/5/10
CON XESÚS CONSTELA
Seguindo con libros, o xoves 29 de abril estivo na nosa biblioteca Xesús Constela. Xesús é ferrolán, ensinante e escritor como Torente Ballester e Carballo Calero cuxos centenarios estamos a celebrar. Xesús é un narrador próximo e un orador máis próximo aínda, é quen de manter a atención de 50 alumn@s durante máis de dúas horas e de conseguir que non miren o reloxo, qu4e queden prendidos das súas palabras. Falounos de como descubriu que lle gustaba "escribir" e de como feitos sinxelos e cotías podían dar orixe a un relato. Soubemos da xénese das súas obras publicadas e tivemos un anticipo do que vai ser a que aínda está a escribir e pasámolo moi ben escoitando as súas palabras tan sinxelas coma el mesmo.
Grazas Xesús polo bo rato que pasamos e todo o que aprendemos!
6/5/10
ORGULLOSOS DO NOSO
Queremos deixar ben claro que nos sentimos moi orgullosos dos nos@s representantes no I Club de Debate. O equipo formado por Adrián e Adrián, Cristian, Darío, Gabriel, Naiara, Natalia, Nerea, Sara e Xián e dirixido por Luis Pereiro convertiuse o día 24 de abril no campión dos debates no Café Moderno fronte ao combativo equipo de IES Torrente Ballester quedou de segundo e ao que tamén queremos felicitar.
Parabéns a to@s!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)