Páginas

27/7/10

A DAMA E A MORTE

Esta fermosa curta de animación mereceu, pode que polo seu ton, entre xocoso e tráxico, ou pola gran calidade humana que zumega, o Goya 2010 e estivo nominada aos oscars, ademais de ter outros moitos premios. É a tenra historia dunha velliña viúva que se sinte tan soa e bota tanto de menos á súa parella, que se sente leda diante da posibilidade de entragarse nas mans da Morte, pero no medio aparece un "responsable" equipo médico disposto a impedirllo como sexa.

É a primeira curtometraxe de animación en formato 3D estereoscópico feita en España.

O ritmo está marcado pola impecable banda sonora de Sergio de la Fuente, nunha clara homenaxe ás clásicas historias de Tom & Jerry ou Correcamiños e o Coiote.

A dirección é de Javier Recio Gracia é un madrileño-granadino de 28 anos.

A película propón ademais unha reflexión sobre un tema tan delicado como o da morte digna e a necesidade ou non de alongar artificialmente unha vida.


26/7/10

CORRUPCIÓN CONSENTIDA

Unha historia moi triste. A historia dos intereses dos países ricos e a súa intervención nos paísres pobres no exemplo terrible de 30 anos de guerra en Afganistán. Os potagonistas cambiaron pero os feitos repítense unha e outra vez. Agora un grupo de mulleres pide axuda.


A Asociación polos Dereitos Humanos en Afganistán (ASDHA) e o Coletivu Milenta Muyeres iniciaron unha iniciativa conxunta en contra da candidatura de criminais de guerra nas eleccións parlamentarias que se celebrarán o próximo mes de setembro en Afganistán.
Cando alguén asina, un email envíase automaticamente a autoridades da Unión Europea e Estados Unidos: importante que participedes!
Podedes facelo!Só tes que ir aquí e firmar o Manifesto

24/7/10

Aprendendo dos soños!

A viaxe de Said é unha vella curta que obtivo o Goia á mellor curta no 2007, pero non está anticuada, nin moito menos, por desgraza segue estando de actualidade, senón mirade con atención.


FERMOSA ALEGORÍA SOBRE O ENSINO

19/7/10

O POETA NAMORADO

Nunca puxeramos neste blog un vídeo de música, mais este chamounos a atención. Ten un fermoso título e unha letra bastante poética, como ese título di, ademáis un dos compeñentes do duo leva o nome dun grandísimo poeta: Lorca e as imaxes son moi suxestivas.
Aí queda Ciencias Naturales e o seu: Poeta enamorado

17/7/10

A LENDA DO LADRÓN DA ÁRBORE DOS AFORCADOS

Non diría que "fermosa lenda" pero esta curta ten o mérito de recoller unha aínda que sexa bastante recente e de ton "moralizante". Non te metas cos mortos! Non lle roubes a muller a outro! Coidadiño co que fas! A ver se alguén toma a testimuña, porque en Galicia hai moitas e moi fermosas.


La leyenda del ladron del arbol de los colgados @ Yahoo! Video

PLAN B

Curta de Paz Piñar. Foi merecente do 1º premio da VII mostra de Curtas en Feminino.
Para que vexamos que aínda hai xente que merece a pena neste mundo.