Páginas

30/9/10

O CEREBRO

Xa comezou o curso e , como imos precidar poñelo en movemento aquí queda este achegamento ao instrumento máis importante de tdos aqueles cos que contamos: o cerebro!

29/9/10

CANTAR EN GALEGO

Mentres nós discutimos sobre o emprego da nosa propia lingua, nun recuncho da lonxana India, si, aló na Asia remota, estes nenos cantan unha das cancións máis populares da nosa terra e cantan na nosa lingua.

María Soliña, dende Cangas á India

En Pubai-Orissa, nunha zona illada India, existe unha escola financiada por uns 280 veciños de Cangas a través da ONG Shanga. Pagan 6 euros ao mes, abondo para alimentar a un dos 500 cativos hindús no María Soliña de Asia.
Ademais de alimentalos, os nenos reciben toda a formación oficial que marcan as autoridades dese estado. Entre clases non podía faltar a música.
Velaí un vídeo cunha mostra do que aprenderon. No medio da polémica lingüística do comezo do curso en Galicia, estas imaxes son quen de suscitar de novo o debate sobre a suposta imposición do galego nas aulas.

24/9/10

IN MEMORIAM

José Antonio Labordeta
"Haberá un día no que todos, ao levantar a vista veremos unha terra que poña Liberdade" . A estrofa pertence ao Canto a la libertad de José Antonio Labordeta, poeta, cantautor, mais sobre todo no bo sentido da palabra BO, como dixo un día Don Antonio Machado.
José Antonio Labordeta naceu en Zaragoza o 10 de marzo de 1935, e deixounos o 19 de setembro de 2010, por iso queremos lembralo.
Ferido de morte por un cancro de próstata aínda foi quen de compoñer poemas e de escribir un libro de agradecementos, o seu derradeiro libro: Regular, gracias a Dios, "a tajos", nos corredores e nas camas do hospital onde pasou boa parte do último ano e tamén foi quen de dicir que : "Hay gente con dramas muy gordos, al lado de los cuales el mío no es nada" e de manifestar que estaba contento coa súa vida que fuxía: "Tengo una mujer que funciona de maravilla, tres hijas, dos nietas, una morena y otra rubia, un yerno que canta muy bien y no cambiaría nada. Tengo muchos amigos, estoy muy contento con lo que me ha tocado vivir.
O último acto de transcendencia pública que protagonizou foi o día 6 de setembro, cando recibiu na súa casa a Gran Cruz da Orden Civil Alfonso X O Sabio e a medalla ao Traballo, pola súa sabedoría, a súa paixón, as súas conviccións e a súa defensa da liberdade e do pobo, porque José Antonio puxo voz á bondade, á xustiza e á liberdade cantando, camiñando coa súa mochila ao lombo polos pobos, ensinando e levando un pouco de poesía á severa tribuna do Congreso de Deputados. Tivo moitos outros recoñecementos institucionais pero os máis valiosos para foron os que lle chegaron nas cartas d@s exalumn@s lembrando que lles ensinara a ver a vida.
caeu unha folla senlleira da árbore da liberdade, marchou un dos bos e xenerosos Que goce para sempre do que sempre soñou!
Nós, queremos ter presente a liberdade á que el cantou:

17/9/10

COMEZAMOS

E vós en que lado estades, no de Mafalda ou no dos choromicas? Xa sabemos que sodes maiores, responsables, traballador@s e todo iso, pero ... non queda algo de mágoa ao deixar cedo a cama, ter que ir ao insti, ter que someterse a horarios, xogar menos coa play, ver menos tele, saír menos c@s amig@s e podemos ser optimistas e pensar en que tamén podemos poñer: ter menos tempo para ler o que vos gusta? Non choredes, imitade a Mafalda que é unha criatura intelixente e non vos preocupedes que na biblioteca hai moitos libros e sempre queda tempo para unha boa lectura.

RITMO ...

Ollo! o que segue non quere dicir que teñamos que poñernos a tocar -nada que non sexan os libros- nin a cantar na Biblioteca, que é un lugar de traballo e silenzo, senón que hai que coller o ritmooo do novo curso que imos comezar, dende xa, para non perdelo antes de tempo. Aquí queda, ánimo e adiante.

12/9/10

LA MAISON EN PETITS CUBES

A tristura, a maxia e a poesía do que immos deixando atrás, do que o tempo nos vai quitando sen contar coa nosa vontade. O xapones Kunio Katô fai unha fermosa metáfora na que o tempo é a auga que vai asolagando a súa casa e vai facendo que teña que ir construíndo cara arriba, cara ao seu propio fin facendo que calquera incidente, como a pipa que lle cae na penúltima vivenda, faga que se mergulle e vaia atopando retallos do que foi a súa vida. O óscar que lle concederon no 2009 sorprendeu nos Estados Unidos mais está ben xustificado pola beleza dos seus debuxos, tan simples e tan cheos de contido.



A CASA EN PEQUENOS CUBOS, ou A VIDA EN RETALLOS




11/9/10

HUNGU

Outra reliquia aínda que sexa máis recente porque é do 2008 e de autor canadiense. Conta como baixo o sol implacable de África, un neno e a súa familia camiñan. O relato que inspira a Nicolas Brault é unha antiga lenda africana, a aventura dunha nai que resucita en forma de instrumento musical grazas ao seu fillo, ao neno desesperado a quen devolverá a forza para convertirse en home.
Unha historia difícil, como a vida dos cazadores-recolectores, representada nas pinturas ruprestres dese continente.