Páginas

6/6/10

CELANOVA. TERRA DE CURROS

VISITA Á TERRA DE CURROS ENRÍQUEZ




.......................................................
Lengua enxebre, en que as ánemas dos mortos
nas negras noites de silencio e medo,
encomendan ós vivos as obrigas
que, ¡malpocados!, sin cumprir morreron.

Idioma en que garulan os paxaros,
en que falan os ánxeles ós nenos,
en que as fontes solouzan e marmullan
entre os follosos álbores os ventos
...................................................
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Manuel Curros Enríquez nace en Celanova o 15 de setembro de 1851.
Aos catorce anos foxe da casa natal e vai refuxiarse a dun irmán que vive en Madrid, pero dese tempo de infancia-adolescencia celanovense gardará sempre o seu fondo cariño pola nai e o rexeitamento e pouso amargo dun pai imposible. Gardará tamén o lingua do pobo labrego e a paisaxe doce a amable, as imaxes gravadas, soños e as fabulacións do neno que fora.
O valle do Sorga, o carballo de Leboreiro, as veigas das ribeiras do Arnoia, a Virxe do Cristal ..... todo o vivido que rexurdirá nos poemas do que chegou a ser un grande poeta da terra natal.
Aquí queda un plano do que visitamos pero falta Castromao




Saímos de Pontevedra, do instituto, as nove da mañá pensando na longa viaxe pero ilusionados pensando no que iamos ver.
A paisaxe, luminosa, nun día sen nubes, vai desfilando diante dos nosos ollos mentres nos imos achegando a Celanova.
En Celanova espéranos unha guía que nos vai levar cara á parroquia de Mourillós, para comezar. Visitamos o mosteiro de San Salvador, onde estudou Curros cos Escolapios e lemos: "A igrexa fría" lembrando o anticlericalismo do poeta.
Subimos polo campo de Mourillós, por unha costa case de morte, cara a Penalta e no piñeiral do camiño a Einibó lemos "O gueiteiro de Penalta" . Xa en Einibó lemos: “Unha boda en Einibó”vendo cos ollos da imaxinación a escena que o poeta describe. Logo en Carballeira:"Nouturnio". O fermoso cruceiro de O Campo e a igraxa de Mourillós con restos románicos e despois Coutada e a decadencia do rural que Curros xa adiviñara cando escribiu: "Os mozos" . Case sentimos a presenza dos poderosos abades -"No convento" -que se esconderon tralos muros rexos do mosteiro.
O Santuario da Virxe do Cristal “A Virxe do Cristal” rodeado de lendas foi o noso seguinte punto de parada e, pola antiga vía romana achegámonos ao burgo medieval de A Barronca cara a Vilanova dos Infantes e alí estaba a impoñente torre.
Despois visitamos o Centro Comarcal e vimos un vídeo sobre Curros e outros personaxes importante da terra de Celanova tentando imaxinar como sería mentres unha compañeira lía "O último fidalgo".
Volvemos a Celanova e preto do grupo escolar leuse un novo poema para que a paisaxe e o entorno non fixeran que esqueceramos que estabamos alí seguindo as pegadas dun grande poeta, "A nena na fonte" na mesma fonte na que bebemos ata fartar porque ía unha calor que queimaba as pedras, mesmo a Pedra da Moa dende a que baixamos pola rúa Curros Enríquez tras ler de "Elexía curros neno" doutro poeta celanovés: Celso Emilio Ferreiro.
Visitamos a casa natal do poeta e volvemos á Praza Maior, pero non se pode ir a Celanova e deixar de subir a Castromao para ver a pegada dos nosos devanceiros a 732 metros de altitude.
Impresionante o castro pero non menos impresionante a vista que dende el hai.

Non imos contar como é o castro, nin o mosteiro, nin San Miguel, a igrexa de xoguete, teredes que mirar nas fotos do profe Manu que tamén están no blog.

D e D para o voso deleite fixeron esta crónica!

5/6/10

MANUEL LOURENZO NA NOSA BIBLIOTECA

VISITA E CHARLA ML




Como ben sabedes, Manuel Lourenzo, é profesor de Galego no IES "Torrente Ballester" e ademais escribe historias tan interesantes como a de Tanis I, que se leu este curso en 2º de ESO, por iso foron @s alumn@s dese curso os que estiveron con el na biblioteca, o pasado día 21 e escoitaron as súas historia e creron que hai países que se moven e baleas tan grandes que se arrastran polo fondo do mar e o seu lombo sobresae, como unha illa na que hai árbores, animais e mesmo: seres humanos normais que teñen as súas historias, esas historias orixinais e únicas que Manuel tan ben conta e escribe.

2/6/10

O GALEGO É NOSO

Porque somos galeg@s!

30/5/10

LUÍS SEOANE: Razón e compromiso

Non copiamos a nome da exposición de Caixa Nova, só que tivemos o privilexio de recibir no noso centro ao comisario da exposición, o profesor e pintor Fernando M. Vilanova o pasado 11 de maio.
Fernando fixo a presentación da traxectoria vital do pñintor que dá nome ao noso centro e do que estamos a celebrar o centenario do nacemento, como indica a "lona" pendurada na fachada do instituto.
Deixamos unhas imaxes da súa charla para dar constancia.

11/5/10

PARA A MEMORIA

Uxío Novoneyra foi un home calado, a súa poesía está feita de silenzos, dos silenzos que a neve levaba ao seu Courel natal, dos silenzos da xente do pobo, pero ás veces levantaba a súa voz de poeta e os seus versos pedían xustiza. Pode que por ter sido un home calado as Bibliotecas Escolares Galegas dicidirán levantar a voz por el. Se as visitades atoparedes multitude de traballos que vos mostraran a voz de Uxío, de todos os xeitos, e co permiso dos autores, queremos deixar aquí unha mostra que resulta especial porque é un poema PARA A MEMORIA