Páginas

28/2/10

NOVOA SINGLADURA

A pasada semana rendiron viaxe de volta as Mochilas Viaxeiras despois dunha travesia con mar en calma. Trouxeron con elas os cadernos de viaxe dos participantes en tal singular cruceiro. Por eles soubemos que algún pequeno navegante botou en falta no menú barco "algo de poesía", que a viaxe foi moi breve e que non houbo tempo de atoparse con capitáns de quince anos, nin con Nemos, támen que as estrelas de papel fixeron perder horas de sono a algunha viaxeira, que na sala de proxección faltaba cine de acción e que había películas moi tristes, que nas adegas a carga era bastante lixeira e que houbo quen pasou a viaxe pensando que era moi afortunada por ter a oportunidade de ler tantas cousas e desexando que todos os nenos do mundo teñan sempre a oportunidade de ler contos e historias para disfrutar e aprender. Fermoso pensamento, Andrea! Algúns/has contan como compartiron mentras hai quen apuntou que gardou todo para si mesmo porque lle gusta a intimidade cos libros.
Tras un breve descanso nas areas da praia de IRIS, con nova tripulación e cargada segundo as indicacións dos primeiros exploradores, a nosa barca volveu á mar para unha nova singladura.

27/2/10


15/2/10

SALÓN DO LIBRO



Estes días está aberto no Pazo da Cultura o " Salón do Libro". Pódedes pasar por alí para facer todo o que vos di o que di o LOBO pero o que queremos é facer fincapé en que o escritor estrela deste ano, que estará alí o 14 de marzo, é Agustín Fernández Paz ao que tod@s coñecedes porque o o máis lido no noso centro.
Agustín naceu en Vilalba (Lugo) en 1947. Estudou Maxisterio, despois licenciouse en Ciencias da Educación e exerceu como profesor no instituto Os Rosais 2 de Vigo.
Moi preocupado sempre polos problemas do ensino e da Lingua Galega, estivo constantemente implicado en actividades relacionadas coa didáctica da lingua e a Normalización Lingüística e traballou intensamente neses dous campos, pero tamén traballou no da literatura onde obtivo os premios: Merlín, Lazarillo, Edebé, Asociación de Escritores en Lingua Galega e, hai dous anos, o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Tod@s tedes lido algún dos seus libros: Cartas de Inverno, Noite de voraces sombras, Tres pasos polo misterio, Aire negro, Corredores de sombra, Contos por palabras e O único que queda é o amor.
Se aínda non lestes ningún destes libros podedes botar unha ollada ao blog do club de lectura: Camiños para saber de que van e escoller o que queredes ler. Están todos na biblioteca!

13/2/10

O CIRCO DA BOLBORETA

"O circo da bolboreta" é a curta gañadora do 1º premio do concurso "The Doorpost Film Project" que pretende descubrir a cineastas que busquen a través das súas obras a promoción dunha serie de valores universais. Nesta ocasión, os valores son: ESPERANZA, PERDÓN, HUMILDADE e LIBERDADE.
Esta curta foi realizada por Eduardo Verástegui con Nick Vujicic e quere mostrar a maxia de facernos poder crer que é posible un mundo mellor se cada dun nós somos mellores persoas.
A histotia mostra un circo pequeno, en plena depresión americana, que atopa un mozo sen extremidades que participaba nunha exhibición de rarezas; o director do circo e o valor do mozo logran que este descubra a súa auténtica dignidade como persoa.


SEGUNDA PARTE

11/2/10



BOA VIAXE!


As "Mochilas Viaxeiras"abandonaron onte o porto de Iris poñendo rumbo aos fogares de quince dos nosos alumnos/as. Desexamos que teñan unha boa singladura e que atopen mans amigas nestes primeiros portos nos que van pasar quince días. Levan con elas unha pequena mostra do que a Biblioteca pode ofrecer: un cómic, dúas novelas, unha peli, un caderno de bitácora e moita ilusión.

9/2/10

O ultimátum evolutivo

Prestade moita atención! Asi podemos rematar......non dicimos nada máis.

A nosa artista da ESO

A alumna de 2º ESO Arancha Rodríguez protagonista do curto "Coser e cantar". Arancha é Elena, unha moza que quixo ser artista, pero o franquismo non a deixou e rematou convertida na raiña do Entroido de Verín, outra maneira de ser artista.
Podes ver a nova no Faro de Vigo

6/2/10

Pasamento de Salinger








O día 27 de xaneiro a morte sorprendeu en New Hampshire a Jerome David Salinger coñecido por ser o autor de "O gardián entre o centeo".

Salinger naceu en 1919, en Nova Yorq da unión dunha irlandesa católica e dun xudeo polaco, emigrantes de éxito nos EE.UU. Estudou tres anos na academia militar Vallery Forge de Pennsylvania e logo pasou por varias universidades, pero nunca foi un gran estudante, aínda que si un gran escritor.

Como marine do exército americano tomou parte no desembarco de Normadía e viviu os horrores da guerra e experiencia bélica marcou decisivamente a súa personalidade e producción literaria.

Escritor dende a mocidade publicou relatos curtos en numerosas revista pero o éxito chegoulle en 1951 coa publicación da novela que citamos anteriormente. Parece que ese éxito asustou a Salinger porque entón deixa Nova Yorq e marca a Cornish (New Hampshire) onde se reclúe no seu mundo privado e no seu interese polo budismo zen.



5/2/10

Celebración do Día da Paz

Imagine

PAZ

Quen mellor que un poeta para poñer palabras a un día, a un desexo, a un sentimento, a... !

PAZ para a pluma e o aire.
PAZ para o papel e o lume.
PAZ para a palabra e a terra.
PAZ para o pan e a auga.
PAZ para o amor e a causa.
PAZ para o pensamento e o camiño.
PAZ para a semente e o átomo.
PAZ para a obra e o home.


Blas de Otero

Queremos comezar con poemas porque, a poesía é a única arma cargada de futuro, como dixo Celaya.
Hai moitos poetas que empregaron a arma dos seus versos para falar de guerras e pedir paces soñadas, non podemos achegar aquí nin sequera unha pinga dese mar de palabras de que escribiron, pero queremos deixar unha mostra modesta traducindo algúns versos de poetas non galegos á NOSA LINGUA.

Para quen padece nas guerras

Neste mesmo instante
hai un home doente,
un home torturado
só por amar a liberdade. Ignoro
onde vive, que lingua
fala, cal é a cor
da súa pel, mesmo
como se chama, mais
neste mesmo instante,
cando os teus ollos len
este poema,
ese home existe, berra,
escóitase o seu pranto
de animal acosado.
........
Un home só
berra, existe
nalgún sitio
Goytisolo

Un neno é unha crisálida dun amor e dun pranto,
é a estrofa primeira dun poema,
é a costa n que comeza una montaña.
E .. a morte dun neno é tan absurda
como a dun mañá que se se volvera sombra.
Se onte esgazaron as carnes da nai,
se un murmurio de brancura lle espertou os seos,
ese sangue, ese leite, esa dor foi
a raíz dos pasos dun home.
Só un leñador tolo corta a árbore
cando o tronco é un gromo inútil.
Só a morte tola ha matar a un neno,
extinguir un amor non nacido
es secar as bágoas que non correron nunca.
Mentres morran os nenos
eu non podo entender a misión da morte.

Miguel Otero (Nenos/as víctimas das guerras)


Tristes guerras
se non é o amor a empresa.
Tristes, tristes.
Tristes armas
se non son as palabras.
Tristes, tristes.
Tristes homes
se non morren de amores.
Tristes, tristes.

Miguel Hernández

Pido a PAZ e a palabra.
Escribo
na defensa do reino e da xustiza. Pido
a PAZ
e dixen a palabra. ...
.............

Blas de Otero

30 de xaneiro. DÍA DA PAZ