Páginas

31/1/11

EX LIBRIS

short film teaser EXLIBRIS by Maria Trenor from lacomida visuals on Vimeo.


Esta homenaxe aos libros chega dende Trafegando Ronseis. Moitas grazas

30/1/11

CASTELAO 125 ANOS DE EXISTENCIA


"En la Iglesia Parroquial da Santa Columba de la Villa de Rianjo, distrito municipal del mismo nombre, provincia de La Coruña, a treinta de enero de mil ochocientos ochenta y seis, yo, el Licenciado José Magariños, Párroco propio de la misma, bauticé solemnemente, puse los Santos Oleos y por nombre Alfonso Daniel Manuel a un niño que nació a las diez de la mañana del mismo día en la calle del Cabo de la Villa, número veintinueve, hijo de Mariano Rodríguez, de oficio marinero, y de Joaquina Castelao"





Como a data coincide co Día da PAZ e NON VIOLENCIA deixamos unhas imaxes de Castelao que teñen que ver co tema

CASTELAO

UN DÍA DESPOIS

Onte celebramos no Centro o Día pola PAZ e a NON VIOLENCIA como fin de duas semanas de traballo nas aulas e na biblioteca , do grupo Fiuncho, do grupo Son Xitano e de moita máis xente. Dentro duns días teredes aquí o resumo e as fotos, pero agorapodedes ver estas dúas curas que chegan dende o IES Sarmiento e o CEIP A Doblada:

El Sonido de la Guerra from Alejandro Hernández on Vimeo.




OSCURO CARDINAL from adrianguerra on Vimeo.

27/1/11

IMAXES PARA A PAZ

Onte eran as terribles palabras que o alumnado de 1º de ESO asociaba a "guerra", hoxe son as "situacións" que o de 2º de ESO asocia a PAZ.

25/1/11

AS PALABRAS DAS GUERRAS

As e os vos@s compañer@s de 1º fixeon unha lista coas palabras que, para eles, reflexan as consecuencias das guerras, sabemos que non están todas, faltan algunhas tan terribles como xenocidio ou exterminio, pero son moi significas, o bastante como para facernos pensar e máis se van, como neste caso, acompañadas de imaxes, desas imaxes que case nunca queremos ver, que fan que pechemos os ollos e miremos a outro lado, que cambiemos de canle a televisión ou busquemos outra cousa no xornal, que rexeitemos determinadas áxinas de internet porque teñen unha información que non queremos, porque pensamos, como dicía Bertolt Brecht:
Primero cogieron a los comunistas,
y yo no dije nada por que yo no era un comunista.
Luego se llevaron a los judíos,
y no dije nada porque yo no era un judío.
Luego vinieron por los obreros,
y no dije nada porque no era ni obrero ni sindicalista.
Luego se metieron con los católicos,
y no dije nada porque yo era protestante
.
Pero o poema non remata aí nin a historia tampouco, Iraq, Palestina, Congo, Costa de Marfil, Colombia, Guatemala están lonxe si, pero... o mundo non é tan grande, dicía hoxe un compañeiro voso.

CONSECUENCIAS DAS GUERRAS

23/1/11

FALEMOS DE IRMANDADE

Unha "vella versión" dun gran poema que podedes ler no blog de Camiños e escoitar aquí:


Otra "vella canción" . O poema que nos serve de entrada para o recitado do Día da PAZ , é de Gabriel Celaya e canta Paco Ibáñez en directo, cargado de anos e de experiencia :

15/1/11

ESPERANZA



Sempre haberá alguén disposto a loitar pola vida.

VOA POR MIN

Hai imaxes que impresionan polo que non din e as destes debuxos están entre elas. Unha nena que soñaba co fututo de muller e unha muller pechada nun mundo alleo aos seus soños.

10/1/11

VOLVEMOS ÁS AULAS!

Xa sei que non é para para poñerse a "bailar", non para moit@s que estaban moi ben durmindo ata as 12, comendo e xogando, paseando, vendo a tele, diante da play ou chateando día e noite, pero "eche o que hai" e non é tan malo, otra vez @s compañeir@s, @s profes plasta, os deberes, pero tamén outras cousas, non?
Para que o tomedes polo lado bo aquí queda esta mostra:

3/1/11

O ANO DO BOSQUE

Como o 2011 é o Ano dos Bosques, aqui deixamos un anticipo:

2/1/11

RECUPERANDO VELLAS SERIES

Ten moitos anos pero foi moi instructiva e pensamos que segue tendo validez. Votádelle unha miradiña: