Páginas

30/3/10

21/3/10

Mañá leremos os poemas que aparecen nesta selección e algúns máis.....

19/3/10

O 15 de novembro do 1999, a Conferencia Xeneral da Unesco proclamou o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía. Un dos fundamentos desa decisión foi a nece-sidade de recoñecer e dar un pulo aos movementos poéticos nacionais, rexionais e internacionais, e promocionar a diversidade das linguas, coa idea de que a literatura é parte constitutiva da subxectividade humana.
A poesía es un feixe de resonancias universais. (...)
A diversidade poética bríndanos outra maneira de dialogar. Permítenos des-cubrir que todos e cada un de nos, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é da nosa humanidade. (...)
A poesía é unha voz que resoa polo mundo, sen fronteira nin barreira. É un medio de correspondencia, de coñecemento e descubrimento dos outros, dos seme-llantes. (...)
O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se encontre en termos xeográficos.
Sra. Irina Bokova
Directora General de la UNESCO


Fagamos dela un novo camiño cara a PAZ
Si hai poesía empre haberá esperanza porque, como dixo Bécquer:


....................
mentres haxa no mundo primavera,
haberá poesía!
..................
mentres haxa un misterio para o home
haberá poesía!
..................
mentres haxa esperanzas e recordos,
haberá poesía!..................

17/3/10

CARICATUTAS




Así viu Delibes:

O futbol e a escola




BIOGRAFÍA DE MIGUEL DELIBES

Iris, a "mensaxeira" quixo deixar unha breve biografía do falecido autor para lembrar a algúns/as desmemoriados quen era e que fixo Miguel Delibes.

«Vale la pena estar un rato en la vida y ver cómo es la vida, pero aplaudirla y decir esto es lo decisivo y esto es para siempre, yo por lo menos no lo agradecería...».


Miguel Delibes Setién naceu en Valladolid o 17 de outubro do ano 1920 e morreu na mesma cidade, na súa cidade, o 12 de marzo de 2010. Foi un dos grandes da literatura en lingua española. Ademais de novelista e membro de la Real Academia da Lingua dende 1975, Delibes era Doutor en Dereito e catedrático de Historia do Comercio na Universidade de Valladolid.
No 1941 comezou a traballar no Diario El Norte de Castilla como caricaturista, logo foi redactor e despois, durante varios anos, director do mesmo, dun xornal que foi pioneiro en España. Pouco a pouco foi deixando os outros traballos para dedicarse exclusivamente á literatura. Foi un autor prolífico que cultivou tanto a narrativa como o ensaio. O seu traballo literario fíxoo merecedor de multitude de premios, entre eles o Premio Nadal (1948), el Premio da Crítica (1953), o Premio Príncipe de Asturias (1982), o Premio Nacional de las Letras Españolas (1991) e o Premio Cervantes (1994)
Bibliografía:
La sombra del ciprés es alargada foi a súa primeira novela. Despois publicou Aún es de día, Diario de un cazador, El camino, Mi idolatrado hijo Sisí, La hoja roja, Las ratas, Cinco horas con Mario, Parábola del náufrago, Las guerras de nuestros antepasados, Los santos inocentes e Señora de rojo sobre fondo gris entre outras. É tamén autor dos contos de La mortaja, da novela curta El tesoro e de textos autobiográficos como Un año de mi vida. En 1995 publicou Diario de un jubilado, un retrato irónico e tenro sobre a vida e as relacións entre dous vellos que tivo un grande éxito,como todo o que publicaba. No 1998 viu a luz El hereje, unha das obras literarias máis importantes dos últimos tempos.

Polas páxinas dos seus libros camiñaron: pobres case todos e ricos algúns, listos e deficientes, nenos e vellos, mulleres e homes con personalidade propia, denunciando abusos e inxustizas, amando e odiando, xente do campo abandonado e seco da Castilla profunda, exemplos todos das dúas caras de España, historia de España.

Pouco despois da publicación de El hereje, anunciou a súa morte como escritor: “.... estoy perdiendo la cabeza y en ese mismo momento frenar, detenerme al borde del abismo y no escribir una letra más...” .

Foi unha promesa cumprida!

Non quixo ser eterno, pero vivirá mentras haxa lectores/as e existan os libros.

No blog Camiños podedes atopar máis información sobre a súa obra.

12/3/10

A MORTE NON PERDOA


Hoxe, ás oito da mañá unha noticia triste saltaba ao aire: "Faleceu Miguel Delibes". Puntualizaba que na súa casa de Valladolid, entre os seus. Foise como viviu, discretamente. As "milanas bonitas", as sobreiras e as papoulas vermellas dos seus queridos eidos casteláns botarán en falta a quen as convirtiu en escenario de tantas historias inesquecibles, escritas con trazos tan firmes, que ningún dos seus personaxe queda esvaecido na dura realidade da España da posguerra, cada un ocupa no mundo o posto concreto que o autor lle asigna.
Nós tampouco perdoamos á morte a súa falta de respecto aos xenios!

9/3/10

KATHRYN BIGELOW


A que xa era hora? Oitenta e dous anos de óscares e ningunha muller merecera o premio á mellos dirección, non está claro se porque o mundo da dirección cinematográfica era "patrimonio" masculino ata hai nada ou porque o patrimonio dos homes era o famoso premio. Parece mentira que sexa un premio xenuinamente americano, do país que se considera exemplo de democracia e pioneiro da igualdade de sexos. Esta vez rompenseuse a tradición e unh muller, Kathryn Bigelow recibiu a prezada estatua, xusto o Día Internacional da Muller.


En tierra hostil

É o retrato dun desactivador de bombas na guerra de Irak. Katherine Bigelow ofrece adrenalina, acción e virtuosismo visual unha película bélica podería ser unha máis pero que vai pasar a historia do cine porque foi a que deu o primero Óscar a unha muller e porque algo debe ter xa que politicamente contentou tanto a republicanos, demócratas, a todos, que é complicado.

6/3/10

DÍA DA MULLER




O Día Internacional da Muller non se refíre ás grandes estrelas senón ás mulleres correntes, como artífices da historia. Afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade cos homes. Ao longo da historia houbo moitas manifestacións neste aspecto, así no século III a. C. en Grecia, Lisístrata comezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra entre Esparta e Atenas, máis tarde, no século XVIII, durante a Revolución Francesa, as mulleres de París fixeron marchas ata Versalles para esixir o sufraxio feminino, mais ata finais do XIX non se fará patente a idea de celebrar un día internacional da muller. Esta idea estivo unida a industrialización e a un período de expansión e turbulencias sociais debidas ao espectacular crecemento da poboación e a aparición dos movementos obreiros e das ideoloxías que lle serviron de soporte. Durante moitos anos, nos países máis desenvolvidos as mulleres uníronse para reclamar os seus dereitos como membros activos da sociedade pero ata 1945 non houbo un recoñecemento internacional dos mesmos.
A Carta das Nacións Unidas, firmada en San Francisco en 1945 proclamou que a igualdade dos sexos era un dereito humano fundamental. Dende entón, a Organización contribuíu a crear unha serie de estratexias, normas, programas e obxectivos concertados internacionalmente para mellorar a condición da muller en todo o mundo.
Grazas a Bea polo fermoso cartel que nos ofreceu.