Páginas

17/3/10

BIOGRAFÍA DE MIGUEL DELIBES

Iris, a "mensaxeira" quixo deixar unha breve biografía do falecido autor para lembrar a algúns/as desmemoriados quen era e que fixo Miguel Delibes.

«Vale la pena estar un rato en la vida y ver cómo es la vida, pero aplaudirla y decir esto es lo decisivo y esto es para siempre, yo por lo menos no lo agradecería...».


Miguel Delibes Setién naceu en Valladolid o 17 de outubro do ano 1920 e morreu na mesma cidade, na súa cidade, o 12 de marzo de 2010. Foi un dos grandes da literatura en lingua española. Ademais de novelista e membro de la Real Academia da Lingua dende 1975, Delibes era Doutor en Dereito e catedrático de Historia do Comercio na Universidade de Valladolid.
No 1941 comezou a traballar no Diario El Norte de Castilla como caricaturista, logo foi redactor e despois, durante varios anos, director do mesmo, dun xornal que foi pioneiro en España. Pouco a pouco foi deixando os outros traballos para dedicarse exclusivamente á literatura. Foi un autor prolífico que cultivou tanto a narrativa como o ensaio. O seu traballo literario fíxoo merecedor de multitude de premios, entre eles o Premio Nadal (1948), el Premio da Crítica (1953), o Premio Príncipe de Asturias (1982), o Premio Nacional de las Letras Españolas (1991) e o Premio Cervantes (1994)
Bibliografía:
La sombra del ciprés es alargada foi a súa primeira novela. Despois publicou Aún es de día, Diario de un cazador, El camino, Mi idolatrado hijo Sisí, La hoja roja, Las ratas, Cinco horas con Mario, Parábola del náufrago, Las guerras de nuestros antepasados, Los santos inocentes e Señora de rojo sobre fondo gris entre outras. É tamén autor dos contos de La mortaja, da novela curta El tesoro e de textos autobiográficos como Un año de mi vida. En 1995 publicou Diario de un jubilado, un retrato irónico e tenro sobre a vida e as relacións entre dous vellos que tivo un grande éxito,como todo o que publicaba. No 1998 viu a luz El hereje, unha das obras literarias máis importantes dos últimos tempos.

Polas páxinas dos seus libros camiñaron: pobres case todos e ricos algúns, listos e deficientes, nenos e vellos, mulleres e homes con personalidade propia, denunciando abusos e inxustizas, amando e odiando, xente do campo abandonado e seco da Castilla profunda, exemplos todos das dúas caras de España, historia de España.

Pouco despois da publicación de El hereje, anunciou a súa morte como escritor: “.... estoy perdiendo la cabeza y en ese mismo momento frenar, detenerme al borde del abismo y no escribir una letra más...” .

Foi unha promesa cumprida!

Non quixo ser eterno, pero vivirá mentras haxa lectores/as e existan os libros.

No blog Camiños podedes atopar máis información sobre a súa obra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario