Páginas

12/3/10

A MORTE NON PERDOA


Hoxe, ás oito da mañá unha noticia triste saltaba ao aire: "Faleceu Miguel Delibes". Puntualizaba que na súa casa de Valladolid, entre os seus. Foise como viviu, discretamente. As "milanas bonitas", as sobreiras e as papoulas vermellas dos seus queridos eidos casteláns botarán en falta a quen as convirtiu en escenario de tantas historias inesquecibles, escritas con trazos tan firmes, que ningún dos seus personaxe queda esvaecido na dura realidade da España da posguerra, cada un ocupa no mundo o posto concreto que o autor lle asigna.
Nós tampouco perdoamos á morte a súa falta de respecto aos xenios!

1 comentario:

  1. ese home era un bo escritor ...que pena que morrera por que eu lein alguns dos seus libros e eran moi bos e bonitos...

    ResponderEliminar