Páginas

25/11/11

ESCOLA DE TODOS PARA TODOS



Un minutiño para disfrutar este video, seguro que nos sentimos identificados todos

21/11/11

MEDITACIÓNS SOBRE O QUE NOS IMPORTA


Hai lecturas que precisan dun tempo especial de reflexión, é o caso de "Nada".
Esperamos as meditacións dos alumnos de 4º, logo da súa lectura.

30/9/11

Lembrando a Mª Dolores




Queremos agradecervos todas as mostras de agarimo e condolencia pola perda repentina da nosa compañeira Mª Dolores.
Nós, non só sentimos a perda dunha gran compañeira, senón tamén o baleiro dunha guía entusiasta e entregada.
Lembrámola cunhas verbas que sabemos ela apreciaba.



Camiñan descalzas polas rochas,
fantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanecen.
As mulleres de sal, con sargazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben o efémero permanece.

“Das últimas mareas”
Ana Romaní

4/9/11

AS SILENCIADAS

Nós chamámolas ESQUECIDAS, naquel traballo que fixemos para o "Día da muller traballadora".Esta mostra collémola de Trafegando Ronseis. Grazas

26/8/11

20/8/11

FLORA DO RÍO LÉREZ

Volvemos ao río e felicitamos ao alumnado de 1º C porque foi o que máis traballou


25/7/11

UN IMPÁS

Antes de seguir coa vosa guía do río, para "descansar" un chisco de tanta "ciencia" un divertimento que chega dende Redelibros.

17/7/11

16/7/11

13/7/11

GUÍA DO RÍO LÉREZ

Esta GUÍA parte do Proxecto Interdisciplinar realizado este curso polo alumnado de 1º de ESO





PREMIOS SUNSHINE AWARD 2011



A nosa biblioteca recibiu hoxe con moita satisfacción e con enorme sorpresa un inesperado agasallo este luminoso sol obsequiado polo blog Hora de Ler da Asesoría de Bibliotecas Galegas. Agora, cumprindo co ritual que este agasallo esixe nós propoñemos outros doce blogs que como o noso serven para difundir libros e lecturas dende os centros escolares de Galicia . Hai moitos blogs e moi bos, algúns dos nosos preferidos xa teñen o seu sol, pero aínda quedan moitos, entre eles escollemos:

Biblioteca Val do Tea do IES "Val do Tea", Ponteareas

Mesturas do IES "Sanchez Cantón" , Pontevedra

Bibliolhosgrandes do IES "Virxe dos Ollos Grandes" , Lugo

Ars Legendi do CIP "San Vicente", A Baña

Biblioteca Xoán Farias do CEIP de Pazos

Queremos ler do IES de Catabois, Ferrol

Bibliotecadocole do CEIP de Quintela, Moaña

As zocas faladoras do IES de Poio

O faladoiro do IES "Monte Carrasco", Cangas


A Marela Tareabela do IES "Ramó María Aller", Lalín


Biblioteca do Colmeiro do IES "Pintor Colmeiro", Silleda

Bibliochivite do IES "Xesús Taboada Chivite", Verín


Moitas grazas a tod@s

27/6/11

UNHA BOA LECCIÓN

Este tampouco está nada mal. Aproveitade antes de poñervos a estudar os que o teñades que facer.


UN LADRÓN MOI ESPECIAL

Estou segura de que nunca vos falaron dun ladrón de arte coma este e que tampouco pensastes nunca que a arte abstracta podía ter nacido como ides ver:

Dripped from ChezEddy on Vimeo.

26/6/11

ESPERANZA

Deixo aquí unha fermosa historia de esperanza, a dun home tranquilo que vive rodeado da desolación que devorou a súa contorna. O vello músico pon todo o seu ánimo en manter vida no seu mundo e para ello permanece fiel á natureza e ás súas propias crenzas e busca entre moreas de lixo obxectos para seguir construíndo o seu particular universo que servirá para salvar o dos "outros" o dos que se renderan diante da adversidade, e como sempre: "esforzo obten resultado"


Dried Up from Cecil on Vimeo.

22/6/11

LECTURAS PARA O VERÁN

Para que poidades ver ao voso ritmo, tendes que pasar as imaxes co rato. Bo verán dende xa.

20/6/11

HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Os ENL fixeron este vídeo homenaxe ao autor de tantos libros coñecidos por tod@s nós e que xa sabedes que están na nosa biblioteca. Tamén estivo algunha vez no noso centro, pero hai xa bastante tempo por iso non o vos acordades.






E aquí queda tamén a homenaxe:




13/6/11

JUAN FARIAS





O noso agradecemento ás compañeiras Susana do CEIP de Pazos onde está a Biblioteca "Juan Farias" e Loly, do IES de Fene, alma de "O Segrel do Penedo".

JUAN FARIAS

JUAN FARIAS


"Galego, nacido, criado e recriado en Galicia. Escritor con posibilidades, ex-mariñeiro, ex-estudante. Uns opinan que son triste, huraño e tímido. Outros opinan que son alegre, desenfadado e optimista. Normalmente atópome feo, todo depende do espello e do meu estado de ánimo. Se o que quero. Conseguireino se non estiro a pata antes de tempo. Gústame viaxar e viaxei tanto como me veu en gana. Algunhas cousas das que ocorren á miña ao redor repélenme, outras me atraen e outras me deixan indiferente. Rebéntanme os ficheiros metálicos, as gaiolas, os bloques de vivendas con máis de trescentos veciños e a pesca con carburo. Opino que o refraneiro é definitivo cando di que en todas partes cocen fabas. Consólame a certeza de que cada libro é independente dos demais e de que non estou obrigado a ser fiel a determinado tipo de lectores se ao día seguinte descubro que estes lectores e eu estabamos equivocándonos. Ocórreme, creo, o que a moita xente, que unhas veces atópome nova e outras vello. Como escritor espero facer cousas porque se non, non escribiría, isto é elemental. "
Autorretrato en : Os buscadores de auga


Juan Farias nace en Serantes, Ferrol, no 1935, do matrimonio entre unha ferrolá e un ovetense, enxeñeiro militar. Co comezo da guerra comeza a peregrinación da familia, Madrid, Valencia, Lugo, Madrid de novo,Teruel, e volta a Lugo, porque o pai dirixe a construción de varios aeroportos militares
A morte da súa irmá maior leva ao pai e marchar de novo a Valencia mentres a nai vai a Ferrol cos pequenos.
Ao rematar a guerra a familia volve a reunirse en Lugo pero pouco despois Juan marchará a Tetuán cos seus tíos e ata 1946 non volverá a Galicia. Entón quería viaxar por todo o mundo e o seu tío, comandante de Mariña, apoia ese afán porque consideraba que era «imprescindible e necesario» para a súa formación. Como grumete irá ata a costa irlandesa, á pesca do bacallau. A súa aficción a viaxar e ao mar levarano a estudar naútica en Coruña e Cádiz e logo a facer o servizo militar no «Juan Sebastián Elcano», co que deu tres voltas ao mundo. Daquelas viaxes traerá tantos recordos que lle darán para escribir tres libros: Ponte de cáñamo, Gran cabotaje e Irmán tolo.
En 1960 recibe o Premio de Narrativa Santo Tomás de Aquino, da Universidade da Lagoa, pola novela Despois amence.
Este premio reforzará a súa idea de ser escritor. Instálase en Madrid e matricúlase na Escola de Cine, buscando un camiño novo no que non progresa así que volve á literatura, aínda que traballa para a televisión, radio, e distintas publicacións o que lle permitirá crear unha familia que moi pronto será numerosa. ¡Ese será o seu gran e amado barco!
No 1963 é finalista do Premio Nadal con Os buscadores de auga, logo en 1964, premio Cidade de Oviedo pola novela Os nenos numerados .
En 1972 Crónicas dun pobo, a serie de TVE para a que escribe os guións, recibe o Premio Nacional de Televisión, o Premio Antena de Ouro, o Premio Ondas e o Premio TP de Ouro de Televisión e ao ano seguinte a Rosa de Ouro do festival de Montreux e a Mención Especial da Crítica Internacional do Festival de Hollywood e a nominación para o Premio EMMY entre outros galardóns.
No 1977 decide deixar de escribir para adultos e métese no mundo dos nenos para os que publica O can sen rabo, e O mapa e os paxaros. Logo virán: Algúns nenos, tres cans e máis cousas ou Carmela, e retoma o camiño dos contos porque precisa recuperar o seu optimismo vital e porque pensa que: "ou se escribe para ser feliz ou mellor deixalo"
En 1980 Premio Nacional de Literatura Infantil, concedido por Algúns nenos, tres cans e máis cousas, súmase á súa extensa lista de galardóns.
Despois publicará: Un testo cheo de lapis, Anos Difíciles, O barco dos peregrinos, a A illa das mazás, Os fillos do capitán, O neno que sabía ler, libro de lectura escolar, O neno que veu co vento, O fillo do xardineiro. Os pequenos nazis do 45 e O estanque das libélulas mentres seguía recibindo premios e nominacións e sobre todo seguía escribindo.
Juan comezou a crear o seu pequeno gran universo literario fai medio século. Nel están presentes a ambición, a tenrura, a envexa, a lealdade, o amor a inocencia, a inxustiza, a vida e a morte como actos cotiáns en escenarios reais descritos con precisión porque ao autor só lle interesaba o esencial.
Juan, que chegou coa primavera, coa primavera..... ausentouse. ¡Boa singladura, amigo!

9/6/11

MORRE A MENORIA DUN SÉCULO

A noite do sete de xuño, morreu en París Jorge Semprún. Tiña 87 anos e todos os recordos do século XX na súa sempre preclara cabeza.
Jorge pertencía á clase alta española. Era fillo de Susana Maura, polo tanto neto, de Antonio Maura, político conservador varias veces presidente do goberno español durante o reinado de Alfonso XIII e de José María Semprún e Gurrea, profesor e xurista republicano.
En 1939, rematada a Guerra Civil Española, pasada na Haia, onde o seu pai era Embaixador de España, a familia trasládase a París, desde 1941, Jorge cursou estudos de Filosofía na Universidade da Sorbona.
Durante a Segunda Guerra Mundial, na Francia ocupada polos nazis, o mozo Semprún combateu cos partisanos da Resistencia, como moitos outros españois refuxiados en Francia. En 1943, tras ser denunciado, foi detido, torturado e posteriormente deportado ao campo de concentración de Buchenwald, tiña entón 20 anos e a estancia no campo marcaría a súa vida ata o punto de dicir nunha entrevista no 2000 que: Eu teño dentro da miña cabeza, vivo, o cheiro máis importante dun campo de concentración. E non podo explicalo. E ese cheiro vaise a ir comigo como xa se foi con outros
A súa obra, fundamentalmente memorialista e autobiográfica, permite reconstruír momentos clave da vida do escritor lendo cronoloxicamente uns libros que non foron escritos respectando esa orde: a adolescencia no exilio da Guerra Civil en Adeus, luz de veráns..., a resistencia antinazi e a experiencia de Buchenwald en A longa viaxe, Vivirei co seu nome, morrerá co meu, e sobre todo Aquel domingo , Despois veu a expulsión do Partido Comunista de España: Autobiografía de Federico Sánchez, o nome baixo o que se ocultaba, ou o período como ministro de Cultura na segunda lexislatura de Felipe González: Federico Sánchez despídese de vostedes.
Semprún, foi tamén autor de guións de cine para directores como Alain Resnais A guerra rematou ou Costa Gavras Z e A confesión. O feito de que escribira a maior parte da súa obra en francés privouno de simpatías en España aínda aue. nunca perdeu, con todo, a nacionalidade española.
O 11 de abril do ano pasado, o escritor acudiu por última vez a Buchenwald para pronunciar un discurso. Celebrábase o 65º aniversario da liberación do campo e o escritor dicía: "Por última vez, pois, o 11 de abril, nin resignado a morrer nin angustiado pola morte senón furioso, extraordinariamente irritado pola idea de que pronto xa non estarei aquí, no medio da beleza do mundo ou, pola contra, no súa grisácea insipidez -que neste caso concreto son a mesma cousa-, por última vez, direi o que teña que dicir". Fíxoo. Alí recordou aos nenos xudeus que, en 1945, foron levados dende Polonia a Weimar ante o avance do exército ruso. Entre eles estaban algúns grandes escitores de hoxe . "Todas as memorias europeas da resistencia e do sufrimento", dixo, "só terán, como último refuxio e baluarte, dentro de dez anos, á memoria xudía do extermino. A máis antiga memoria daquela vida, xa que foi, precisamente, a máis nova vivencia da morte".

Coa desaparición de Semprún pérdese unha memoria do século. O resto está na súa obra. No seus libros, cheos de vida e de amor á vida, cheos tamén das lecturas que lle serviron de refuxio. Dunha desas lecturas é esta cita: "Estou seguro de que a miña morte recordarame algo...". Iso debeulle ocorrer a Semprún que descansará para sempre na Francia que o acolleu.

6/6/11

NAS ÚLTIMAS HORAS





Estanse achegando os exames finais e iso vainos obrigar a deixar a HORA de LER, mais para que poidades seguir soñando, queremos que os carteis que anuncien a derradeira deste curso sexa un fermoso unicornio, o da esquerda.


E xa que falamos de UNICORNIOS imos deixar tamén unha fermosa curta que atopamos nun blog amigo, en "Trafegando ronseis", como case sempre. Gracias a Gracia e a Anxo
Non está traducida pero non fai falta ....


1/6/11

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

"Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?".


Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)

29/5/11

RECITANDO

OS NOVOS POETAS GALEGOS.
FRAN CORTEGOSO



FRAN CORTEGOSO NO SEU INSTITUTO

FRAN CORTEGOSO




17/5/11

Máis sobre LOIS


E este debemos agradecerllo ao CEIP de "Andrade"

LOIS PEREIRO

A Biblioteca "Saturnino Hermida" do IES Concepción Arenal de Ferrol cédenos esta preciosa e significativa presentación:
LoisPereiro1_Intro


View more presentations or Upload your own.

LOIS MUSICADO

LOIS PEREIRO


Luis Ángel Sánchez Pereiro, LOIS PEREIRO , naceu en Monforte de Lemos en 1958, no seo dunha familia "atípica ". O seu pai era licenciado en Dereito e traballou de avogado pero non estaba a gusto na profesión e decidiu montar unha cristalería. A súa nai foi mestra na República. Na súa casa amaban os libros por iso Lois e os seus irmáns: Xosé Manuel e Inés, tiñan conta nas librerías de Monforte. Din que a súa era unha familia que cría na igualdade e liberdade entre os membros a pesar de vivir nunha vila e baixo a dictadura franquista. Lois estudou bacharelato no colexio dos Escolapios de Monforte, onde vivía agás nos veráns que pasaba en O Incio, coas avoas Balbina e Emilia, o avó Manuel e o tío Pepe. Rematou o bacharelato, e con 17 anos marcha a Madrid a estudar Socioloxía, pero, ao parecer, non era o seu, así que volve a Monforte e traballa na empresa do pai un tempo, logo volve á capital do Estado para estudar idiomas. Alí con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel funda, a revista Loia. En Madrid, entre 1975 e 1978, escribiu Poemas para unha Loia, libro póstumo que recolle versos publicados na revistado mesmo nome. En Madrid tamén gozou da Transición e a Movida; partiu cara a Centroeuropa onde descubriu as novas vangardas. Volveu trazando plans de futuro ata que en 1981 o veleno da enfermidade entrou no seu corpo e na súa vida para levalo a "durmir non desastre". Enfermo, de volta en Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas e participou en varias antoloxías coma De amor e desamor e colaborou non mantemento dá revista Luzes de Galiza, onde publicaría os oito primeiros capítulos dá novela inconclusa Naúfragos do Paraíso. En vida só publicou dous poemarios: Poemas 1981/1991 e Poesía última de amor e enfermidade
O 24 de maio de 1996, despois de doce anos de loita contra a enfermidade sida? envelenamento por aceite de colza? acabou coa súa pobre resistencia. Os seus osos repousan nun outeiro da alta montaña de Lugo no Incio. Moi preto do camposanto, prosegue en pé a casa familiar onde xogou, leu e argumentou de neno, cando comezaba a descubrir o mundo. Sobre a súa tumba o epitafio que el mesmo escribiu:
Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.

O poeta resucitado


More PowerPoint presentations from Biblioiris


RECURSOS AQUÍ (Letras Galegas 2011)


16/5/11

LETRAS GALEGAS 2011

Diante do perigro que está a espreitar á nosa Lingua, precisamente no Día das Letras Galegas, ese que non debería existir porque todos os días debían ser do galego e en galego, un grupo moi numeroso de Bibliotecas Escolares de Galicia decidiron xuntar para SALVAR aqueles libros escritos en galego e por galegos que desexan gardar na aldea dos homes e mulleres-libro. O resultado recollémolo nos documentos que seguen.

Queremos dar as grazas a cantos contibuíron a este "salvamento", a todas as bibliotecas e persoeiros e en especial, ao deseñador dos cartaces, a Jaime Eizaguirre Santillán, que colaborou desinteresadamente dándonos unha parte do seu tempo. Se queredes saber cousas do noso deseñador só tedes que ir aos enlaces.

SALVADOS en PRIMARIA


SALVADOS en INFANTIL


SALVADOS por PERSOEIROS E SECUNDARIA

30/4/11

O GALEGO, LINGUA MINORITARIA?

Achégase maio, o mes das Letras Galegas "oficialmente", porque todos os meses o son ou deberían selo, por iso imos deixar aquí este vídeo. Mirade con atención porque hai datos que seguro que non coñecedes.



28/4/11

ANA MARÍA MATUTE PREMIO CERVANTES



A escritora recibiu onte, mércores, no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares, o Premio Cervantes de mans do Rei Juan Carlos I. Trátase dun premio que recoñece toda a súa carreira profesional. A galardoada falou da súa gran paixón: a Literatura facendo alusión da súa "emoción, alegría e felicidade" por este recoñecemento.
Juan Marsé, que foi membro do xurado deste premio, para o que Ana María Matute levou tantos anos "nominada", destacou a sorprendente conxunción entre o realismo e o fantástico na súa obra.
Lembramos que mundo de Ana María Matute foi sempre o da infancia tanto nas súas novelas para adultos como no relato curto e , dende logo, nos contos para nen@s, eses contos atípicos nos que hai malos malísimos que non se arrepinten de selo.
A autora catalana é terceira muller merecedora do premio é, logo de María Zambrano e Dulce María Loynaz, a primeira narradora que o obtén. Todo un eloxio a unha devoción, a un xeito de vivir, de transmitir sabedoría e beleza en prosa


Lembremos que Ana María tamén foi a terceira muller que ocupou un sillón na Real Academia Española, despois de Carmen Conde e Helena Quiroga, non podemos esquecer que os sillóns da Real Academia Española da Lingua non parecen estar feitos para mulleres tendo en conta que despois de case tres séculos só tres mulleres puideron sentarse nun.

Ana María, deberiamos dicir, dona Ana María, pronunciou un fermoso discurso no que dixo que a súa vida era de papel porque viviu case sempre para os libros, para lellos e para escribillos, para emocionarse cn eles e paara facer que nos emocionemos con eles e con ela. No enlace podedes ler todo o discurso e máis cousas pero hai dúas frase moi fermosas que quero deixar aqui:


San Xoán dixo : "o que non ama non vive" e eu atrévome a dicir: "o que non inventa non vive"


A literatura foi e segue sendo ofaro salvador de moitas das miñas treboadas.


Lede o se discurso porque veredes que é certo, que a literatura é un faro capaz de alumear en calquera tempestade.

A FONSAGRADA

No IES "Fontem Albei" de Fonsagrada non paran de producir vídeos interesantes. Aquí deixamos o que levou o premio de Correlingua 2011. Porque eles o merecen e a nosa lingua tamén:




22/4/11

DÍA DA TERRA





Fai 40 anos, o 22 de abril de 1970, o senador estadounidense Gaylord Nelson propuña a declaración do Día da Terra, unha xornada ambientalista destinada a crear conciencia ante os perigos da contaminación global que ameazan ao planeta Terra.
Polo que sabemos a Terra é un lugar especial, non só dentro do Sistema Solar, senón no Universo enteiro. Para que a vida se desenvolva para que sobrevivamos, ten que darse unha combinación de fenómenos incriblemente complexa e rara. A singularidade da Terra, a súa especial localización respecto ao Sol, a existencia de elementos sólidos e líquidos, a creación dunha atmosfera protectora, e unha infinidade de factores fan do noso planeta un escenario irrepetible para a vida.
Pero os homes explotamos os seus recursos sen máis preocupación que satisfacer as nosas necesidades e egoismos, sen previsión de futuro, pensando que eran inesgotables, que sempre ían estar aí. Agora sabemols que non é así e que as nosas accións rresponsables están a acabar con ela.
aínda estamos a tempo si tomamos conciencia da nosa responsabilidade cara ao futuro pero:
Que pensas facer ti neste Día da Terra para contribuir a que non se siga destruindo? Comezarás finalmente a reciclar o que descartas como lixo? deixarás de usar tanto plástico? consumirás menos electricidade? controlarás a auga que consumes? deixarás de tirar lixo en calquera lugar? axudarás a controlar o uso de pesticidas e de deterxentes permiciosos para a natureza? Son só algunhas das moitas preguntas que poderíamos facerche.


21/4/11

MANUEL LOURENZO

Dentro de pouco vai facer un ano que Manuel Lourenzo se achegaba a nosa biblioteca para contarnos que: hai países que se moven e baleas tan grandes que se arrastran polo fondo do mar e o seu lombo sobresae, como unha illa na que hai árbores, animais e mesmo: seres humanos normais que teñen as súas historias, esas historias orixinais e únicas, historias que Manuel tan ben conta e escribe. Pois por unha historia desas, unha historia nova que aínda non lemos, acaba de serlle outorgado o premio Barco de Vapor. Queremos darlle os nosos parabéns dende aquí e lembar o ben que o pasamos escoitándoo.

15/4/11

Onte, 14 de abril, cumpriuse o oitenta aniversario da proclamación da II República Española, con ela chegaba a democracia e grandes ilusións transformadoras e modernizadoras. Entre esas "ilusións" estaba a de levar a educación a a cultura a os pobos, ata os máis remotos e esquecidos da España rural, triste, atrasada e analfabeta. Desa tarefa encargáronse as MISIÓNS PEDAGÓXICAS, algo que nos queda lonxe e do que moit@s pouco saben, para informarnos, sequera sexa someramente, aquí quedan estes vídeos:


Ao rematar o 1º pinchade no 2º e logo no 3º para ver a serie completa.

En Galicia tamén houbo Misión Pedagóxicas. Os nosos compañeiros de PLAMBE traballaron moitp para saber delas, por iso imos deixar un enlace co biblioteca Milladoiro de Malpica, dende o que podedes acceder a moita máis información. Grazas Olga polo traballo ben feito. Apoveitade a información porque é de primeira calidade.

14/4/11

DÍA do LIBRO

O vindeiro 23 de abril celébrase o Día do Libro, como estamos de vacacións teremos que pospoñer a celebración pero queremos deixar aquí, como mostra de que as bibliotecas galegas non o esquecen o fermoso marca páxinas que nos agasallan dende a Asesoría de Bibliotecas de Galicia e o poema de Carlos Negro que o acompaña. Non deixedes de lelo.


Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.

Carlos Negro

12/4/11

A pasada fin de semana tiveron lugar no Pazo de Congresos de Santiago, os "Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia" incluídas no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) no que levamos xa tres cursos por sorte para nós e para o noso centro. Aínda que por razóns estrictamente persoais non que a encargada da nosa biblioteca asistira en directo – si que o fixo on line porque sabía que había moito que aprender- estivemos moi ben representados pola nosa vicedirectora: Carmen Souto que volveu chea de ideas, como non podía ser menos e moi satisfeita tanto da organización como da experiencia vivida. Inaugurou as xornadas o Conselleiro de Educación que compartiu mesa con alguén a quen case tod@s coñecedes, por tivemos a sorte de que fora director do noso centro durante uns anos, falamos de José Manuel Piñal, hoxe Director Xeral de Recursos Humanos na Consellería de Educación. Houbo moitas e moi interesantes ponencias e un remate especial, unha charla a cargo de Xosé Neira Vilas, o autor de "Memorias dun neno labrego", o libro que protagonizou a xornada especial dedicada ao Día do Libro na nosa biblioteca, xusto o mesmo día en que o seu autor falaba de libros, animación á lectura e lectores mozos, para as bibliotecas galegas dende Santiago.

No enlace podedes ver e escoitar todas as cousas interesantes que ocorreron alí.















9/4/11

ÁLVARO CUNQUEIRO

Para facer notar o Centenario do seu nacemento no noso centro fixemos unha exposición sobre a biografía do autor mindoniense e unha exposición de libros na que compartiu protagonismo con Basilio, o "Neno Labrego" que cumpliu a media centuria e outros protagonistas de Neira Vilas, con Castelao que naceu hai 125 anos e con Lois Pereiro, o poeta do ano.

1º Centenario de nacemento de...



Posto que Don Álvaro era mindoniense e coñecemos pouco aquelas terras elaboramos unha guía que nos achega a Mondoñedo e ás súas terras:.Serviunos para estudar xeografía física, xeografía urbana e algo de historia. MONDOÑEDO



5/4/11

CLUBS DE LECTURA NO SAHARA

Dende a Biblioteca "As Mariñas" de Betanzos chega esta fermosa nova, no medio das areas do deserto medran lector@s, rapac@s sen "nada" máis que que imaxinación e ganas de aprender, con ilusións, poetas desposuídos de todo o que non sexan os seus SOÑOS. Aquí queda o que nos contan e se queredes máis só tedes que premer no enlace
Los clubes de lectura siguen creciendo. Contra el siroco, contra un calendario escolar que hace que la mitad de los días del mes sean inutilizables, contra las vacaciones que dispersan a los niños. Hace dos días, reunimos en el Nido a algunos de los “Poetas por la Libertad de Mahbes” y a las “Pink ladies” de Farsía (el club de Kabara Selma), para tener un encuentro con Luali, el poeta de la generación de la amistad. Luali leyó, explicó con serena belleza de dónde nace un poema, cómo se construye… Y entre todos los niños surgió el arranque de una poesía simple y diáfana, como si escucharan la voz del sol. Después, Luali siguió, hasta que en el aire se tejió este hermoso poema:


“Me dice el sol cada mañana

Levántate,

Te doy mi calor,

Inundaré de luz tu pequeño mundo.

Y orientaré tu mirada

Hacia una nueva mañana

De esperanza.

Meceré tu cuerpo de niño

En mis cálidos brazos

Hasta que duermas.

Y mañana,

Como cada mañana,

Te diré levántate

Y te volveré a dar mi calor.

Y así Hasta el fin de tus días.

Haz que mi luz

No se darrame en vano.”

(Luali, y los niños de Farsía y Mahbés, 21 de marzo de 2011, en “La curva” de El Nido.)

Aquí é onde viven, o que vedes todo o que teñen. As súas familias foron arrincadas do fogar, da terra e metidas en campamentos de refuxiados nos que van construindo fogares provisionais e malvivindo coa esperanza no retorno á terra propia.

Sobreviven agardando.... que se faga xustiza!

Pero o mundo cala aínda que:

"Un beso,


Solamente un beso,


Separa la boca de África


de los labios de Europa"


Liman Boisha

2/4/11

PARA CURIOS@s E AMANTES DA LITERATURA

Unha curta "triste": El fabricante de pelucas, de Steffen Schäffler.
Trátase dunha curtametraxe de animación estreada no ano 2000 en cuxa realización os creadores investiron , nada máis e nada menos que dous anos. Mágoa que a calidade da imaxe en Youtube non lle faga xustiza a esta preciosidad baseada nunha historia de Daniel Defoe. A verdade é que a curta abre a posibilidade de moitos interrogantes que invitan ao debate e á reflexión e, por que non?, á imaxinación!


30/3/11

2011. ANO INTERNACIONAL DA QUÍMICA

A Química é algo máis que unha materia díficil de aprobar, mirade este vídeo con atención para entendelo:


A Química tamén ten Historia. Aquí tedes un resume mi resumido, claro:



A química esta preesente no lume, entre outros elementos que empregamos todos os días na nosa vida.
Sobre o descubrimimento do lume hai un fermoso mito do pobo "uitoto". Os uitoto, huitoto, witoto o güitoto son unha comunidade ou etnia indíxena da Amazonía colombiana e peruana, cuxo territorio orixinario atopábase na parte media do río Caquetá e os seus afluentes e na zona selvática que vai ata o río Putumayo. Na actualidade están dispersos en varias rexións do Amazonas medio de Colombia e na fronteira de Perú con Colombia. Este é o seu mito:

27/3/11

SE TI MESMA POR RIBA DE TODO

De Trafegando Ronseis tomamos esta curta que todas debedes ver para aprender unha leción importante: ser vós memas, que ninguén vos faga á súa imaxe. É unha mensaxe en feminino, pero pódese aplicar a calquera, só hai que cambiar algúns termos.

25/3/11

ABRAHAM CARREIRO

Abraham Carreiro naceu en Vigo pouquiños anos. Estudou un ano na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, logo catro años de Artes Gráficas na Escola Joso de Barcelona e un ano de especialización en Ilustración na Escola Massana da mesma cidade.
Leva catro traballando como ilustrador de contos infantís, creador de carátulas para DC, logos para empresas e tamén facendo ilustración político-social para a prensa aínda que debuxa dende sempre, case que dende que naceu porque o seu pai entretíñao dándolle un lapis e un papel. A afección venlle de caste, lévaa nos xens.
É un rapaz moi ocupado pero onte fixo un esforzo e pasou dúas curtísimas horas co alumnado de 3º de ESO na nosa biblioteca.
Poucas actividades teñen un éxito tan rotundo. Pasárono tan ben que non querían marchar.
Abraham



More PowerPoint presentations from aSGuest91555
Gustounos esta imaxe de cores quentes aínda que non é o "mexicano"