A pasada fin de semana tiveron lugar no Pazo de Congresos de Santiago, os "Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia" incluídas no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) no que levamos xa tres cursos por sorte para nós e para o noso centro. Aínda que por razóns estrictamente persoais non que a encargada da nosa biblioteca asistira en directo – si que o fixo on line porque sabía que había moito que aprender- estivemos moi ben representados pola nosa vicedirectora: Carmen Souto que volveu chea de ideas, como non podía ser menos e moi satisfeita tanto da organización como da experiencia vivida. Inaugurou as xornadas o Conselleiro de Educación que compartiu mesa con alguén a quen case tod@s coñecedes, por tivemos a sorte de que fora director do noso centro durante uns anos, falamos de José Manuel Piñal, hoxe Director Xeral de Recursos Humanos na Consellería de Educación. Houbo moitas e moi interesantes ponencias e un remate especial, unha charla a cargo de Xosé Neira Vilas, o autor de "Memorias dun neno labrego", o libro que protagonizou a xornada especial dedicada ao Día do Libro na nosa biblioteca, xusto o mesmo día en que o seu autor falaba de libros, animación á lectura e lectores mozos, para as bibliotecas galegas dende Santiago.
No enlace podedes ver e escoitar todas as cousas interesantes que ocorreron alí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario