Páginas

31/10/10

MIGUEL HERNÁNDEZ

Onte, 30 de outubro, como sabedes, cumplíronse os 100 anos do nacemento do grande poeta que foi Miguel Hernández. O curso pasado traducimos algún dos seus poemas, fixemos unha exposición cos seus libro e con outros relacionados con el e recitamos, pero hoxe queremos volver a lembralo porque o merece, porque foi un home sinxelo e un amante da lectura, porque, sen formación académica, dende o seu posto de vixía das ovellas, perdido no monte leu e leu e chegou a ser o autor de poemas que nos emocionan tanto como o que segue:




Para ver moito máis só tedes que ir aquí, en Trafegando ronseis sempre hai moito que ver e aprender.

27/10/10

UNA HABITACIñON EN BABEL

A Torre é o edificio más alto do pobo, un edificio triste e inhumano no que viven tantas persoas como na bonita urbanización de "adosados" que acaban de rematar de construír nas aforas.
Na Torre viven amoreadas xentes de todos os tipos, cada un e cada unha coa súa historia ás costas, historias boas e historias malas. Unhas comezan a abrirse e están a piques de pecharse. Na Torre viven Ángel e Gil, Nor e Berta, Rashid e Stefano. Cada un na súa habitación, coa súa historia e o seu acento, pero to@s están obrigados a entenderse porque un bo día descobren que en realidade pertencen a unha mesma historia e teñen que entenderse.
Ao longo das súas páxinas vemos entretecerse as vidas dos personaxes metidos nesa historia das historias de inxustiza, pobreza e inmigración, nun escenario común e nun tempo comúns.

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Outro premio literario neste fermoso otono que disfrutamos. Esta vez está moi cerca de tod@s vós xa que se trata do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi concedido a un vello coñecido: Eliacer Cansino por unha novela que tiñamos exposta aínda ata hoxe a mañá nos andeis da entrada da Biblioteca: Una habitación en Babel. En canto estea de volta ao seu sitio invitamos a que a collades porque é unha fermosa novela para xente moza!
Se picades sobre o nombre do autor e entraredes na súa páxina, por certo moi interesante.

MOCHILAS VIAXEIRAS


A pasada fin de semana saíron cara aos fogares de dezaoito nen@s de 1º de ESO, as Mochilas Viaxeiras cargadas de sorpresas: piratas feros e doces damas, meigas e trasgos, princesas e xente corrente. Esperan ser ben acollidas e volver cargadas coas impresións das familias de acollida expresadas nos cadernos de bitácora que levan a bordo.
Soñamos con lles gusten e con que nos axuden a facer cada vez mellor o noso traballo.
Boa viaxe

26/10/10

DÍA DAS BIBLIOTECAS

"¡Enviadme libros, libros, muchos libros para que mi alma no muera!"
Dostoyevsky



Como tod@s sabedes o pasado día 24 celebrouse o Día das Bibliotecas. Como andabamos ocupad@s en moitas cousas, nos celebrámolo a retrotempo coa primeira saída das Mochilas Viaxeiras deste curso, unha Hora de Ler más longa, novidades na Biblioteca e a presentación da mesma que se vos entregará en breve por problemas coa impresora. Tamén en certo modo, coa visita dos pais e nais dos alumn@s de 1º ao Instituto e á Biblioeca. Pero agora queremos que leades con calmiña o texto que segue porque é dun gran poeta e porque ten razón aínda que as veces non creades que sexa así.
Hai 79 anos, un día se setembro, Federico García Lorca inauguraba a biblioteca o seu pobo: Fuente de Vaqueros.
Coa súa graza andaluza pero con moita seriedade pronunciaba o discurso que segue:

Medio pan e un libro

"Cuando alguien va al teatro, a un concierto o a una fiesta de cualquier índole que sea, si la fiesta es de su agrado, recuerda inmediatamente y lamenta que las personas que él quiere no se encuentren allí. ‘Lo que le gustaría esto a mi hermana, a mi padre’, piensa, y no goza ya del espectáculo sino a través de una leve melancolía. Ésta es la melancolía que yo siento, no por la gente de mi casa, que sería pequeño y ruin, sino por todas las criaturas que por falta de medios y por desgracia suya no gozan del supremo bien de la belleza que es vida y es bondad y es serenidad y es pasión.

Por eso no tengo nunca un libro, porque regalo cuantos compro, que son infinitos, y por eso estoy aquí honrado y contento de inaugurar esta biblioteca del pueblo, la primera seguramente en toda la provincia de Granada.

No sólo de pan vive el hombre. Yo, si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle no pediría un pan; sino que pediría medio pan y un libro. Y yo ataco desde aquí violentamente a los que solamente hablan de reivindicaciones económicas sin nombrar jamás las reivindicaciones culturales que es lo que los pueblos piden a gritos. Bien está que todos los hombres coman, pero que todos los hombres sepan. Que gocen todos los frutos del espíritu humano porque lo contrario es convertirlos en máquinas al servicio de Estado, es convertirlos en esclavos de una terrible organización social.

Yo tengo mucha más lástima de un hombre que quiere saber y no puede, que de un hambriento. Porque un hambriento puede calmar su hambre fácilmente con un pedazo de pan o con unas frutas, pero un hombre que tiene ansia de saber y no tiene medios, sufre una terrible agonía porque son libros, libros, muchos libros los que necesita y ¿dónde están esos libros?

¡Libros! ¡Libros! Hace aquí una palabra mágica que equivale a decir:"amor, amor", y que debían los pueblos pedir como piden pan o como anhelan la lluvia para sus sementeras. Cuando el insigne escritor ruso Fedor Dostoyevsky, padre de la revolución rusa mucho más que Lenin, estaba prisionero en la Siberia, alejado del mundo, entre cuatro paredes y cercado por desoladas llanuras de nieve infinita; y pedía socorro en carta a su lejana familia, sólo decía: ‘¡Enviadme libros, libros, muchos libros para que mi alma no muera!’. Tenía frío y no pedía fuego, tenía terrible sed y no pedía agua: pedía libros, es decir, horizontes, es decir, escaleras para subir la cumbre del espíritu y del corazón. Porque la agonía física, biológica, natural, de un cuerpo por hambre, sed o frío, dura poco, muy poco, pero la agonía del alma insatisfecha dura toda la vida.....



22/10/10

A ESCOLA

Non sempre foi como é hoxe. Para que poidades ter unha idea aproximada. Viaxamos a Friol e aos anos setenta, só corenta anos atrás. Quedamos en deuda con "Trafegando ronseis".


21/10/10

BIBLIOBURRO

Hai nen@s e demais gentes que non poden acceder a unha biblioteca pero queren ler e querer é poder. Nós, que temos case de todo non lle prestamos a atención debida. Podemos aprender un pouco del@s así que atención á Biblioburro.

19/10/10

A MEMORIA DA LINGUA....

Este avance ven ata nos da man de Gracia, como non? Grazas.


17/10/10

NOVO PREMIO LITERARIO

O outono é tempo de "premios literarios". Hai uns días traiamos aquí ao Nobel: Vargas LLosa, hoxe traemos a un español de verdade, de orixe e traxectoria
"... dentro duns anos ... ninguén se lembrará de min, nin de ti, Fabio, porque todo decae, desaparece e pérdese no esquecemento, agás a grandeza inmarcesible de Roma." Así remataba unha divertida e grande obra literaria titulada: El asombroso viaje de Pomponio Flato cuxo autor EDUARDO MENDOZA vén de obter un dos premios máis prestixiosos e mellor dotados economicamente a nivel nacional: o 59° Premio Planeta. Vai ser difícil esquecerse deste autor.

A obra gañadora titúlase Riña de gatos. Madrid 1936. Está ambientada en Madrid na primavera previa ó golpe de Estado, segundo declaracións do propio Mendoza: "Tenemos que asumir la Guerra Civil entre todos", porén, o propio escritor encargouse de aclarar: "No es una novela con mensaje político, sino con trasfondo político (...) que toca sobre todo dilemas morales".
Como sabedes tod@s os que xa lestes: La verdad sobre el caso Savolta, El misterio de la cripta embrujada ou El asombroso viaje de Pomponio Flato, Eduardo Mendoza é un escritor que domina a intriga e que sabe darlle un toque de humor, as veces negro, ata ás situacións máis terribles para facer que disfrutemos dunha literatura de calidade divertíndonos e aprendendo.
Así falou o autor ao recoller o premio:

Eduardo Mendoza gana el Planeta 2010


UN POEMA DE AMOR Á TERRA


A mañá é tan fermosa que pega a pena ler un poema que nos aconsella seguir mantendo esta fermosura:

Un non escolle

Un non escolle o país onde nace;
mais ama o país onde naceu.

Un non escolle o tempo para vir ao mundo;
mais debe deixar pegadas do seu tempo.
ninguén pode evadir a súa responsabilidade

Ninguén pode tapar os ollos, os oídos,
enmudecer e cortar as mans.

Todos temos un deber de amor que cumprir,.
unha historia que nacer
unha meta que alcanzar.

Non escollemos o momento para vir ao mundo:
Agora podemos facer o mundo
no que nacerá e medrará
a semente que trouxemos connosco.
Gioconda BELLI (traducida)

14/10/10

RECURSOS EN MEIGA

Como tod@s sabedes, porque se pasou información polas aulas, a nosa Biblioteca esta na rede de Bibliotecas que emprega o Programa Meiga para catalogar os seus recursos, ademais de estar no Plan de Mellora de Biblotecas Escolares (PLAMBE) de Galicia.
Como ususarios/as do Meiga temos acceso a unha chea de valiosísimos recursos electrónicos que non debemos desaproveitar. desde a casa, desde o centro... cando buscamos información podemos botar man destes recursos en liña. Para elo, debes saber o teu número de lector e ter un contrasinal. Se pasades pola Biblioteca actualizamos isto e xa podedes entrar. De momento podedes ver como o fan na Biblioteca Ánxel Casal de Satiago. Prestade moita atención.


12/10/10

RICARDO CARBALLO CALERO

Se hai dous días falabamos dun escritor recoñecido internacionalmente pola súa traxectoria como novelista, hoxe imos falar dun heroe das letras galegas, dun home case esquecido, dunha sombra á que debemos moito aínda que poucos o recoñecen. Este pequeno-grande home chamouse Ricardo Carballo Calero e naceu hai cen anos.

Carballo Calero naceu en Ferrol o 30 de outubro de 1910, foi licenciado en Dereito y en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago e Doutor pola de Madrid. Membro n da Real Academia Galega, e o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade compostelá.
Fixo Bacharelato en Ferrol e en 1926 vaiestudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servizo militar a Santiago. Alí entrou en contacto co galeguismo, co Seminario de Estudos Galegos e comezou a súa intensa militancia política. En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribuíu ao anteproxecto do Estatuto de Galicia.
Entre 1933 a 1936 gaña unha praza de auxiliar administrativo do Concello de Ferrol. Nestes anos colaborou nas máis destacadas revistas literarias: e comezou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en castelán e logo en galego.
Licenciouse en Filosofía e Letras no 1936 en Santiago. A sublevación del 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid cando opositaba a profesor de Lingua e Literatura Española. Carballo mantívose fiel á República, e co batallón Félix Bárzana participou na defensa de Madrid. Rematado o conflicto, foi condenado por un consello de guerra a 12 anos de cadea por separatista e enviado ao cárcere de Xaén.
En 1941 saíu en liberdade provisional e volveu a Ferrol, pero inhabilitado para exercer calquera función pública, tivo que aceptar a axuda de Fernández López e traballar na educación privada.. Durante estes anos desenvolveu un interesante traballo de investigación que comezou coa súa tese de doutoramento Aportaciones a la literatura gallega contemporánea que tivo como consecuencia a publicación da Historia da literatura galega contemporánea.
Dende 1958 foi membro da Real Academia Galega e en 1965 foi autorizado a exercer docencia como agregado de instituto no IES Rosalía de Castro de Santiago. Ao mesmo tempo comezou a dar clases de Galego na Universidade. Sete anos despois accedeu á cátedra de Lingüística y Literatura Galega.
Foi un home preocupado sempre pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que atopou no seu camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento reintegracionista, o que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. No 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa gallega por Scórpio.
Morreu Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990 deixando detrás unha ampla produción literaria.

Este é un dos seus poemas.
Alto nome
Nome de suave lenzo e branco liño,
paisaxe onde nevou rosas xeadas,
primavera callada en amor mozo.
Cantas fuxidas, cantos calafríos
entre ti e máis eu levantaron a nosa ponte
Ponte de prata ou tea de araña, doce,
onde ao amencer a néboa se bambea.
A miña vida é un achegarse á túa.
Ao morder a primeira froita de oro,
o zume polos beizos esvaraba.
Era a paixón como unha noiva antiga.
Nome de limpo vidro e aire peneirado,
na soidade axeonllada acendido,
de campá en campá polos campos voas.
Como un animal sagrado vagabas;
alto zunido de outonos esquecidos
baixo os teus pés, arcanxo dos pés brancos.
Esparexendo luz e cheirando a flor,
Planeas sobre min, anxo en ruínas.
Que brisa, que amor, que pena esfollada,
que fonte dourada ou que cristal de estrela
soña teus soños cando estou durmido?
Ao latexarche o corazón de vento,
florezo baixo as túas ás núas.

De: Anxo de terra

10/10/10

PREMIO NOBEL

O mes das Bibliotecas é tamén o do anuncio da concesión do premio Nobel de Literatura.
O día 7 de outubro a Academia Sueca anunciaba que o escritor peruano Mario Vargas Llosa era o gañador do Premio Nobel de Literatura 2010.
A noticia foi unha sorpresa porque non figuraba entre os primeiros aínda que era un dos eternos aspirantes ao galardón.
Trátase do primeiro escritor en lingua española que gañou o premio nos últimos vinte anos xa que o anterior recibiuno no 1990 o mexicano Octavio Paz.
Vargas Llosa fíxose famoso nos anos 60 con novelas como La ciudad y los perros (1962), La casa verde (1965), e a monumental Conversación en La Catedral (1969).
Entre as súas novelas hai comedias, novelas policiacas, novelas históricas e políticas. Varias delas, como Pantaleón y las visitadoras (1973) e La tía Julia y el escribidor (1977), que foron levadas ao cine.
Vargas Llosa foi un personaxe politicamente activo ao longo da súa carreira, ademais de ser un escritor duro e controvertido. Ten dobre nacionalidade peruana e española.
Foi e segue sendo amante das viaxes, da boa vida e dos cambios de residencia e actividade e neste momento da clases na Universidade de Princeton, nos Estados Unidos.
Vargas Llosa anunciou que irá recoller o seu premio a Estocolmo o 10 de decembro porque está moi orgulloso de recibilo.
Un dos grandes da literatura galega: Agustín Fernández Paz deixanos a súa opinión sobre o recente Nobel autor e a súa obra nun dos poucos medios que segue a empregar o GALEGO como lingua de comunicación: O Xornal. Só tedes que premer no enlace para saber que pensa.
*No enlace da súa primeira novela importante podedes lela.

Aquí podedes escoitar a Vargas Llosa falando un pouco de todo.


Vargas Llosa escribiu unha novela terrible sobre a terrible tamén dictadura de Trujillo La fiesta del chivo. Abaixo queda algo do que foi aquela dictadura que colaborou coa de Franco

A novela La fiesta del chivo deu lugar a unha magnífica película. Tedes aquí o trailer e podedes ver a película completa en You Tube

5/10/10

ESTAMOS EN OUTUBRO?

Outubro é o mes das bibliotecas escolares e a Biblioteca Iris é a biblioteca do teu Centro escolar, do IES "Luís Seoane"

Precisas algo para a túa formación ou para pasar ben o tempo?

Na Biblioteca tes de todo: libros en formatos e soportes diferentes, para cubrir os teus intereses de lector único e exclusivo, materias formativos para as distintas áreas nas que tes que traballar, logo, ficción e información; materiais impresos e materiais electrónicos; películas e reportaxes .....
A nosa Biblioteca, ten ese material único que precisas para atopar un espazo persoal de crecemento: textos literarios de insuperable calidade e outros pasables pero amenos, cómic, contos tradicionais, poesía, teatro, cine... Só tes que entrar e pedir.
O cartel qe tes diante foi deseñado por unha persoa que, curiosamente, leva o mesmo apelido que o gran artista que da nome ao noso instituto, chámase Marina Seoane e ilustra contos, relatos, novelas, ademais de escribir, se queres saber máis dela podes mirar aquí .

4/10/10

MÁIS ....

MÁIS SOBRE NIXERIA

NOTICIAS DE CAMIÑOS

Como ben sabedes o noso Club de Lectura, Camiños, está outra vez camiñando polo mundo dos libros. Acabamos de descubrir o mundo dunha escritora nixeriana que, cremos, vai aportar moito á nosa visión de África, da África real, cos seus conflictos, si, pero tamén cunha rica tradición e unha vida cotiá como a nosa. Con nenos famentos e refuxiados, pero tamén cunha música, unha arte, unha vida propia e descoñecida. Mirade no blog do Club e descubriredes, con nos, ese mundo.
Isto fixo o culto occidente cun riquísimo val natural: