Páginas

17/10/10

NOVO PREMIO LITERARIO

O outono é tempo de "premios literarios". Hai uns días traiamos aquí ao Nobel: Vargas LLosa, hoxe traemos a un español de verdade, de orixe e traxectoria
"... dentro duns anos ... ninguén se lembrará de min, nin de ti, Fabio, porque todo decae, desaparece e pérdese no esquecemento, agás a grandeza inmarcesible de Roma." Así remataba unha divertida e grande obra literaria titulada: El asombroso viaje de Pomponio Flato cuxo autor EDUARDO MENDOZA vén de obter un dos premios máis prestixiosos e mellor dotados economicamente a nivel nacional: o 59° Premio Planeta. Vai ser difícil esquecerse deste autor.

A obra gañadora titúlase Riña de gatos. Madrid 1936. Está ambientada en Madrid na primavera previa ó golpe de Estado, segundo declaracións do propio Mendoza: "Tenemos que asumir la Guerra Civil entre todos", porén, o propio escritor encargouse de aclarar: "No es una novela con mensaje político, sino con trasfondo político (...) que toca sobre todo dilemas morales".
Como sabedes tod@s os que xa lestes: La verdad sobre el caso Savolta, El misterio de la cripta embrujada ou El asombroso viaje de Pomponio Flato, Eduardo Mendoza é un escritor que domina a intriga e que sabe darlle un toque de humor, as veces negro, ata ás situacións máis terribles para facer que disfrutemos dunha literatura de calidade divertíndonos e aprendendo.
Así falou o autor ao recoller o premio:

Eduardo Mendoza gana el Planeta 2010


No hay comentarios:

Publicar un comentario