Páginas

12/10/10

RICARDO CARBALLO CALERO

Se hai dous días falabamos dun escritor recoñecido internacionalmente pola súa traxectoria como novelista, hoxe imos falar dun heroe das letras galegas, dun home case esquecido, dunha sombra á que debemos moito aínda que poucos o recoñecen. Este pequeno-grande home chamouse Ricardo Carballo Calero e naceu hai cen anos.

Carballo Calero naceu en Ferrol o 30 de outubro de 1910, foi licenciado en Dereito y en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago e Doutor pola de Madrid. Membro n da Real Academia Galega, e o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade compostelá.
Fixo Bacharelato en Ferrol e en 1926 vaiestudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servizo militar a Santiago. Alí entrou en contacto co galeguismo, co Seminario de Estudos Galegos e comezou a súa intensa militancia política. En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribuíu ao anteproxecto do Estatuto de Galicia.
Entre 1933 a 1936 gaña unha praza de auxiliar administrativo do Concello de Ferrol. Nestes anos colaborou nas máis destacadas revistas literarias: e comezou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en castelán e logo en galego.
Licenciouse en Filosofía e Letras no 1936 en Santiago. A sublevación del 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid cando opositaba a profesor de Lingua e Literatura Española. Carballo mantívose fiel á República, e co batallón Félix Bárzana participou na defensa de Madrid. Rematado o conflicto, foi condenado por un consello de guerra a 12 anos de cadea por separatista e enviado ao cárcere de Xaén.
En 1941 saíu en liberdade provisional e volveu a Ferrol, pero inhabilitado para exercer calquera función pública, tivo que aceptar a axuda de Fernández López e traballar na educación privada.. Durante estes anos desenvolveu un interesante traballo de investigación que comezou coa súa tese de doutoramento Aportaciones a la literatura gallega contemporánea que tivo como consecuencia a publicación da Historia da literatura galega contemporánea.
Dende 1958 foi membro da Real Academia Galega e en 1965 foi autorizado a exercer docencia como agregado de instituto no IES Rosalía de Castro de Santiago. Ao mesmo tempo comezou a dar clases de Galego na Universidade. Sete anos despois accedeu á cátedra de Lingüística y Literatura Galega.
Foi un home preocupado sempre pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que atopou no seu camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento reintegracionista, o que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. No 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa gallega por Scórpio.
Morreu Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990 deixando detrás unha ampla produción literaria.

Este é un dos seus poemas.
Alto nome
Nome de suave lenzo e branco liño,
paisaxe onde nevou rosas xeadas,
primavera callada en amor mozo.
Cantas fuxidas, cantos calafríos
entre ti e máis eu levantaron a nosa ponte
Ponte de prata ou tea de araña, doce,
onde ao amencer a néboa se bambea.
A miña vida é un achegarse á túa.
Ao morder a primeira froita de oro,
o zume polos beizos esvaraba.
Era a paixón como unha noiva antiga.
Nome de limpo vidro e aire peneirado,
na soidade axeonllada acendido,
de campá en campá polos campos voas.
Como un animal sagrado vagabas;
alto zunido de outonos esquecidos
baixo os teus pés, arcanxo dos pés brancos.
Esparexendo luz e cheirando a flor,
Planeas sobre min, anxo en ruínas.
Que brisa, que amor, que pena esfollada,
que fonte dourada ou que cristal de estrela
soña teus soños cando estou durmido?
Ao latexarche o corazón de vento,
florezo baixo as túas ás núas.

De: Anxo de terra

No hay comentarios:

Publicar un comentario