Páginas

5/10/10

ESTAMOS EN OUTUBRO?

Outubro é o mes das bibliotecas escolares e a Biblioteca Iris é a biblioteca do teu Centro escolar, do IES "Luís Seoane"

Precisas algo para a túa formación ou para pasar ben o tempo?

Na Biblioteca tes de todo: libros en formatos e soportes diferentes, para cubrir os teus intereses de lector único e exclusivo, materias formativos para as distintas áreas nas que tes que traballar, logo, ficción e información; materiais impresos e materiais electrónicos; películas e reportaxes .....
A nosa Biblioteca, ten ese material único que precisas para atopar un espazo persoal de crecemento: textos literarios de insuperable calidade e outros pasables pero amenos, cómic, contos tradicionais, poesía, teatro, cine... Só tes que entrar e pedir.
O cartel qe tes diante foi deseñado por unha persoa que, curiosamente, leva o mesmo apelido que o gran artista que da nome ao noso instituto, chámase Marina Seoane e ilustra contos, relatos, novelas, ademais de escribir, se queres saber máis dela podes mirar aquí .

No hay comentarios:

Publicar un comentario