Páginas

10/10/10

PREMIO NOBEL

O mes das Bibliotecas é tamén o do anuncio da concesión do premio Nobel de Literatura.
O día 7 de outubro a Academia Sueca anunciaba que o escritor peruano Mario Vargas Llosa era o gañador do Premio Nobel de Literatura 2010.
A noticia foi unha sorpresa porque non figuraba entre os primeiros aínda que era un dos eternos aspirantes ao galardón.
Trátase do primeiro escritor en lingua española que gañou o premio nos últimos vinte anos xa que o anterior recibiuno no 1990 o mexicano Octavio Paz.
Vargas Llosa fíxose famoso nos anos 60 con novelas como La ciudad y los perros (1962), La casa verde (1965), e a monumental Conversación en La Catedral (1969).
Entre as súas novelas hai comedias, novelas policiacas, novelas históricas e políticas. Varias delas, como Pantaleón y las visitadoras (1973) e La tía Julia y el escribidor (1977), que foron levadas ao cine.
Vargas Llosa foi un personaxe politicamente activo ao longo da súa carreira, ademais de ser un escritor duro e controvertido. Ten dobre nacionalidade peruana e española.
Foi e segue sendo amante das viaxes, da boa vida e dos cambios de residencia e actividade e neste momento da clases na Universidade de Princeton, nos Estados Unidos.
Vargas Llosa anunciou que irá recoller o seu premio a Estocolmo o 10 de decembro porque está moi orgulloso de recibilo.
Un dos grandes da literatura galega: Agustín Fernández Paz deixanos a súa opinión sobre o recente Nobel autor e a súa obra nun dos poucos medios que segue a empregar o GALEGO como lingua de comunicación: O Xornal. Só tedes que premer no enlace para saber que pensa.
*No enlace da súa primeira novela importante podedes lela.

Aquí podedes escoitar a Vargas Llosa falando un pouco de todo.


Vargas Llosa escribiu unha novela terrible sobre a terrible tamén dictadura de Trujillo La fiesta del chivo. Abaixo queda algo do que foi aquela dictadura que colaborou coa de Franco

A novela La fiesta del chivo deu lugar a unha magnífica película. Tedes aquí o trailer e podedes ver a película completa en You Tube

No hay comentarios:

Publicar un comentario