Páginas

17/10/10

UN POEMA DE AMOR Á TERRA


A mañá é tan fermosa que pega a pena ler un poema que nos aconsella seguir mantendo esta fermosura:

Un non escolle

Un non escolle o país onde nace;
mais ama o país onde naceu.

Un non escolle o tempo para vir ao mundo;
mais debe deixar pegadas do seu tempo.
ninguén pode evadir a súa responsabilidade

Ninguén pode tapar os ollos, os oídos,
enmudecer e cortar as mans.

Todos temos un deber de amor que cumprir,.
unha historia que nacer
unha meta que alcanzar.

Non escollemos o momento para vir ao mundo:
Agora podemos facer o mundo
no que nacerá e medrará
a semente que trouxemos connosco.
Gioconda BELLI (traducida)

No hay comentarios:

Publicar un comentario