Páginas

30/9/10

O CEREBRO

Xa comezou o curso e , como imos precidar poñelo en movemento aquí queda este achegamento ao instrumento máis importante de tdos aqueles cos que contamos: o cerebro!

29/9/10

CANTAR EN GALEGO

Mentres nós discutimos sobre o emprego da nosa propia lingua, nun recuncho da lonxana India, si, aló na Asia remota, estes nenos cantan unha das cancións máis populares da nosa terra e cantan na nosa lingua.

María Soliña, dende Cangas á India

En Pubai-Orissa, nunha zona illada India, existe unha escola financiada por uns 280 veciños de Cangas a través da ONG Shanga. Pagan 6 euros ao mes, abondo para alimentar a un dos 500 cativos hindús no María Soliña de Asia.
Ademais de alimentalos, os nenos reciben toda a formación oficial que marcan as autoridades dese estado. Entre clases non podía faltar a música.
Velaí un vídeo cunha mostra do que aprenderon. No medio da polémica lingüística do comezo do curso en Galicia, estas imaxes son quen de suscitar de novo o debate sobre a suposta imposición do galego nas aulas.

24/9/10

IN MEMORIAM

José Antonio Labordeta
"Haberá un día no que todos, ao levantar a vista veremos unha terra que poña Liberdade" . A estrofa pertence ao Canto a la libertad de José Antonio Labordeta, poeta, cantautor, mais sobre todo no bo sentido da palabra BO, como dixo un día Don Antonio Machado.
José Antonio Labordeta naceu en Zaragoza o 10 de marzo de 1935, e deixounos o 19 de setembro de 2010, por iso queremos lembralo.
Ferido de morte por un cancro de próstata aínda foi quen de compoñer poemas e de escribir un libro de agradecementos, o seu derradeiro libro: Regular, gracias a Dios, "a tajos", nos corredores e nas camas do hospital onde pasou boa parte do último ano e tamén foi quen de dicir que : "Hay gente con dramas muy gordos, al lado de los cuales el mío no es nada" e de manifestar que estaba contento coa súa vida que fuxía: "Tengo una mujer que funciona de maravilla, tres hijas, dos nietas, una morena y otra rubia, un yerno que canta muy bien y no cambiaría nada. Tengo muchos amigos, estoy muy contento con lo que me ha tocado vivir.
O último acto de transcendencia pública que protagonizou foi o día 6 de setembro, cando recibiu na súa casa a Gran Cruz da Orden Civil Alfonso X O Sabio e a medalla ao Traballo, pola súa sabedoría, a súa paixón, as súas conviccións e a súa defensa da liberdade e do pobo, porque José Antonio puxo voz á bondade, á xustiza e á liberdade cantando, camiñando coa súa mochila ao lombo polos pobos, ensinando e levando un pouco de poesía á severa tribuna do Congreso de Deputados. Tivo moitos outros recoñecementos institucionais pero os máis valiosos para foron os que lle chegaron nas cartas d@s exalumn@s lembrando que lles ensinara a ver a vida.
caeu unha folla senlleira da árbore da liberdade, marchou un dos bos e xenerosos Que goce para sempre do que sempre soñou!
Nós, queremos ter presente a liberdade á que el cantou:

17/9/10

COMEZAMOS

E vós en que lado estades, no de Mafalda ou no dos choromicas? Xa sabemos que sodes maiores, responsables, traballador@s e todo iso, pero ... non queda algo de mágoa ao deixar cedo a cama, ter que ir ao insti, ter que someterse a horarios, xogar menos coa play, ver menos tele, saír menos c@s amig@s e podemos ser optimistas e pensar en que tamén podemos poñer: ter menos tempo para ler o que vos gusta? Non choredes, imitade a Mafalda que é unha criatura intelixente e non vos preocupedes que na biblioteca hai moitos libros e sempre queda tempo para unha boa lectura.

RITMO ...

Ollo! o que segue non quere dicir que teñamos que poñernos a tocar -nada que non sexan os libros- nin a cantar na Biblioteca, que é un lugar de traballo e silenzo, senón que hai que coller o ritmooo do novo curso que imos comezar, dende xa, para non perdelo antes de tempo. Aquí queda, ánimo e adiante.

12/9/10

LA MAISON EN PETITS CUBES

A tristura, a maxia e a poesía do que immos deixando atrás, do que o tempo nos vai quitando sen contar coa nosa vontade. O xapones Kunio Katô fai unha fermosa metáfora na que o tempo é a auga que vai asolagando a súa casa e vai facendo que teña que ir construíndo cara arriba, cara ao seu propio fin facendo que calquera incidente, como a pipa que lle cae na penúltima vivenda, faga que se mergulle e vaia atopando retallos do que foi a súa vida. O óscar que lle concederon no 2009 sorprendeu nos Estados Unidos mais está ben xustificado pola beleza dos seus debuxos, tan simples e tan cheos de contido.



A CASA EN PEQUENOS CUBOS, ou A VIDA EN RETALLOS




11/9/10

HUNGU

Outra reliquia aínda que sexa máis recente porque é do 2008 e de autor canadiense. Conta como baixo o sol implacable de África, un neno e a súa familia camiñan. O relato que inspira a Nicolas Brault é unha antiga lenda africana, a aventura dunha nai que resucita en forma de instrumento musical grazas ao seu fillo, ao neno desesperado a quen devolverá a forza para convertirse en home.
Unha historia difícil, como a vida dos cazadores-recolectores, representada nas pinturas ruprestres dese continente.

8/9/10

OS MEDIOS EN GALEGO IMPORTAN

Lía antonte no Xornal de Galicia algo que, penso, debemos ter moi claro, todos os cremos en Galicia: "Os medios en galego importan", e tanto que importan! Non debemos permitir que desaparezan aceptando pasivamente o que é inaceptable.
Defender o galego debe ser cousa de tod@s
Éste Manifesto tamén é cousa de tod@s:

"Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sos. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.

Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un trás doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tome a decisión de axudar ós medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.

Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un trás outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos"
.

4/9/10

UN POCO DE FANTASÍA

Será certo que recibimos o que damos?

LECCIÓN DE AMOR

Pode que non sexa o nome desta curta pero é o que nos deixa, unha lección de amor porque o vello e solitario protagonista comprende a importancia da liberdade e renuncia á única compañía que ten. Cada quen debe seguir o seu camiño pase o que pase. Tamén ten historia.

O APRENDIZ DE BRUXO

Xa que imos de lembranzas, esta vez imos aínda máis lonxe no tempo. Supoño que case todo o mundo mundial viu Fantasía porque Disney será alienante pero ....A música é de Paul Dukas.


UNHA EVOLUCIÓN MOI ESPECIAL

Un recordo recuperado moi fermoso. Este vídeo debe ter uns 30 anos pero non perde actualidade. Animación e música - o Bolero de Ravel- van da man cunha tenrura moi especial. Mirade e escoitade con atención.