Páginas

24/9/10

IN MEMORIAM

José Antonio Labordeta
"Haberá un día no que todos, ao levantar a vista veremos unha terra que poña Liberdade" . A estrofa pertence ao Canto a la libertad de José Antonio Labordeta, poeta, cantautor, mais sobre todo no bo sentido da palabra BO, como dixo un día Don Antonio Machado.
José Antonio Labordeta naceu en Zaragoza o 10 de marzo de 1935, e deixounos o 19 de setembro de 2010, por iso queremos lembralo.
Ferido de morte por un cancro de próstata aínda foi quen de compoñer poemas e de escribir un libro de agradecementos, o seu derradeiro libro: Regular, gracias a Dios, "a tajos", nos corredores e nas camas do hospital onde pasou boa parte do último ano e tamén foi quen de dicir que : "Hay gente con dramas muy gordos, al lado de los cuales el mío no es nada" e de manifestar que estaba contento coa súa vida que fuxía: "Tengo una mujer que funciona de maravilla, tres hijas, dos nietas, una morena y otra rubia, un yerno que canta muy bien y no cambiaría nada. Tengo muchos amigos, estoy muy contento con lo que me ha tocado vivir.
O último acto de transcendencia pública que protagonizou foi o día 6 de setembro, cando recibiu na súa casa a Gran Cruz da Orden Civil Alfonso X O Sabio e a medalla ao Traballo, pola súa sabedoría, a súa paixón, as súas conviccións e a súa defensa da liberdade e do pobo, porque José Antonio puxo voz á bondade, á xustiza e á liberdade cantando, camiñando coa súa mochila ao lombo polos pobos, ensinando e levando un pouco de poesía á severa tribuna do Congreso de Deputados. Tivo moitos outros recoñecementos institucionais pero os máis valiosos para foron os que lle chegaron nas cartas d@s exalumn@s lembrando que lles ensinara a ver a vida.
caeu unha folla senlleira da árbore da liberdade, marchou un dos bos e xenerosos Que goce para sempre do que sempre soñou!
Nós, queremos ter presente a liberdade á que el cantou:

No hay comentarios:

Publicar un comentario