Páginas

30/3/11

2011. ANO INTERNACIONAL DA QUÍMICA

A Química é algo máis que unha materia díficil de aprobar, mirade este vídeo con atención para entendelo:


A Química tamén ten Historia. Aquí tedes un resume mi resumido, claro:



A química esta preesente no lume, entre outros elementos que empregamos todos os días na nosa vida.
Sobre o descubrimimento do lume hai un fermoso mito do pobo "uitoto". Os uitoto, huitoto, witoto o güitoto son unha comunidade ou etnia indíxena da Amazonía colombiana e peruana, cuxo territorio orixinario atopábase na parte media do río Caquetá e os seus afluentes e na zona selvática que vai ata o río Putumayo. Na actualidade están dispersos en varias rexións do Amazonas medio de Colombia e na fronteira de Perú con Colombia. Este é o seu mito:

27/3/11

SE TI MESMA POR RIBA DE TODO

De Trafegando Ronseis tomamos esta curta que todas debedes ver para aprender unha leción importante: ser vós memas, que ninguén vos faga á súa imaxe. É unha mensaxe en feminino, pero pódese aplicar a calquera, só hai que cambiar algúns termos.

25/3/11

ABRAHAM CARREIRO

Abraham Carreiro naceu en Vigo pouquiños anos. Estudou un ano na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, logo catro años de Artes Gráficas na Escola Joso de Barcelona e un ano de especialización en Ilustración na Escola Massana da mesma cidade.
Leva catro traballando como ilustrador de contos infantís, creador de carátulas para DC, logos para empresas e tamén facendo ilustración político-social para a prensa aínda que debuxa dende sempre, case que dende que naceu porque o seu pai entretíñao dándolle un lapis e un papel. A afección venlle de caste, lévaa nos xens.
É un rapaz moi ocupado pero onte fixo un esforzo e pasou dúas curtísimas horas co alumnado de 3º de ESO na nosa biblioteca.
Poucas actividades teñen un éxito tan rotundo. Pasárono tan ben que non querían marchar.
Abraham



More PowerPoint presentations from aSGuest91555
Gustounos esta imaxe de cores quentes aínda que non é o "mexicano"



23/3/11

NA FONSAGRADA

Que ben o pasan! Non tedes unha miga de envexa?

20/3/11

OS POEMAS

Siento tu ternura allegarse a mi tierra,
mirada de mis ojos, huir,
la veo interrumpirse para seguirme hasta la hora
de mi silencio absorto y de mi afán de ti.
Hela aquí tu ternura de ojos dulces que esperan.
Hela aquí, boca tuya, palabra nunca dicha.
Siento que se me suben los musgos de tu pena
y me crecen a tientas en el alma infinita.
Era esto el abandono, y lo sabías,
era la guerra oscura del corazón y todos,
era la queja rota de angustias conmovidas,
y la ebriedad, y el deseo, y el dejarse ir,
y era eso mi vida,
era eso que el agua de tus ojos llevaba,
era eso que en el hueco de tus manos cabía.
Ah, mariposa mía y arrullo de paloma,
ah vaso, ah estero, ah compañera mía!
Te llegó mi reclamo, dímelo, te llegaba,
en las abiertas noches de estrellas frías
ahora, en el otoño, en el baile amarillo
de los vientos hambrientos y las hojas caídas!
Dímelo, te llegaba
aullando o cómo o sollozando
en la hora de la sangre fermentada
cuando la tierra crece y se cimbra latiendo
bajo el sol que la raya con sus colas de ámbar?
Dímelo, me sentiste
trepar hasta tu forma por todos los silencios,
y todas las palabras?
Yo me sentí crecer. Nunca supe hacia dónde.
Es más allá de ti. Lo comprendes, hermana?
Es que se aleja el fruto cuando llegan mis manos
y ruedan las estrellas antes de mi mirada.
Siento que soy la aguja de una infinita flecha,
y va a clavarse lejos, no va a clavarse nunca,
tren de dolores húmedos en fuga hacia lo eterno,
goteando en cada tierra sollozos y preguntas.
Pero hela aquí, tu forma familiar, lo que es mío,
lo tuyo, lo que es mío, lo que es tuyo y me inunda,
hela aquí que me llena los miembros de abandono,
hela aquí, tu ternura,
amarrándose a las mismas raíces,
madurando en la misma caravana de frutas,
y saliendo de tu alma rota bajo mis dedos
como el licor del vino del centro de la uva.
PABLO NERUDA

Las flores de la primavera salen,
como el apasionado dolor del amor no dicho;
y con su aliento, vuelve el recuerdo de mis canciones antiguas.
Mi corazón, de improviso, se ha vestido de hojas verdes de deseo.
No vino mi amor, pero su contacto está en mi cuerpo
y su voz me llega a través de los campos fragantes.
Su mirar está en la triste profundidad del cielo, pero
¿dónde están sus ojos? Sus besos zigzaguean por el aire,
pero sus labios, ¿dónde están?
RABINDRANATH TAGORE

Sol- serpiente ojo fascinador ojo mío
el mar piojera de islas crujiendo en los dedos de las rosas
lanza-llamas y mi cuerpo intacto de fulminado
el agua eleva las osamentas de luz perdidas en el corredor sin pompa
torbellinos de hielo aureolan el corazón humeante de los cuervos
nuestros corazones
es la voz de los rayos domesticados que giran sobre sus goznes de lagartija
traslado de anolis al paisaje de vidrios rotos
son las flores vampiros que suben a relevar las orquídeas
elixir del fuego central
juego justo fuego mango nocturno cubierto de abejas
mi deseo un azar de tigres sorprendidos en los azufres
pero el despertar estañoso se dora con los yacimientos infantiles
y mi cuerpo de guijarro que come pescado que come
palomas y sueños
el azúcar de la palabra Brasil en el fondo de la ciénaga
AIMÉ CÉSAIRE

Fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
a morte anticipouse e chegou antes.

LOIS PEREIRO

Hai máis es están ilustrados de verdade, mañá van ser entregados a tod@as os membros da comunidade escolar e a quen nos visite

Día da POESÍA




"A poesía ten mil caras e emana sempre do máis profundo da cultura dos pobos.
A mensaxe dos poetas, a miúdo testemuñas de excepción das profundas transformacións políticas e sociais da historia, é imperecedeiro. Os seus textos invítannos a forxar unha paz duradeira nas conciencias, a reformularnos a relación do home coa natureza e a fundar un humanismo que se nutra da singularidade e á vez da diversidade dos pobos.
A poesía non serve só para comunicar ideas ou transmitir información, senón que, á conta dun laboreo incesante da lingua, mantén vivo o verbo humano e revela sempre o brillo orixinal da cultura.
Por iso a Unesco entende que a defensa da liberdade de expresión e de información, por unha banda, e a promoción da poesía, por outra, son dúas caras dunha mesma moeda, que non é outra que o seu mandato ao servizo da paz. A poesía, cuxo hálito acompaña o esforzo de creación e reflexión de homes e mulleres, pode facer dialogar a diversidade de expresións humanas.
Do mesmo xeito que Jasón apelou a Orfeo para superar os obstáculos que non podían vencerse pola forza física ou as armas de guerra, durante moito tempo aínda seguiremos necesitando da poesía para construír a paz dos homes e as mulleres."
Irina Bokova
Este ano a UNESCO sinalou a tres poetas de dous continentes, un asiático, o bengalí Robindranath Tagore e dous americanos: o chileno Pablo Neruda e o martinico Aimé Césaire.
Como este é o ano doutro poeta, o galego Lois Pereiro, decidimos unir ao noso poeta a terna e regalaremos a cada membro da comunidade escolar e a quen se achegue ao noso centro un poema ilustrado dos nosos protagonistas.




21 de marzo

Mañá comeza "oficialmente" a primavera e faino con dúas celebracións: o Día da Árbore e o Día da Poesía.
O noso centro está nun entorno privilexiado, sobre o río Lérez, nunha zona con moitas árbores de distintas especies, pero non coñecemos a "historia" desas árbores, por iso imos imaxinar que detrás delas hai unha historia tan fermosa, doce e amorosa como a que nos conta Disney no 1932, na súa primeira realización en cor:

ENTROIDO 2011

Como se verá marzo foi un mes moi intenso porque ás actividades serias da primeira semana seguiu o entroido que se celebrou con concursos de disfraces e sobremesas, "transgredindo" para anunciar a entrada da primavera.

Entroido 2011




19/3/11

ALBERTO ARCE

Naceu wn Xixón no 1976. Politólogoe xornalistarealizou varios documentais sobre Palestina, Líbano ou Iraq. O seu traballo foi recoñecido con premios como o Ana Lindh de xornalismo en conflito pola súa cobertura para O MUNDO dos bombardeos sobre Gaza, o Joan Gomis de Xornalismo polo seu artigo "Iraq, o cuarto escuro" para o revista O CERVO, o premio Dereitos Humanos Fernando Quiñones do Festival de Cádiz por "Internacionais en Palestina", o premio "nous realitzadors de tv3" por "Nablús, a cidade pantasma" e por "To shoot an elephant" o Premio da crítica en Tesalónica, o Rede Vectacrom en Cinema Du Reel Paris, a mellor dirección no Festival de Florencia ou o Golden Butterfly de Amnistía Internacional.
Alberto estivo con nós o 4 de marzo.

Alberto Arce



Erased-wiped off the map from CIES IMATGES on Vimeo.

BIEITO LOBEIRA NO IES¨"Luís Seoane"

O pasado tres de marzo estivo con tod@s nós o deputado de Parlamento de Galicia Bieito Lobeira para falar do porvir da nosa LINGUA e do dereito da mocida a vivir nela. Deixamos aquí algunhas imaxes da súa estadía.

A NOSA PEQUENA HOMENAXE

GABRIEL CELAYA

18/3/11

CENTENARIO ESQUECIDO

Hoxe tería cumprido 100 años! Rafael Gabriel Juan Múgica Celaya Laceta Cendolla, é dicir: GABRIEL CELAYA, que naceu o 18 de marzo de 1911 en Hernani.
En 1918 comeza os seus estudos no colexio dos Marianistas de San Sebastián. No 1922 reside temporalmente en e no Escorial, debido a problemas de saúde e a lectura vai ser a súa ocupación preferida o que influirá na súa formación.
Remata o bacharelato en San Sebastián en 1927 e fai unha nova viaxe a Francia.
O pai quere que se faga enxeñeiro e en 1928 marcha a Madrid para facer Enxeñería Industrial. Alí vai vivir na Residencia de Estudantes onde ocupará o mesmo cuarto que ocuparán antes Dalí e Lorca. Alí vai coñecer a Lorca, Buñuel, Dalí, Ortega e Gasset, Moreno Vila, Unamuno, Emilio Prados, Juan Ramón Jiménez e aos intelectuais máis soadosda España do seu momento e tamén vai descubrir que quere ser poeta mais a súa familia non che gusta que un dos seus membros se dedique a algo "tan pouco serio" polo que comeza a empregar combinación de nomes como Juan Laceto ou Rafael Cendolla, que sendo nomes seus non son asociados á súa familia.
Xunto a Amparo Gastón, a súa fiel compañeira de toda a vida, de quen el mesmo di que foi "quen modelou a persoa e ao poeta" fundou a colección -Norte- de poesía e, como poeta comprometido, aínda que moitos non o recoñezan como tal, incorporouse de cheo á poesía social situándose nunha liña ideolóxica moi próxima á do Partido Comunista.
Morreu en Madrid o 18 de abril de 1991 e as súas cinzas foron esparexidas na súa Hernani natal.
DESPEDIDA
Quizás, cuando me muera,
dirán: Era un poeta.
Y el mundo, siempre bello, brillará sin conciencia.

Quizás tú no recuerdes
quién fui, mas en ti suenen
los anónimos versos que un día puse en ciernes.

Quizás no quede nada
de mí, ni una palabra,
ni una de estas palabras que hoy sueño en el mañana.

Pero visto o no visto,
pero dicho o no dicho,
yo estaré en vuestra sombra, ¡oh hermosamente vivos!

Yo seguiré siguiendo,
yo seguiré muriendo,
seré, no sé bien cómo, parte del gran concierto.


15/3/11

MOI BEN, compañeir@s!

Que ben o pasan na Fonsagrada:

3/3/11

MULLERES GALEGAS


PRIMEIRO AMOR, PRIMEIRA MORTE

Todo canto eu amei perdéuseme contigo:
a luz clara e vibrante da miña xuventude,
os bosques entrañables perfectos de quietude
onde o vento vivía con un lecer antigo.

Entón era o silencio o meu mellor amigo,
era eu namorado de todo canto vía
vivir era unha leda, fermosa moradía
onde o mencer entraba recendendo a pantrigo.

De súpeto viñeches con esa lonxanía,
caraveliño feble en terra ventureira
e eu abrín outra nova fiestra para o día.

E todo canto amei foi unha lumieira,
foi a fouce tan íntima que de cote se afía
para ceifar dun pulo brutal a primavera.
Nada mellor que as palabras do poeta, de Aviles de Taramancos, para rendir homenaxe á muller, ás mulleres galegas que loitaron pola terra, pola vida e pola liberdade e que a historia esqueceu.
Nós queremos traelas á memoria por iso recollemos todas as grandes historias que nos foi posible e imos deixalas aquí: