Páginas

3/3/11

MULLERES GALEGAS


PRIMEIRO AMOR, PRIMEIRA MORTE

Todo canto eu amei perdéuseme contigo:
a luz clara e vibrante da miña xuventude,
os bosques entrañables perfectos de quietude
onde o vento vivía con un lecer antigo.

Entón era o silencio o meu mellor amigo,
era eu namorado de todo canto vía
vivir era unha leda, fermosa moradía
onde o mencer entraba recendendo a pantrigo.

De súpeto viñeches con esa lonxanía,
caraveliño feble en terra ventureira
e eu abrín outra nova fiestra para o día.

E todo canto amei foi unha lumieira,
foi a fouce tan íntima que de cote se afía
para ceifar dun pulo brutal a primavera.
Nada mellor que as palabras do poeta, de Aviles de Taramancos, para rendir homenaxe á muller, ás mulleres galegas que loitaron pola terra, pola vida e pola liberdade e que a historia esqueceu.
Nós queremos traelas á memoria por iso recollemos todas as grandes historias que nos foi posible e imos deixalas aquí:

2 comentarios:

  1. Facía moito tempo que non me achegaba ao blog polo tanto non vira o traballo das mulleres e non sabía que estaba nel a historia resumida da miña avoa. Supoño que chegou ata aí por medio da miña curmá Vanesa. Que bonito quedou e que orgullosa me sinto de ser quen son.
    Ana

    ResponderEliminar