Páginas

18/4/10

PAISAXES CON LETRAS

Julia, no Recanto de Mik

14/4/10

DÍA DO LIBRO

Que estarán lendo?






23 de ABRIL

Este ano, o 23 de Abril vai ser un Día do Libro especial en moitas Bibliotecas Escolares Galegas e vai ser especial porque moitísimos centros escolares galegos van a colgar nas súas portas e paredes ou en paneis fermosos comentarios que deben facer reflexionar aos distintos membros das nosas comunidades educativas sobre os motivos que levan a xente coñecida, ou non, a ler. Imos atopar tantos motivos e como persoas participan nesta iniciativa, que son moitas! Cada unha delas le por algo e para algo, ten unhas vivencias lectoras e quixo compartilas con todos e todas nos. Queremos darlles as grazas pola súa xenerosidade, como queremos darlle tamén as grazas ao Club de Lectura Virtual Implicadas porque del partiu a iniciativa. Elas preguntáronse por que nos gusta ler se a lectura é unha actividade extrana e solitaria e lanzaron a pregunta no seu blog. As respostas non debían superar os 140 caracteres, era a única condición. Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares a iniciativa chegou ás bibliotecas e espallouse como cinza ao vento por toda Galicia. Dúas persoas Loly e Olga (grazas tamén a elas) pensaron que sería fermoso recollela e traballaron arreo primeiro pidindo permiso para publicar as respostas que chegaban ao Club de Implicadas, logo recollendo moitas máis e enmaquetando nuns fantásticos carteis obra de Jaime Eizaguirre Santillán, extraordinario arquitecto, debuxante, ilustrador... que nos agasallou cuns magníficos deseños. (Dende 2007 publica as súas viñetas en Ana + Eiza )
Agora, e unha vez enmaquetadas as respostas, coa axuda de to@s @s implicad@s do centro estamos a imprimir e a preparar unha grande exposición que poderemos ver nos vindeiros días. Ides atopar respostas de persoeiros coñecidos de todos os ámbitos, dende a política (con respostas entre outros do noso alcalde: Miguel Anxo F. Lores) ata deportistas de élite ou cun medalleiro cheo de ouros (Pablo Cimadevila)pasando por xornalistas, actores, escritor@s dos que tedes lido libros ou estades a tempo de lelos .... ata av@s pasando polos inevitables profesor@s e mestr@s porque en 103 centros de Galicia vai estar esta iniciativa implicada. Se aínda non te implicache estás a tempo: Ti para que les? Deixa a túa resposta no blog da biblioteca como comentario a esta entrada.

12/4/10

O 14 de abril de 1931 constituíase a II República en España e con ela as mulleres adquirían certos dereitos dos que antes carecían. Este xa vello vídeo traenos o recordo daqueles feitos históricos, que para "as novas xeracións" é a mostra de que as mulleres non sempre tiveron o que teñen, tiveron que loitar para conseguir o que teñen e terán que seguir loitando para acadar todo o que aínda falta por conquistar.

11/4/10

Adiantando o ¨DÍA DO LIBRO

Dende o RECANTO DE MIK chega:

(Visto en Biblioabrazo)
Editado por: leerestademoda

10/4/10

A PIEDADE VATICANA

Se de Madrid chegou Picasso, de Roma Miguel Anxo.

9/4/10

ROMA

1º E 2º DE BACHARELATO-HUMANIDADES VISITOU ROMA

O día 2 de Marzo en Santiago esperaba un avión, esperaba por nos! Ás 14: 00 post meridem subimos a el e unhas horas máis tarde tomabamos terra en Italia. Roma, a vella capital imperial, cargada de historia e beleza estaba aos nosos pés.

Do aeroporto fomos dereitiños a o noso albergo "Ciao Bella", moi cerquiña da Fontana de Trevi á que fomos esa mesma noite a tirar a nosa moeda para pedir: "volver"!

O mércores pola mañá fixemos un “tour” pola Roma antiga visitando o impoñente Coliseo, os Foros e o Palatino, o lugar das residencias dos emperadores.

Pola tarde, percorremos as rúas, as fermosas “piazzas” romanas comezando pola piazza Navona, logo a de Venezia, a do Popolo, a di Spagna... e algunhas igrexas nas que puidemos, ver, entre outras cousas a famosa “Bocca da Veritá” e o realmente impresionante Moisés de Miguel Anxo, o xigante de mármore.

O xoves collemos o tren rexional Roma –Nápoles e despois de tres horas de viaxe chegamos ás ruinas de Pompeia. Choveu e choveu... pero alí estaba a cidade rescatada da morea de lava que sorprendeu aos pompeiano e soterrou a cidade, gardouna para nos.

No noso último día, visitamos a piazza de San Pedro e a basílica. Despois de comer, vimos o Castell Sant’ Angelo a antiga tumba do emperador Adriano

Era xa sábado e con moita mágoa tivemos que preparar de novo as nosas equipaxes para o retorno á casa desexando volver moi pronto...porque queda moito por ver.

Queremos ensinarvos o que vimos pero, como somos boa xente, tamén queremos que vexades o ben que o pasamos.

O GUERNICA EN TRES DIMENSIÓNS

Un bo complemento á visita ao Raiña Sofía


8/4/10

5/4/10

VIAXARON A ...

O segundo trimestre foi moi activo, todos os cursos fixeron algunha saída, pero houbo dúas novidosas e el@s queren que figuren aquí.
A última semana de febreiro, o alumnado de 2º de bacharelato foi de fin de semana longa a Madrid. Saíron o xoves para durmir no tren, claro que durmir, o que se di durmir... Era a novidade dunha viaxe longa en tren, estar xunt@s c@s compañeir@s, a emoción do que ían ver. Demasiada emoción para se render!
De mañá a estación de Chamartín e Madrid disposto para ser visitado. O Museo do Prado, o Reina Sofía, tempo de liberdade para ver o que máis chame: zoo, Bernabeu....Paseo polo vello Madrid, o Madrid dos Austrias, teatro: "Casa de muñecas" de Ibsen, que por estes pagos é difícil ver, Museo das Ciencias... E o tempo esgótase, foxe como a auga entre os dedos. Chega a noite do domingo e volta ao tren, agora xa cans@s hai que durmir que mañá hai clase, aínda que ... suponse que @s profes van ser comprensivos!
Foron comprensivos!
Trouxeron unha galeria de fotos que ides poder ver aquí.

2/4/10

MATEMÁTICAS E NATUREZA

Seguro que nunca imaxinastes que as mates tamén podían verse así: Vídeo de Cristóbal Vila que recolle algunhas das máis coñecidas relacións entre a natureza e os números. A teoría detrás da película explica e complementa o que aparece na animación: as matemáticas que hai detrás..
Grazas a Gracia por facilitarnos algo tan fermoso