Páginas

5/4/10

VIAXARON A ...

O segundo trimestre foi moi activo, todos os cursos fixeron algunha saída, pero houbo dúas novidosas e el@s queren que figuren aquí.
A última semana de febreiro, o alumnado de 2º de bacharelato foi de fin de semana longa a Madrid. Saíron o xoves para durmir no tren, claro que durmir, o que se di durmir... Era a novidade dunha viaxe longa en tren, estar xunt@s c@s compañeir@s, a emoción do que ían ver. Demasiada emoción para se render!
De mañá a estación de Chamartín e Madrid disposto para ser visitado. O Museo do Prado, o Reina Sofía, tempo de liberdade para ver o que máis chame: zoo, Bernabeu....Paseo polo vello Madrid, o Madrid dos Austrias, teatro: "Casa de muñecas" de Ibsen, que por estes pagos é difícil ver, Museo das Ciencias... E o tempo esgótase, foxe como a auga entre os dedos. Chega a noite do domingo e volta ao tren, agora xa cans@s hai que durmir que mañá hai clase, aínda que ... suponse que @s profes van ser comprensivos!
Foron comprensivos!
Trouxeron unha galeria de fotos que ides poder ver aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario