Páginas

9/4/10

ROMA

1º E 2º DE BACHARELATO-HUMANIDADES VISITOU ROMA

O día 2 de Marzo en Santiago esperaba un avión, esperaba por nos! Ás 14: 00 post meridem subimos a el e unhas horas máis tarde tomabamos terra en Italia. Roma, a vella capital imperial, cargada de historia e beleza estaba aos nosos pés.

Do aeroporto fomos dereitiños a o noso albergo "Ciao Bella", moi cerquiña da Fontana de Trevi á que fomos esa mesma noite a tirar a nosa moeda para pedir: "volver"!

O mércores pola mañá fixemos un “tour” pola Roma antiga visitando o impoñente Coliseo, os Foros e o Palatino, o lugar das residencias dos emperadores.

Pola tarde, percorremos as rúas, as fermosas “piazzas” romanas comezando pola piazza Navona, logo a de Venezia, a do Popolo, a di Spagna... e algunhas igrexas nas que puidemos, ver, entre outras cousas a famosa “Bocca da Veritá” e o realmente impresionante Moisés de Miguel Anxo, o xigante de mármore.

O xoves collemos o tren rexional Roma –Nápoles e despois de tres horas de viaxe chegamos ás ruinas de Pompeia. Choveu e choveu... pero alí estaba a cidade rescatada da morea de lava que sorprendeu aos pompeiano e soterrou a cidade, gardouna para nos.

No noso último día, visitamos a piazza de San Pedro e a basílica. Despois de comer, vimos o Castell Sant’ Angelo a antiga tumba do emperador Adriano

Era xa sábado e con moita mágoa tivemos que preparar de novo as nosas equipaxes para o retorno á casa desexando volver moi pronto...porque queda moito por ver.

Queremos ensinarvos o que vimos pero, como somos boa xente, tamén queremos que vexades o ben que o pasamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario