Páginas

25/11/10


Esta curta chegou dende Foz, está en Galego. Vale a pena vela.

Dia Internacional contra a violencia de xénero 2010 from trafegandoronseis on Vimeo.



NON. Así expresan @s nos@s alumn@s o seu rexeitamento á violencia contra a muller








Van xa sesenta e dúas e as que non contan porque están a investigar ou porque era "prostituta" e non debe ter dereito á vida!


"A violencia contra a muller é quizais a máis vergonzosa viola-ción dos dereitos humanos. Non coñece límites xeográficos, cultu-rais ou de riquezas. Mentres continúe, non poderemos afirmar que realmente avanzamos cara a igualdade, o desenvolvemento e a paz."
Estas eran as palabras de Kofi Annam o 6 de xullo do ano 2000 e nada cam-biou dez anos despois, como non cambiou dende que en decembro do 1999 a Asem-blea Xeral das Nacións Unidas aprobou unha resolución para declarar o 25 de no-vembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller a pesar dos intentos, sinceros ou non, de moitos gobernos.
Retomamos a declaración de decembro de 1999 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas pola que se apro-bou unha resolución para declarar o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Mu-ller extraendo dela algúns parrágrafos:
“A violencia contra a muller constitúe un obstáculo para o logro da igualdade, o desenvolvemento e a paz.
A Asemblea está preocupada po-lo feito de que algúns grupos de mulle-res, como as que pertencen a minorías, as mulleres indíxenas, as refuxiadas, as mulleres migrantes, as mulleres que viven en comunidades rurais ou remotas, as mulleres indixentes, as mulleres recluídas en institucións ou detidas, as nenas, as mulleres con discapacidade, as mulleres de idade e as mulleres en situacións de conflicto armado, son particularmente vulnerables á violencia.
A violencia contra a muller constitúe unha manifestación dunhas relacións de poder historicamente desiguais entre o home e a muller, que conduciron a que o home domine á muller e discrimine contra ela impedindo o seu adianto pleno. A violencia contra a muller é un dos mecanismos sociais fundamentais polos que se re-duce á muller a unha situación de subordinación respecto do home.
Os dereitos humanos da muller e da nena son unha parte inalienable, integral e indivisible dos dereitos humanos universais. É preciso promover e protexer todos os dereitos humanos da muller e da nena.
Diante desta situación, nós, mulleres, preguntamos:

Por que os machistas non deixan de matar?

As mulleres asasinadas polas súas parellas aumentan pese á batería de leis e as campañas de prevención e os expertos non son quen descifrar por que a violencia de xénero parece imparable.
Neste instante, entre 20 e 25 homes acarician a idea de asasinar a súa muller en España, explicaba con toda crueza o delegado do Goberno contra a Violencia de Xénero hai uns días. Son homes que probablemente se ergan e se deiten ao lado da súa parella pensado "de hoxe non pasas", que busquen o xeito de sortear l as ordes de afastamento, planeen como acoitelala, asfixiala, pegarlle un tiro, atropelala, envelenala. Seguro que algúns acostuman a dicirllo gabándose cando a televisión conta que hai outra muller morta. "Así vas acabar ti, de onde eu vou pódese saír, pero a de onde vas ti, non hai volta" . O peor é que moitas delas, despois do proceso de aniquilación total que supón o maltrato, están indefensas e atenazadas polo medo e non son conscientes do risco. Non cren, non poden nin queren crer, que non é unha fanfurriñada máis, que non as están ameazando senón informando. Eles non están tolos, non é o alcol nin as drogas ien o estrés, non son crimes pasionais. É violencia de xénero.
O que mostra a imaxe é un dos moitos casos en que unha muller foi atacada en plena rúa. Ninguén esperaba o que pasou diante dos seus ollos. Tiña 26 años e un fillo do asasino que só esperou a súa oportunidade e atopouna! aínda que tiña unha orde de afastamento dende facía meses.

Por que non denuncian as mulleres?
O 60% das mulleres mortas este ano en España a mans das súas pare-llas ou exparellas nunca denunciaran malos tratos
Estas son algunhas das razóns po- las que algunhas mulleres NON DENUNCIAN:
1. Psicosociais porque a sociedade cualificou o amor romántico como unha meta e esta idea vese en todo e a muller que non o consegue síntese frustrada.
Porque sempre a consideraron un ser dependente e iso marcou a súa personalidade. Por medo á soidade e á desprotección propia e dos fill@s.
2.Económicas. Moitas mulleres dependen economicamente das súas parellas, ben porque elas non traballan, ben porque os seus salarios son tan baixos que non dan para vivir.
3. Descoñecemento das leis ou desconfianza diante da eficacia das mesmas, porque é certo que non podemos esquecer que das 62 mulleres mortas no que vai de ano en España a mans das súas parellas ou exparellas, máis do 25% ti-ñan orden de afastamento e outro 15% denunciara en unha ou varias oca-sións ao seu asasino sen que ninguén tomara medidas.






25 DE NOVEMBRO

Tod@s sabemos o que significa, logo, sen comentarios

17/11/10

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


FERNÁNDEZ PAZ REXEITA O PREMIO DAS LETRAS

Fernández Paz vén de rexeitar o Premio Cultura Galega das Letras logo da serlle outorgado. Acóllese aos motivos de Prolingua para argumentar a súa negativa a aceptar o galargón: Ante a convocatoria da Consellería de Cultura e Turismo dos «Premios da Cultura Galega», manifestamos que nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega.
A carta que mandou Agustín á organización está a esquerda.