Páginas

14/4/10

23 de ABRIL

Este ano, o 23 de Abril vai ser un Día do Libro especial en moitas Bibliotecas Escolares Galegas e vai ser especial porque moitísimos centros escolares galegos van a colgar nas súas portas e paredes ou en paneis fermosos comentarios que deben facer reflexionar aos distintos membros das nosas comunidades educativas sobre os motivos que levan a xente coñecida, ou non, a ler. Imos atopar tantos motivos e como persoas participan nesta iniciativa, que son moitas! Cada unha delas le por algo e para algo, ten unhas vivencias lectoras e quixo compartilas con todos e todas nos. Queremos darlles as grazas pola súa xenerosidade, como queremos darlle tamén as grazas ao Club de Lectura Virtual Implicadas porque del partiu a iniciativa. Elas preguntáronse por que nos gusta ler se a lectura é unha actividade extrana e solitaria e lanzaron a pregunta no seu blog. As respostas non debían superar os 140 caracteres, era a única condición. Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares a iniciativa chegou ás bibliotecas e espallouse como cinza ao vento por toda Galicia. Dúas persoas Loly e Olga (grazas tamén a elas) pensaron que sería fermoso recollela e traballaron arreo primeiro pidindo permiso para publicar as respostas que chegaban ao Club de Implicadas, logo recollendo moitas máis e enmaquetando nuns fantásticos carteis obra de Jaime Eizaguirre Santillán, extraordinario arquitecto, debuxante, ilustrador... que nos agasallou cuns magníficos deseños. (Dende 2007 publica as súas viñetas en Ana + Eiza )
Agora, e unha vez enmaquetadas as respostas, coa axuda de to@s @s implicad@s do centro estamos a imprimir e a preparar unha grande exposición que poderemos ver nos vindeiros días. Ides atopar respostas de persoeiros coñecidos de todos os ámbitos, dende a política (con respostas entre outros do noso alcalde: Miguel Anxo F. Lores) ata deportistas de élite ou cun medalleiro cheo de ouros (Pablo Cimadevila)pasando por xornalistas, actores, escritor@s dos que tedes lido libros ou estades a tempo de lelos .... ata av@s pasando polos inevitables profesor@s e mestr@s porque en 103 centros de Galicia vai estar esta iniciativa implicada. Se aínda non te implicache estás a tempo: Ti para que les? Deixa a túa resposta no blog da biblioteca como comentario a esta entrada.

1 comentario: