Páginas

6/3/10

DÍA DA MULLER




O Día Internacional da Muller non se refíre ás grandes estrelas senón ás mulleres correntes, como artífices da historia. Afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade cos homes. Ao longo da historia houbo moitas manifestacións neste aspecto, así no século III a. C. en Grecia, Lisístrata comezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra entre Esparta e Atenas, máis tarde, no século XVIII, durante a Revolución Francesa, as mulleres de París fixeron marchas ata Versalles para esixir o sufraxio feminino, mais ata finais do XIX non se fará patente a idea de celebrar un día internacional da muller. Esta idea estivo unida a industrialización e a un período de expansión e turbulencias sociais debidas ao espectacular crecemento da poboación e a aparición dos movementos obreiros e das ideoloxías que lle serviron de soporte. Durante moitos anos, nos países máis desenvolvidos as mulleres uníronse para reclamar os seus dereitos como membros activos da sociedade pero ata 1945 non houbo un recoñecemento internacional dos mesmos.
A Carta das Nacións Unidas, firmada en San Francisco en 1945 proclamou que a igualdade dos sexos era un dereito humano fundamental. Dende entón, a Organización contribuíu a crear unha serie de estratexias, normas, programas e obxectivos concertados internacionalmente para mellorar a condición da muller en todo o mundo.
Grazas a Bea polo fermoso cartel que nos ofreceu.

1 comentario: