Páginas

25/1/11

AS PALABRAS DAS GUERRAS

As e os vos@s compañer@s de 1º fixeon unha lista coas palabras que, para eles, reflexan as consecuencias das guerras, sabemos que non están todas, faltan algunhas tan terribles como xenocidio ou exterminio, pero son moi significas, o bastante como para facernos pensar e máis se van, como neste caso, acompañadas de imaxes, desas imaxes que case nunca queremos ver, que fan que pechemos os ollos e miremos a outro lado, que cambiemos de canle a televisión ou busquemos outra cousa no xornal, que rexeitemos determinadas áxinas de internet porque teñen unha información que non queremos, porque pensamos, como dicía Bertolt Brecht:
Primero cogieron a los comunistas,
y yo no dije nada por que yo no era un comunista.
Luego se llevaron a los judíos,
y no dije nada porque yo no era un judío.
Luego vinieron por los obreros,
y no dije nada porque no era ni obrero ni sindicalista.
Luego se metieron con los católicos,
y no dije nada porque yo era protestante
.
Pero o poema non remata aí nin a historia tampouco, Iraq, Palestina, Congo, Costa de Marfil, Colombia, Guatemala están lonxe si, pero... o mundo non é tan grande, dicía hoxe un compañeiro voso.

CONSECUENCIAS DAS GUERRAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario