Páginas

6/2/10

Pasamento de Salinger








O día 27 de xaneiro a morte sorprendeu en New Hampshire a Jerome David Salinger coñecido por ser o autor de "O gardián entre o centeo".

Salinger naceu en 1919, en Nova Yorq da unión dunha irlandesa católica e dun xudeo polaco, emigrantes de éxito nos EE.UU. Estudou tres anos na academia militar Vallery Forge de Pennsylvania e logo pasou por varias universidades, pero nunca foi un gran estudante, aínda que si un gran escritor.

Como marine do exército americano tomou parte no desembarco de Normadía e viviu os horrores da guerra e experiencia bélica marcou decisivamente a súa personalidade e producción literaria.

Escritor dende a mocidade publicou relatos curtos en numerosas revista pero o éxito chegoulle en 1951 coa publicación da novela que citamos anteriormente. Parece que ese éxito asustou a Salinger porque entón deixa Nova Yorq e marca a Cornish (New Hampshire) onde se reclúe no seu mundo privado e no seu interese polo budismo zen.



7 comentarios:

  1. Benvid@s, desde o CEIP de Andrade/Pontedeume desexámosvos unha feliz andadura pola blogosfera.
    Unha aperta.

    http://biblioandrade.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Parabéns polo blog e ánimo. Saúdos desde Biblioafonso e Iniciarte.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns polo blog e esa biblioteca tan chula.
    Longa vida a Biblioiris!!!

    ResponderEliminar
  4. Encantanos o blog do noso instituto!!!

    ResponderEliminar
  5. encantame o voso blog :)

    ResponderEliminar