Páginas

5/2/10

PAZ

Quen mellor que un poeta para poñer palabras a un día, a un desexo, a un sentimento, a... !

PAZ para a pluma e o aire.
PAZ para o papel e o lume.
PAZ para a palabra e a terra.
PAZ para o pan e a auga.
PAZ para o amor e a causa.
PAZ para o pensamento e o camiño.
PAZ para a semente e o átomo.
PAZ para a obra e o home.


Blas de Otero

Queremos comezar con poemas porque, a poesía é a única arma cargada de futuro, como dixo Celaya.
Hai moitos poetas que empregaron a arma dos seus versos para falar de guerras e pedir paces soñadas, non podemos achegar aquí nin sequera unha pinga dese mar de palabras de que escribiron, pero queremos deixar unha mostra modesta traducindo algúns versos de poetas non galegos á NOSA LINGUA.

Para quen padece nas guerras

Neste mesmo instante
hai un home doente,
un home torturado
só por amar a liberdade. Ignoro
onde vive, que lingua
fala, cal é a cor
da súa pel, mesmo
como se chama, mais
neste mesmo instante,
cando os teus ollos len
este poema,
ese home existe, berra,
escóitase o seu pranto
de animal acosado.
........
Un home só
berra, existe
nalgún sitio
Goytisolo

Un neno é unha crisálida dun amor e dun pranto,
é a estrofa primeira dun poema,
é a costa n que comeza una montaña.
E .. a morte dun neno é tan absurda
como a dun mañá que se se volvera sombra.
Se onte esgazaron as carnes da nai,
se un murmurio de brancura lle espertou os seos,
ese sangue, ese leite, esa dor foi
a raíz dos pasos dun home.
Só un leñador tolo corta a árbore
cando o tronco é un gromo inútil.
Só a morte tola ha matar a un neno,
extinguir un amor non nacido
es secar as bágoas que non correron nunca.
Mentres morran os nenos
eu non podo entender a misión da morte.

Miguel Otero (Nenos/as víctimas das guerras)


Tristes guerras
se non é o amor a empresa.
Tristes, tristes.
Tristes armas
se non son as palabras.
Tristes, tristes.
Tristes homes
se non morren de amores.
Tristes, tristes.

Miguel Hernández

Pido a PAZ e a palabra.
Escribo
na defensa do reino e da xustiza. Pido
a PAZ
e dixen a palabra. ...
.............

Blas de Otero

2 comentarios:

  1. Benvidos á blogosfera.
    Todo o mellor para este blog que nace nunhas datas especiais, moi especiais.
    Apertas dende Fene

    ResponderEliminar
  2. Emociname ler no voso blog a poetas tan nomeados, poemas tan fermosos, no meu propio idioma.Grazas!!!!
    xarela

    ResponderEliminar