Páginas

8/6/10

HOMENAXE a Luís Seoane e despedida

O pasado día 1 de xuño tivemos no instituto un día moi activo.
Inauguramos unha exposición de cerámica de Sargadelos que acompañaba a unha mostra, en fotografía a grande tamaño, de cadros de Luís Seoane, instaladas no vestíbulo do centro. Inagurabamos, á vez, a exposición dos traballos d@s alumn@s instalada na biblioteca e a nova decoración das paredes da mesma e das escaleiras, protagonizada tamén pola obra de Luís Seoane e unha mostra de vidreiras elaboradas polo alumnado de Comercio e Marketing coa súa profesora Sitina ao frente.

Despois, pola tarde, o alumnado de 2º de bacharelato, diante das autoridades académicas, do alcalde de Pontevedra, de pais, nais, irmáns, amigos e amigas, dos compañeir@s e dos profes, fixeron unha presentación da vida do pintor e poeta que da nome ao centro, bailaron un tango, un tango arxentino bailado por unha uruguaia e un cubano!, representaron unha escena de Os vellos non deben namorarse, despois de expoñer a opinión de Seoane sobre o teatro. Xeniais os actores, perfecto no papel Iago.

Detrás dos que ían expoñendo unha grande pantalla guíabanos pola vida e a obra do pintor e baixo dela dous paneis que se ían enchendo das cores dos cadros de Seoane que unha parte do alumnado estaba a reproducir.
Como remate da primeira pate do acto, da HOMENAXE, na pantalla Isaac Díaz Pardo, que tan amigo fora do homenaxeado, que inaugurou o noso centro hai vinte anos, dirixíanos un cariñoso saúdo gravado por dous compañeir@s, na súa casa da Coruña, que tod@s escoitamos con emoción.
Para rematar a despedida do alumnado que deixa o centro porque xa cumpriu a súa etapa de formación ao noso lado. Case to@s levaban connosco seis anos,outr@s case acababan de chegar, pero to@s estaban ben afeit@s ao ambente e, porque non dicilo, ás nosas manías. Fátima era das recén chegadas e agradeceu, con fermosas palabras a acollida e comprensión de compañeir@s e profesorado. Arantza, que entrou con 11 anos, falou deles e de nos, con a dozura que a caracteriza, o dire emocionouse e subiu ao escenario para ... desexarlle o mellor a tod@s nesa nova vida universitaria ou laboral que van a emprender. O xefe territorial e o alcalde sumáronse as súas palabras e tiveron loubanzas para eles e para o centro. Como fin do acto entregáronlles as orlas e eles uns agasallos ao centro.
Temos moitos nomes na cabeza porque os coñecemos a tod@s e aínda que non figure aquí a lista completa, no imos esquecelos.
Tod@s sentimos que faltaba alguén que fora a alma do acto e que, por tristes motivos persoais, tivo que ausentarse. Dende este blog queremos darlle as grazas. Grazas María Xosé polo traballo ben feito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario