Páginas

27/7/10

A DAMA E A MORTE

Esta fermosa curta de animación mereceu, pode que polo seu ton, entre xocoso e tráxico, ou pola gran calidade humana que zumega, o Goya 2010 e estivo nominada aos oscars, ademais de ter outros moitos premios. É a tenra historia dunha velliña viúva que se sinte tan soa e bota tanto de menos á súa parella, que se sente leda diante da posibilidade de entragarse nas mans da Morte, pero no medio aparece un "responsable" equipo médico disposto a impedirllo como sexa.

É a primeira curtometraxe de animación en formato 3D estereoscópico feita en España.

O ritmo está marcado pola impecable banda sonora de Sergio de la Fuente, nunha clara homenaxe ás clásicas historias de Tom & Jerry ou Correcamiños e o Coiote.

A dirección é de Javier Recio Gracia é un madrileño-granadino de 28 anos.

A película propón ademais unha reflexión sobre un tema tan delicado como o da morte digna e a necesidade ou non de alongar artificialmente unha vida.


2 comentarios:

  1. Emocionoume moito. Veño de pasar por unha situación traumática relacionada co tema e aquí está tratado con tanta delicadeza...

    ResponderEliminar
  2. Vin o vídeo unha morea de veces e aínda non sei se rir ou chorar. Que habilidade a do autor para presentar un tema tan duro baixo unha forma tan divertida! Moi bo.

    ResponderEliminar