Páginas

LETRAS GALEGAS 2010

Traballamos a Xeografía do Caurel cos poemas de UXÍO NOVONEYRA.

Actividade pensada para o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO
Tempo estimado de traballo de tres a catro sesións
Pode traballarse tanto polo Depatamento de Ciencias Sociais como polo de Ciencias Naturais, Lingua Galega e outros.
Poden utilizar as aulas de Informática e a propia biblioteca ademais dos ordenadores da entrada.

ACHEGÁNDONOS Á XEGRAFÍA DO COUREL:
  1.- Que diferencia hai entre "serra" e "cordilleira"?
  2.- A Que sistema de Serras Galegas pertence a do Courel?
  3.- Que é un "val"? Entre as imaxes atopas algunha na que se vexa un val?
  4.- Que é unha "bouza"?
  5.- Describe o que ves na imaxe nº 10.
  6.- Saberías dicir que ríos nacen na serra do Courel?
  7.- Na Lucenza hai algo especial, que é?
  8.- Busca entre as imaxes unha "pincheira " e di que é
  9.- En que estación do ano comeza a nevar no Courel segundo os poemas de Novoneyra?
10.- A que chamamos "carambelos"? Cantas veces atopas esta palabra nos versos do poeta que tes   aquí?  Significa sempre o mesmo?
11.- Cando comeza a cantar o cuco? Que anuncia? Di algunha características especial deste paxaro.
12.- Como se chaman aquí as flores que apaecen na imaxe nº 12? Que estación do ano simbolizan?
13.- No poema da imaxe nº 25 aparecen os nomes de tres tipos de aves, en que época do ano cantan e por que o poeta as asocia ás "mapoulas"?
14.- Que quere dicir cando fala do "ouro do pan"?
16.- Sabes que son "os mallos"? Se cambiamos o ll por un i na palabra, de que falamos?
17.- Que son as "tollemerendas" e por que as chama así?
18.- Mira con atención a imaxe 33, se o poeta non fixera alusión á estación do ano da que se trata, saberías dicir cal é? Di por que.
19.- Que son os "bullós"?
20.- Que é unha "fraga"? e un souto? Atopas algún exemplo entre as imaxes?
21.- Atendendo aos poemas de Novoneyra, cal cres que é, climatoloxicamente, a estación do ano más longa no Courel? Por que?
22.- De que vive esencialmente a xente do Courel?
23.- Que cereais se cultivan nas terras do Courel?
24.- Na imaxe nº 63 hai dúas construccións típicas do Courel: un muiño e un sequeiro, as dúas son moi abondantes na zona. Saberías dicir por que..
25.- Entra as imaxes e os poemas hai alusións a "castros". Saberías dicir que é un castro?
26.- Na imaxe nº 59 podes ver un tunel excavado na rocha, eé o tunel de Romeor, que daba acceso á Mina da Toca. Que pobo invasor explotou esta mina e que  extraía dela?
27.- A imaxe nº 60 presenta o castelo de Carbedo, da rocha, como o seu nome indica, nel di a lenda que vivíu Ildara de Romeor ou do Courel. Quen foi esa misterosa muller? Busca información sobre ela e cóntaa coas túas palabras.
28.- Nos poemas de Uxío Novoneyra aparecen moitos topónimos. Fai unha lista con eles e suliña aqueles que fagan alusión á natureza dos lugares aos que dan nome, así Freixeiro sería o lugar onde abondan os freixos, etc.


Para axudarte no te traballo tes información na biblioteca e podes consultar páxinas de internet como:
http://www.rios-galegos.com/
http://www.serradocourel.es/
http://www.xanmuras.es/
http://www.centrogalegovitoria.es/
e outras moitas.

Os traballos serán avaliados polo profesor/a que realice a actividade na clase e aqueles que se consideren máis traballados e serios terán un premio sorpresa.