Páginas

28/2/10

NOVOA SINGLADURA

A pasada semana rendiron viaxe de volta as Mochilas Viaxeiras despois dunha travesia con mar en calma. Trouxeron con elas os cadernos de viaxe dos participantes en tal singular cruceiro. Por eles soubemos que algún pequeno navegante botou en falta no menú barco "algo de poesía", que a viaxe foi moi breve e que non houbo tempo de atoparse con capitáns de quince anos, nin con Nemos, támen que as estrelas de papel fixeron perder horas de sono a algunha viaxeira, que na sala de proxección faltaba cine de acción e que había películas moi tristes, que nas adegas a carga era bastante lixeira e que houbo quen pasou a viaxe pensando que era moi afortunada por ter a oportunidade de ler tantas cousas e desexando que todos os nenos do mundo teñan sempre a oportunidade de ler contos e historias para disfrutar e aprender. Fermoso pensamento, Andrea! Algúns/has contan como compartiron mentras hai quen apuntou que gardou todo para si mesmo porque lle gusta a intimidade cos libros.
Tras un breve descanso nas areas da praia de IRIS, con nova tripulación e cargada segundo as indicacións dos primeiros exploradores, a nosa barca volveu á mar para unha nova singladura.

1 comentario:

  1. Precisamente hoxe estiven intentando completar o proceso de xestación dunha mochila máis no Val do Tea: a mochila clásica. E aínda que é temática da miña asignatura ás veces costa tanto seleccionar. O mesmo que me pasou con Alejandra Pizarnik e Frida Kahlo nas entradas do blog: que cando hai tanto e é tan grande a paixón persoal costa tantísimo seleccionar...Saúdos de "fisgona" que se cola no voso blog e de agradecemento.

    ResponderEliminar