Páginas

7/5/10

CON XESÚS CONSTELA

Seguindo con libros, o xoves 29 de abril estivo na nosa biblioteca Xesús Constela. Xesús é ferrolán, ensinante e escritor como Torente Ballester e Carballo Calero cuxos centenarios estamos a celebrar. Xesús é un narrador próximo e un orador máis próximo aínda, é quen de manter a atención de 50 alumn@s durante máis de dúas horas e de conseguir que non miren o reloxo, qu4e queden prendidos das súas palabras. Falounos de como descubriu que lle gustaba "escribir" e de como feitos sinxelos e cotías podían dar orixe a un relato. Soubemos da xénese das súas obras publicadas e tivemos un anticipo do que vai ser a que aínda está a escribir e pasámolo moi ben escoitando as súas palabras tan sinxelas coma el mesmo.
Grazas Xesús polo bo rato que pasamos e todo o que aprendemos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario