Páginas

4/5/10

DÍA DO LIBRO

23 de abril.
9:00 horas. Na porta recibe a tod@s un gran cartel que anuncia a celebración, está posto xunto ao de Jaime que moitas bibliotecas escolares galegas tamén utilizaron. Dentro soa Milladoiro e na entrada está visible xa parte da exposición "colectiva". Mírese onde se mire vaise atopar algún panel con respostas a: Para que les? A verdade é que non foi doado atopar unha fórmula, porque non queriamos utilizar o típico formato de exposición xa que sabemos que a boa parte do alumnado pasa sen se deter, queriamos que tiveran que ver e ler mesmo aquel@s que nunca fan, logo había que ocupar todos os espazos polos que circulan, nos que se paran a platicar, a xogar, a ... . A porta da cafetería, a do pabellón, xunto aos bancos, fronte aos ollos d@s que se achegan aos ordenadores, na entrada do salón de actos, xunto a todas as escaleiras .... colocamos paneis. Ao longo das escaleiras, nos corredores, nos taboleiros das aulas e, como non, na porta da biblioteca e dentro da mesma había carteis e respostas en tamaño grande para que se viran ben.
10:00 horas. Para a música e a voz de Iván enche todos os recunchos do centro. Está lendo El camino de Delibes, era a nosa pequena homenaxe ao gran don Miguel recentemente desaparecido. Despois van seguir as de Lara, Miriam e Beatriz e todas as voces do alumnado de 4º de ESO, e máis tarde as do alumnado de terceiro D, sen unha pausa, nin sequera á hora do "recreo".
12:00. Mentras entra nas aulas o resto do alumnado, os nosos lectores máis implicados anuncian que se vai cambiar de lectura porque tamén hai que homenaxear a unha gran obra da literatura galega que leva medio século "circulando polas mans dos que aman a lectura -dixo Bea con voz potente- agora imos ler: A esmorga". Desta vez foi o alumnado de bacharelato quen puxo voz aos personaxes de Blanco Amor, unha voz soou ata que o último dos seus compañeiros deixou atrás as portas do recinto escolar, bastante despois das 14:30, sen unha pausa e dentro dun inusitado silenzo.
Mentras lian os seus compañeir@s e o profesorado achegábanse á Biblioteca con curiosidade, especialmente aqueles que eran novos e non sabían ven de onde saía a voz, pero tamén se achegaban os que querían ver que había exposto nos taboleiros e nos expositores. Nos primeiros respostas dalgúns dos seus compañeiros e compañeiras preparadas e penduradas por eles mesmos con moito coidado; nos expositores libros de: Torrente Ballester, de Carballo Calero e de Miguel Hernández dos que se está a celebrar o centenario, de Delibes e de Novoneyra. Foron moitos os visitantes que volveron ao día seguinte para levar algún dos libros expostos porque querían coñecer aos autores, para case todos descoñecidos.
Leu todo o alumnado dos cursos que pasaron pola biblioteca e leu sen ter preparado nada, algúns con dificultadas idiomáticas, porque había alumn@s non galeg@s, pero tod@s con entusiasmo, entregados e sintindo o respecto dos seus compañeiros.
Leu, en realidade todo o Centro, porque Luisa repartiu, sen esquecer a ninguén, como fermoso agasalllo polo contido pero tamén pola presentación que temos que agradecer a Pilar, a nosa conserxe, un poema de amor de Miguel Hernández:


Tus cartas son un vino
que me trastorna y son
el único alimento para mi corazón.

Desde que estoy ausente
no sé sino soñar,
igual que el mar tu cuerpo,
amargo igual que el mar.

Tus cartas apaciento
metido en un rincón
y por redil y hierba
les doy mi corazón.

Aunque bajo la tierra
mi amante cuerpo esté,
escríbeme, paloma,
que yo te escribiré.
Cuando me falte sangre
con zumo de clavel,
y encima de mis huesos
de amor cuando papel.

Cando ao día seguinte entrou o alumnado no centro e escoito a mesma música deu as grazas da maneira máis fermosa das que se poden dar, comentando: que ben, hoxe tamén vai haber lectura! e algúns pais/nais que estuveron no centro reforzaron a autoestima de lectores/as e organizadores/as dicindo que era moi fermoso ver como o alumnado escoitaba con atención e comentaba logo, na casa o ben que lian os seus compañeir@s e o intensas que foran as lecturas.
Así foi o noso DÍA do LIBRO, sinxelo, íntimo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario