Páginas

3/8/10

DIME QUIEN SOY

Dime quien soy é a última novela de Julia Navarro, moi esperada polos seguidores desta xornalista "reconvertida" en novelista e moi demandada polos "amantes" de supervendas ao estilo norteamericano. Deixamos aquí a nosa opinión para que estea interado.
Para min é un libro de verán. Longo, entretido, de fácil lectura e que nalgunhas fases engancha. A súa extensión paréceme excesiva, 1100 páxinas para unha historia previsible que nalgúns momentos tiven a tentación de deixar, pero pasada a metade teño que recoñecer que mellora aínda que non chega a impactar seguramente porque está na liña dos supervendas norteamericanos, o que non me vai moito. A realidade que describe resulta superficial, de folletín nalgúns casos, xustificable sempre baseándose en que "o pasado non ten volta atrás". Ninguén é responsable de nada, todo depende das circunstancias. Bótanse de menos descricións cribles dos momentos históricos complexos que lle tocou vivir á protagonista, unha muller de longa e complicada vida que arranca dende a inmediata preguerra civil española e transcorre pola Rusia staliniana, a guerra mundial, a guerra fría, a caída do muro de Berlín e a volta a España no 1989. Resulta pouco crible que unha muller filla de republicanos, militante do partido comunista francés, amante dun espía de Rusia de Stalin, espía inglesa na Alemaña nazi, colaboradora da resistencia polaca, protectora de xudeos, amiga dos antifascista, amante dun militar nazi sospeitoso de antihitleriano, asasina dun oficial das SS, autora dun atentado contra un convoy nazi, varias veces presa, e un longo etc. poida moverse con tanta facilidade por toda Europa. Certo que @s espías podían chegar a ser persoas moi escorredizas pero neste caso hai demasiados "azares" a favor de Amelia Garayoa. Sempre hai un namorado ou un amante que chega a tempo de salvala.
A novela pasa por enriba de atrocidades e de feitos terribles con toques de variña máxica, os totalitarismos son malos, as nacións poderosas aprovéitanse dos incaut@s, etc. pero non afonda en nada, non se compromete.
Persoalmente penso que é un libro que entretén e pouco máis.



No hay comentarios:

Publicar un comentario