Páginas

16/5/11

LETRAS GALEGAS 2011

Diante do perigro que está a espreitar á nosa Lingua, precisamente no Día das Letras Galegas, ese que non debería existir porque todos os días debían ser do galego e en galego, un grupo moi numeroso de Bibliotecas Escolares de Galicia decidiron xuntar para SALVAR aqueles libros escritos en galego e por galegos que desexan gardar na aldea dos homes e mulleres-libro. O resultado recollémolo nos documentos que seguen.

Queremos dar as grazas a cantos contibuíron a este "salvamento", a todas as bibliotecas e persoeiros e en especial, ao deseñador dos cartaces, a Jaime Eizaguirre Santillán, que colaborou desinteresadamente dándonos unha parte do seu tempo. Se queredes saber cousas do noso deseñador só tedes que ir aos enlaces.

SALVADOS en PRIMARIA


SALVADOS en INFANTIL


SALVADOS por PERSOEIROS E SECUNDARIA

3 comentarios:

  1. Este salvoo eu

    "Longa noite de pedra"
    Celso Emilio Ferreeiro.

    ¿Por qué?

    Porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña...

    E memorizo:

    O REINO

    No tempo aquil
    cando os animales falaban,
    decir libertá non era triste,
    decir verdá era coma un río,
    decir amor,
    decir amigo,
    era igoal que nomear a primavera.
    Ninguén sabía dos aldraxes.
    Cando os animales falaban
    os homes cantaban nos solpores
    pombas de luz e xílgaros de soños.
    Decir teu e meu non se entendía,
    decir espada estaba prohibido,
    decir prisión somente era unha verba
    sin senso, un aire que mancaba
    o corazón da xente.

    ¿Cando,
    cando se perdeu
    iste gran Reino?


    Saúdos dende Loranca.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns a ti Dolores por espallar esta femosa idea e facela posible.
    Apertas lectoras dende Fene

    ResponderEliminar
  3. Un traballo feito con esmero e dedicación leva a resultados que saltan á vista.
    Grazas, María Dolores por pilotar esta iniciativa e agasallarnos o teu tempo e o teu bo facer.

    ResponderEliminar