Hai anos que acudo a centros de ensino de Galicia a compartir reflexións cos rapaces e –cómpre dicilo– a aprender deles. Moitas veces falamos de prexuízos, e entre outros xorde con frecuencia un moi común: a percepción do galego como unha lingua bruta, que soa mal.
Para guiar a reflexión propóñolles que fagamos unha clasificación dos idiomas en función de se os perciben como linguas que soan ben ou mal. Os resultados soen ser bastante previsibles: castelán, francés, inglés e italiano adoitan ser idiomas sobre os que todos coinciden na súa agradable sonoridade. Cando se trata de escoller aqueles que soan mal, hai sempre acordo arredor dun: o alemán. E a miúdo tamén sobre outros que soen resultar afastados ou exóticos: o árabe, o ruso, o xaponés... Non é agora o momento de lle dar voltas a este asunto que precisa de máis espazo para ser tratado con profundidade. Só quero chamar a atención sobre un feito que cada vez ocorre máis a miúdo: dun tempo a esta parte, e falo de non hai máis de dous ou tres anos, a espontánea e valiosa opinión dos rapaces comezou a engadir dúas linguas máis á nómina dos idiomas malsoantes, dúas linguas que anteriormente, durante anos, non xurdiron xamais, pero que agora agroman con insistente frecuencia: o éuscaro e o catalán.
Esta percepción non deixa de ser un síntoma claro da involución que en materia de tolerancia lingüística está a vivir a nosa sociedade, sinal dun alarmante retroceso nos avances acadados de cara á convivencia das linguas e froito do éxito de determinadas políticas reaccionarias. Trátase dun feito que cada día se fai máis patente e que precisará dun esforzo titánico para ser contrarrestado... no caso de que aínda sexa posible facelo.

Non foi só Núñez Singala que falo do Galego estes días, tamén o fixo outro Manuel, Manuel Rivas no País, nun fermoso artigo que podedes ler non enlace baixo o seu nome, que ten moita miga, por aquilo de que "A Santa Compaña salvará o Galego"
No hay comentarios:
Publicar un comentario