Páginas

22/12/10

"O amor pola lectura é algo que se aprende pero non se ensina. Da mesma forma que ninguén pode obrigarnos a namorarnos, ninguén pode obrigarnos a amar un libro. Son cousas que ocorren por razóns misteriosas, pero do que si estou convencido é que a cada un de nós hai un libro que nos espera. Nalgún lugar da biblioteca hai unha páxina que foi escrita para nós"
Dixo Alberto Menguel e ten moita razón, non se ensina a amar a lectura pero pódese tentar axudar e iso é o que buscan as Mochilas Viaxeiras que este Nadal andan a navegar por moitos e procelosos mares. Esperamos que á volta traian nos cadernos de bitácora novas Cidades de palabras ou mansaxes tan cheas de alento como as dunha nai que falaba do que disfrutan na casa coa lectura, de como inteercambian títulos e experiencias, ou como as de un pai que que comentou a difícil singladura de ter que explicar o vocabulario, pero que disfrutou manexando o timón, ou da nena que tivo que pedir ao seu avó que lle falara de historia e do ben que o pasou porque o escoitou a neta e leeron xuntos. Diante de viaxes tan fermosas non importan os silenzos.
Nós, como Menguel, queremos que o noso alumnado se convirta en subversivo! porque esa é a única salvación nesta sociedade e "nosa soa esperanza está en volver insistir en que somos criaturas intelixentes. Non é só dicirlle aos mozos que sexan lectores, senón recordarlles que son intelixentes" .
Que o faro da FIN DO MUNDO guie a os nosos barcos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario